O de Prender/Desprender convénceme máis.

On 20/10/14 12:00, Antón Méixome wrote:
> ok, hai resistencia a espichar polos seus valores coloquiais
> 
> Fixar pareceríame ben se tivese un antónimo sinxelo que non fose un
> rodeo. Ten que ser unha parella de palabras únicas. Nalgunhas ocasión
> pode non importar pero noutras necesitas concisión total.
> 
> Penso que temos unha ocasión para encontrarlle un bo uso a
> 
> apegar/desapegar... aínda que ten un matiz de "con pegamento" que non
> é acaído para os nosos casos
> 
> ou incluso mellor
> 
> prender/desprender (ceibar)
> 
> Nos seus valores está moi preto de "fixar":
> 
>  fixar un cartel
>  apegar un cartel
>  prender un cartel
> 
> http://portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=prender&sinom=0&homonimo=
> 
> A única razón pola que non me gusta "fixar" directamente é que é
> demasiado xenérica, utilízase para moitos sentidos distintos e aínda
> peor, tende a ser un falso amigo de "to fix" que se produce neste
> ámbito.
> 
> 
> 
> O 20 outubro 2014 10:15, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
> escribiu:
>> O 20 outubro 2014 09:54, Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com> escribiu:
>>> A min  o de espichar, espetar sóame máis a causar lesións. Paréceme que
>>> a actual tradución do Firefox é boa: Pin > Fixar  /   Unpin > Eliminar o
>>> que se fixou p.e: Eliminar a lapela fixa.
>>
>> Eu tamén vexo mellor "fixar". "cravar" ou "espetar" tamén me parecen
>> válidos, pero quizais "fixar" sexa mellor.
>>
>> "espichar" non o vexo, para min é sinónimo de "morrer" ou o choio ese do 
>> bocoi.
>>
>>
>> Deica
>>
>>> Saúdos
>>>
>>>
>>> On 19/10/14 11:50, Antón Méixome wrote:
>>>> O 07 xaneiro 2013 10:09, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> escribiu:
>>>>> Só unha idea...
>>>>> pin unpin, teño para min que a cousa é "fixar" algo como se fose nun
>>>>> taboleiro (ou corcheira) cousas como fixar/retirar e ancorar7desancorar xa
>>>>> se aplican a moitros outros casos, así que propoño buscar no vocabulario e
>>>>> vemos:
>>>>>
>>>>> chantar
>>>>> cravar
>>>>> espichar
>>>>> espetar
>>>>> fincar
>>>>> afincar
>>>>> ...
>>>>>
>>>>>
>>>>> 2013/1/7 damufo <dam...@gmail.com>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> En 06/01/2013 17:35, Leandro Regueiro escribiu:
>>>>>>
>>>>>>> 2013/1/6 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
>>>>>>>>
>>>>>>>> Ola.
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>> Ola. Reenvío á rolda de Trasno para que quede constancia.
>>>>>>>
>>>>>>>> Agora que teño tempo de novo estiven a actualizar as traducións de
>>>>>>>> Mozilla. Hai moito que facer aínda, pero bueno, a ver se atopamos un
>>>>>>>> voluntario que queira coller o relevo e pór orde na comunidade, xa que
>>>>>>>> eu non o conseguín, non tiven tempo. Pero entre tanto, hai que avanzar
>>>>>>>> na tradución.
>>>>>>>>
>>>>>>>> No firefox, tanto para a versión de escritorio como de móbiles, están
>>>>>>>> usando o seguinte:
>>>>>>>>
>>>>>>>> Use Pinning terminology for customizing about:home.
>>>>>>>>
>>>>>>>> Pin this site at its current position - Fixar este sitio na posición
>>>>>>>> actual
>>>>>>>> Unpin this site - Quitar este sitio
>>>>>>>> Pin Site - Fixar sitio
>>>>>>>> Unpin site - Quitar sitio
>>>>>>>> Pin Tab  - Fixar lapela
>>>>>>>> Unpin Tab - Eliminar lapela fixa
>>>>>>>> Unpin All - Quitar todo
>>>>>>>> Pinned - Anclados
>>>>>>
>>>>>> Anclados penso que tería que ser:
>>>>>> ancorados (en galego é áncora)
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>> Eu empregaría:
>>>>>>>
>>>>>>> pin: fixar
>>>>>>> unpin: retirar
>>>>>>> pinned: fixado/a
>>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> Tamén se pode seguir co símil de áncora:
>>>>>> pin: ancorar
>>>>>> unpin: desancorar
>>>>>> pinned: ancorado
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>>> Eu traducín polo que vedes. Non teño moi claro o contexto, pero penso
>>>>>>>> que debe ser unha páxina na que podes fixar os marcadores ou sitios
>>>>>>>> favoritos e acceder á mesma para ir as esas páxinas ou sitios de forma
>>>>>>>> fácil e visual. Na páxina que aparece a primeira cadea, a icona que
>>>>>>>> ves ten como unha chincheta, e no tooltip sae o texto Pin this site at
>>>>>>>> its current position.
>>>>>>>>
>>>>>>>> A ver que suxerides para unificar a terminoloxía en todas as cadeas.
>>>>>>>
>>>>
>>>>
>>>> Concordo con que non debemos volver utilizar o de ancorar. Optei por isto:
>>>>
>>>> pinned to your home screen
>>>>
>>>> espichado na súa pantalla principal
>>>>
>>>> Tendo en conta que, segundo a RAG
>>>>
>>>> Espichar
>>>> Introducir [algo afiado ou rematado en punta] nunha cousa facendo
>>>> presión Espichei un cravo nun pé
>>>>
>>>> Co cal sería: espichar, despichar, espichado (sinónimo: espetar). A
>>>> RAG penso que se inclina máis por "cravar" ou "suxeitar" pero cando
>>>> penso nun "pin" destes da lapela non vexo o de cravar porque se
>>>> suxeitan con imperdibles.
>>>>
>>>>>>>
>>>>>>> Deica
>>>>>>> _______________________________________________
>>>>>>> Proxecto mailing list
>>>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>>>>
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> Proxecto mailing list
>>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>> --
>>>>> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
>>>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>>>>> http://galpon.org
>>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>>>>
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a