Ola,

 

Estes días que tododiós anda a falar do “double-check” do guasap, sabedes se
hai algunha proposta de denominación para o galego minimamente difundida?
Estiven buscando nas localizacións de Telegram, pero non atopei nada (se
cadra busquei mal...)

 

Para o castelán recomendan “tic” ou “marca”
(http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/) e
o portugués oscila entre o “duplo check” de Portugal e o “tique duplo” do
Brasil.

 

Graciñas

 

Xusto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a