Ola, Parece que desde o punto de vista estritamente lingüístico, "verificación" sería a mellor opción.
Pero dubido moito que acabe por chamarse así. Por unha parte están os problemas de espazo físico para a localización que apuntou Enrique noutra mensaxe. E pola outra, desde o punto de vista da implantación creo que é unha forma totalmente inviable: ten en conta que "verificación" (5 sílabas) tería que competir (é un dicir) con monosílabos como "check" ou "tic", ou bisílabos como "marca", formas que ademais os usuarios van escoitar e ver ducias e ducias de veces. É un dilema rabudo: habería que lanzar e divulgar axiña unha alternativa ao "doble check", se queremos que esta teña algunha posibilidade de callar, pero se o que se divulgue non é competitivo en termos pragmáticos, tanto ten moverse como quedarse parados. Chegados aquí, como veriades empregar "visto" como nome do símbolo? Ben sei os inconvenientes que alegan en castelán*, pero son pexas que tamén se lle poden aplicar a "verificación"; e con respecto a esta ten algunhas vantaxes: - intuitivo e coñecido para os usuarios - menor tamaño - denominación tamén portuguesa (http://www.priberam.pt/DLPO/visto) para ese concepto Se non, témome que o mellor que podemos facer é aceptar "duplo tic" (polo menos harmonizar co portugués). Xusto --------- *La forma visto, con la que también se denomina en ocasiones a este signo en otros contextos, puede en este caso concreto conducir a error, ya que en el citado sistema de mensajería no necesariamente implica que el contenido haya sido visto. En http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/ De: Antón Méixome [mailto:[email protected]] Enviado: venres, 14 de novembro de 2014 13:51 Para: Trasno - Lista Asunto: Re: Check e double-check @Xusto Este símbolo xa foi tratado nesta lista no ano 2012 e precisamente xa interviñeches ti ✓ ☑ Temos falado de «marca», «comprobación» pero o máis frecuente segue a ser "verificación" O do castelán de propoñer «tic» non é nin máis nin menos ca un anglicismo, xa que é así como se lle chama en inglés británico: tick (check americano). Foi ese o resultado da enquisa que fixo a Fundeu onte? O problema é que marca é demasiado xenérico, hai ducias de marcas e marcados. Normalmente tradúcese ☑ como caixa de verificación aínda que non hai realmente unanimidade. No caso de Twitter ademais ten en conta que é tradución con votación pola xente - caixa de verificación - caixa de comprobación - caixa de selección - caixiña - caixa de opción - caixa de habilitación pero o tema segue a ser como chamarlle ao trazo ✓ O máis probable é que acabe por chamarse dupla verificación. É horrorosa, si. Eu prefiriría "validación" facendo un pouco o xogo do signo coa letra "v" e aproveitando que non choca con nada xa que adoitamos traducir "valid" como "correcto". Ou polo menos algo como "confirmación", "aprobación" ou "comprobación". Exemplos tirados da tradución activa en Twitter: Please double-check and try again. Por favor, cómprobao de novo e téntao outra vez. Heavy check mark Marca de verificación grande White heavy check mark Marca de comprobación grande e branca (Exemplo prototípico de incoherencia, estes dous últimos) We could not verify your credentials. Please double-check and try again. Non nos foi posible verificar as túas credenciais. Por favor, revísaas outra vez e téntao de novo. Please check the email address provided. Por favor, verifica o teu enderezo de correo electrónico. Please review this page and click each checkbox to confirm. Examina esta páxina e marca cada cadro de verificación para corfirmar. Ballot box with check Test riscado (esta última está claro que ser refire á cruz, x ballot, e non ao trazo) Mirarei a ver se atopo exemplos na tradución de WhatsApp O 14 novembro 2014 12:48, Leandro Regueiro <[email protected]> escribiu: O 14 novembro 2014 09:38, Xusto Rodriguez Rio <[email protected]> escribiu: > Ola, > > > > Estes días que tododiós anda a falar do “double-check” do guasap, sabedes se > hai algunha proposta de denominación para o galego minimamente difundida? > Estiven buscando nas localizacións de Telegram, pero non atopei nada (se > cadra busquei mal...) > > > > Para o castelán recomendan “tic” ou “marca” > (http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/) e > o portugués oscila entre o “duplo check” de Portugal e o “tique duplo” do > Brasil. Sen ter idea de que vai iso do "double-check" eu diría quizais "dobre comprobación". Só por asegurarnos, estamos a falar de https://www.whatsapp.com/faq/en/general/20951546 ? Deica > Graciñas > > > > Xusto > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

