@Xusto
Este símbolo xa foi tratado nesta lista no ano 2012 e precisamente xa
interviñeches ti
✓
☑
Temos falado de «marca», «comprobación» pero o máis frecuente segue a ser
"verificación"
O do castelán de propoñer «tic» non é nin máis nin menos ca un anglicismo,
xa que é así como se lle chama en inglés británico: tick (check americano).
Foi ese o resultado da enquisa que fixo a Fundeu onte?
O problema é que marca é demasiado xenérico, hai ducias de marcas e
marcados.
Normalmente tradúcese ☑ como caixa de verificación aínda que non hai
realmente unanimidade. No caso de Twitter ademais ten en conta que é
tradución con votación pola xente
- caixa de verificación
- caixa de comprobación
- caixa de selección
- caixiña
- caixa de opción
- caixa de habilitación
pero o tema segue a ser como chamarlle ao trazo ✓
O máis probable é que acabe por chamarse dupla verificación. É horrorosa,
si. Eu prefiriría "validación" facendo un pouco o xogo do signo coa letra
"v" e aproveitando que non choca con nada xa que adoitamos traducir "valid"
como "correcto". Ou polo menos algo como "confirmación", "aprobación" ou
"comprobación".
Exemplos tirados da tradución activa en Twitter:
Please double-check and try again.
Por favor, cómprobao de novo e téntao outra vez.
Heavy check mark
Marca de verificación grande
White heavy check mark
Marca de comprobación grande e branca
(Exemplo prototípico de incoherencia, estes dous
últimos)
We could not verify your credentials. Please double-check and try again.
Non nos foi posible verificar as túas credenciais. Por favor, revísaas
outra vez e téntao de novo.
Please check the email address provided.
Por favor, verifica o teu enderezo de correo electrónico.
Please review this page and click each checkbox to confirm.
Examina esta páxina e marca cada cadro de verificación para corfirmar.
Ballot box with check
Test riscado
(esta última está claro que ser refire á cruz, x
ballot, e non ao trazo)
Mirarei a ver se atopo exemplos na tradución de WhatsApp
O 14 novembro 2014 12:48, Leandro Regueiro <[email protected]>
escribiu:
> O 14 novembro 2014 09:38, Xusto Rodriguez Rio <[email protected]>
> escribiu:
> > Ola,
> >
> >
> >
> > Estes días que tododiós anda a falar do “double-check” do guasap,
> sabedes se
> > hai algunha proposta de denominación para o galego minimamente difundida?
> > Estiven buscando nas localizacións de Telegram, pero non atopei nada (se
> > cadra busquei mal...)
> >
> >
> >
> > Para o castelán recomendan “tic” ou “marca”
> > (
> http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/)
> e
> > o portugués oscila entre o “duplo check” de Portugal e o “tique duplo” do
> > Brasil.
>
> Sen ter idea de que vai iso do "double-check" eu diría quizais "dobre
> comprobación".
>
> Só por asegurarnos, estamos a falar de
> https://www.whatsapp.com/faq/en/general/20951546 ?
>
>
> Deica
>
> > Graciñas
> >
> >
> >
> > Xusto
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > [email protected]
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> [email protected]
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto