Ola a todos:

Este é un debate moi interesante, abofé. Todos estades dicindo cousas moi
sensatas, pero por dar un pouco o contrapunto aquí vai a miña visión.

Creo que hai dúas cuestións: por un lado, a tradución dos tres estados do
WhatsApp e, por outro, a tradución do símbolo.

A proposa de Antón paréceme boa:

xustificante/aviso de envío ou enviado
xustificante/aviso de entrega/recepción ou entregado/recibido
xustificante/aviso de lectura ou lido

(Eu entendo máis que os tres estados son envío → entrega/recepción →
lectura e non envío → entrega → lectura/recepción, porque se foi entregado
foi tamén recibido, aínda que non se lese).

Por outro lado, a tradución de "check box" en si eu creo que está bastante
estabelecida como "caixa de verificación", polo menos nos produtos mais
estendidos (de Microsoft, no OpenOffice, nos produtos de Mozilla, etc.).
Esa é a tradución que uso eu sempre e a que vexo sempre tamén.

Pero pero outro lado non sei se se estará confundido "check box" con "check
mark". A caixa de verificación é a caixa onde se coloca a marca. A marca de
verificación é o "tic" ou marca que o verificador fai na caixa. Pensade
nun/ha inspector/a ou un/ha auditor/a que vai comprobando que unha serie de
ítems presenten conformidade cun padrón. Ok? Pon a marquiña. Creo que esa
sería a orixe do termo. E a "check mark" pásalle un pouco igual, a súa
tradución está ben implantada como "marca de verificación" en localizacións
tanto comerciais como de FOSS.

Por iso cando Xusto di "dubido moito que acabe por chamarse así [é dicir,
verificación]." eu penso "é que xa se chama así!". Por resumir, creo que os
termos "caixa de verificación" e "marca de verificación" están ben
implantados en galego (talvez máis o primeiro).

Supoñendo que así non fose, a proposta de Xusto (visto) parece boa *a
priori *pola brevidade e a asociación visual co "v" e a relación co "visto
e prace" (que ás veces tamén ten una expresión gráfica en forma de "V"),
pero a min paréceme que ten un problema para o caso do WhatsApp, se entendo
ben a proposta: é ambiguo como tradución de "check" en "check mark" porque
"visto" equivale a "lido", é dicir, o terceiro estado do WhatsApp.

Tamén é certo que "marca" non é moi preciso porque marcas hai moitas, pero
iso tamén é así en inglés, e chámanlle "mark" e non pasa nada. Non sei se
rizamos o rizo demasiado :)

Outra opción adaptando a opción latinoamericana: que tal gaivotiña?
Brincadeiraaaa :)

Por certo, vexo que en portugués tamén se usa por aí "dupla verificação
azul" ou "marca azul dupla".

En fin, sinto terme estendido tanto. Espero que a miña visión contribúa
algo á discusión.

Saúdos, Manuel
about.me/msoutopico



2014-11-17 9:13 GMT+01:00 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>:

> Ola,
>
> Parece que desde o punto de vista estritamente lingüístico, "verificación"
> sería a mellor opción.
>
> Pero dubido moito que acabe por chamarse así. Por unha parte están os
> problemas de espazo físico para a localización que apuntou Enrique noutra
> mensaxe. E pola outra, desde o punto de vista da implantación creo que é
> unha forma totalmente inviable: ten en conta que "verificación" (5 sílabas)
> tería que competir (é un dicir) con monosílabos como "check" ou "tic", ou
> bisílabos como "marca", formas que ademais os usuarios van escoitar e ver
> ducias e ducias de veces.
>
> É un dilema rabudo: habería que lanzar e divulgar axiña unha alternativa
> ao "doble check", se queremos que esta teña algunha posibilidade de callar,
> pero se o que se divulgue non é competitivo en termos pragmáticos, tanto
> ten moverse como quedarse parados.
>
> Chegados aquí, como veriades empregar "visto" como nome do símbolo?
> Ben sei os inconvenientes que alegan en castelán*, pero son pexas que
> tamén se lle poden aplicar a "verificación"; e con respecto a esta ten
> algunhas vantaxes:
> - intuitivo e coñecido para os usuarios
> - menor tamaño
> - denominación tamén portuguesa (http://www.priberam.pt/DLPO/visto) para
> ese concepto
>
> Se non, témome que o mellor que podemos facer é aceptar "duplo tic" (polo
> menos harmonizar co portugués).
>
> Xusto
> ---------
> *La forma visto, con la que también se denomina en ocasiones a este signo
> en otros contextos, puede en este caso concreto conducir a error, ya que en
> el citado sistema de mensajería no necesariamente implica que el contenido
> haya sido visto.
> En
> http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/
>
>
> De: Antón Méixome [mailto:cert...@certima.net]
> Enviado: venres, 14 de novembro de 2014 13:51
> Para: Trasno - Lista
> Asunto: Re: Check e double-check
>
> @Xusto
> Este símbolo xa foi tratado nesta lista no ano 2012 e precisamente xa
> interviñeches ti
>
> ✓
> ☑
>
> Temos falado de «marca», «comprobación» pero o máis frecuente segue a ser
> "verificación"
> O do castelán de propoñer «tic» non é nin máis nin menos ca un anglicismo,
> xa que é así como se lle chama en inglés británico: tick (check americano).
> Foi ese o resultado da enquisa que fixo a Fundeu onte?
>
> O problema é que marca é demasiado xenérico, hai ducias de marcas e
> marcados.
> Normalmente tradúcese ☑ como caixa de verificación aínda que non hai
> realmente unanimidade. No caso de Twitter ademais ten en conta que é
> tradución con votación pola xente
> - caixa de verificación
> - caixa de comprobación
> - caixa de selección
> - caixiña
> - caixa de opción
> - caixa de habilitación
>
>
> pero o tema segue a ser como chamarlle ao trazo ✓
> O máis probable é que acabe por chamarse dupla verificación. É horrorosa,
> si. Eu prefiriría "validación" facendo un pouco o xogo do signo coa letra
> "v" e aproveitando que non choca con nada xa que adoitamos traducir "valid"
> como "correcto". Ou polo menos algo como "confirmación", "aprobación" ou
> "comprobación".
> Exemplos tirados da tradución activa en Twitter:
>
> Please double-check and try again.
> Por favor, cómprobao de novo e téntao outra vez.
>
> Heavy check mark
> Marca de verificación grande
>
> White heavy check mark
> Marca de comprobación grande e branca
>                          (Exemplo prototípico de incoherencia, estes dous
> últimos)
>
> We could not verify your credentials. Please double-check and try again.
> Non nos foi posible verificar as túas credenciais. Por favor, revísaas
> outra vez e téntao de novo.
>
> Please check the email address provided.
> Por favor, verifica o teu enderezo de correo electrónico.
>
> Please review this page and click each checkbox to confirm.
> Examina esta páxina e marca cada cadro de verificación para corfirmar.
>
> Ballot box with check
> Test riscado
>                           (esta última está claro que ser refire á cruz, x
> ballot,  e non ao trazo)
>
> Mirarei a ver se atopo exemplos na tradución de WhatsApp
>
>
>
>
> O 14 novembro 2014 12:48, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> escribiu:
> O 14 novembro 2014 09:38, Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>
> escribiu:
> > Ola,
> >
> >
> >
> > Estes días que tododiós anda a falar do “double-check” do guasap,
> sabedes se
> > hai algunha proposta de denominación para o galego minimamente difundida?
> > Estiven buscando nas localizacións de Telegram, pero non atopei nada (se
> > cadra busquei mal...)
> >
> >
> >
> > Para o castelán recomendan “tic” ou “marca”
> > (
> http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/)
> e
> > o portugués oscila entre o “duplo check” de Portugal e o “tique duplo” do
> > Brasil.
> Sen ter idea de que vai iso do "double-check" eu diría quizais "dobre
> comprobación".
>
> Só por asegurarnos, estamos a falar de
> https://www.whatsapp.com/faq/en/general/20951546 ?
>
>
> Deica
>
> > Graciñas
> >
> >
> >
> > Xusto
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a