Non me parece mal «visto» ou  visto e prace, verificado, válido, verdadeiro.

Está claro que cando está dentro dunha caixa é un "punto que comprobar
ou unha elección" mentres que cando vai só indica "confirmación". Pero
o símbolo en si non é realmente unha letra senón un trazo (de feito
existe o "uncheck" que é o mesmo símbolo cunha raia que cruza o trazo
longo). Ese símbolo non existía ata agora entre nós e iso é unha
vantaxe neste momento.

Sendo pragmáticos como pides, ofrecería unha dobre interpretación: o
signo chamariase "tic" e indica "visto"

A tradición detrás queda totalmente escurecida e confusa, xa que eu
lembro que esa marca se utilizaba para xusto o contrario, nas
corrección de exames poñianme B "ben" ou V (ou trazo) "revisar" e
parece polo que lin que non só aquí senón en case toda europa. Por
outro lado, non podemos esquecer que na nosa tradición actual as
caixas márcanse con cruz ou aspa (exames test, Facenda...)

Pero na interpretación de visto or revisado tamén parece que tivo
influencia o francés "visé". Agora estamos co Unicode e, desde o
inglés.

O importante é a parella que forma coa cruz: visto, válido // falso, nulo


P.S. Ao mellor para as xeracións máis novas é "Nike" , o que non saben
é que o símbolo de Nike deriva da deusa grega Niké (Νίκη = Victoria),
outra vez o "v" das súas ás    :-D


O 17 novembro 2014 09:13, Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es> escribiu:
> Ola,
>
> Parece que desde o punto de vista estritamente lingüístico, "verificación" 
> sería a mellor opción.
>
> Pero dubido moito que acabe por chamarse así. Por unha parte están os 
> problemas de espazo físico para a localización que apuntou Enrique noutra 
> mensaxe. E pola outra, desde o punto de vista da implantación creo que é unha 
> forma totalmente inviable: ten en conta que "verificación" (5 sílabas) tería 
> que competir (é un dicir) con monosílabos como "check" ou "tic", ou bisílabos 
> como "marca", formas que ademais os usuarios van escoitar e ver ducias e 
> ducias de veces.
>
> É un dilema rabudo: habería que lanzar e divulgar axiña unha alternativa ao 
> "doble check", se queremos que esta teña algunha posibilidade de callar, pero 
> se o que se divulgue non é competitivo en termos pragmáticos, tanto ten 
> moverse como quedarse parados.
>
> Chegados aquí, como veriades empregar "visto" como nome do símbolo?
> Ben sei os inconvenientes que alegan en castelán*, pero son pexas que tamén 
> se lle poden aplicar a "verificación"; e con respecto a esta ten algunhas 
> vantaxes:
> - intuitivo e coñecido para os usuarios
> - menor tamaño
> - denominación tamén portuguesa (http://www.priberam.pt/DLPO/visto) para ese 
> concepto
>
> Se non, témome que o mellor que podemos facer é aceptar "duplo tic" (polo 
> menos harmonizar co portugués).
>
> Xusto
> ---------
> *La forma visto, con la que también se denomina en ocasiones a este signo en 
> otros contextos, puede en este caso concreto conducir a error, ya que en el 
> citado sistema de mensajería no necesariamente implica que el contenido haya 
> sido visto.
> En http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/
>
>
> De: Antón Méixome [mailto:cert...@certima.net]
> Enviado: venres, 14 de novembro de 2014 13:51
> Para: Trasno - Lista
> Asunto: Re: Check e double-check
>
> @Xusto
> Este símbolo xa foi tratado nesta lista no ano 2012 e precisamente xa 
> interviñeches ti
>
> ✓
> ☑
>
> Temos falado de «marca», «comprobación» pero o máis frecuente segue a ser 
> "verificación"
> O do castelán de propoñer «tic» non é nin máis nin menos ca un anglicismo, xa 
> que é así como se lle chama en inglés británico: tick (check americano). Foi 
> ese o resultado da enquisa que fixo a Fundeu onte?
>
> O problema é que marca é demasiado xenérico, hai ducias de marcas e marcados.
> Normalmente tradúcese ☑ como caixa de verificación aínda que non hai 
> realmente unanimidade. No caso de Twitter ademais ten en conta que é 
> tradución con votación pola xente
> - caixa de verificación
> - caixa de comprobación
> - caixa de selección
> - caixiña
> - caixa de opción
> - caixa de habilitación
>
>
> pero o tema segue a ser como chamarlle ao trazo ✓
> O máis probable é que acabe por chamarse dupla verificación. É horrorosa, si. 
> Eu prefiriría "validación" facendo un pouco o xogo do signo coa letra "v" e 
> aproveitando que non choca con nada xa que adoitamos traducir "valid" como 
> "correcto". Ou polo menos algo como "confirmación", "aprobación" ou 
> "comprobación".
> Exemplos tirados da tradución activa en Twitter:
>
> Please double-check and try again.
> Por favor, cómprobao de novo e téntao outra vez.
>
> Heavy check mark
> Marca de verificación grande
>
> White heavy check mark
> Marca de comprobación grande e branca
>                          (Exemplo prototípico de incoherencia, estes dous 
> últimos)
>
> We could not verify your credentials. Please double-check and try again.
> Non nos foi posible verificar as túas credenciais. Por favor, revísaas outra 
> vez e téntao de novo.
>
> Please check the email address provided.
> Por favor, verifica o teu enderezo de correo electrónico.
>
> Please review this page and click each checkbox to confirm.
> Examina esta páxina e marca cada cadro de verificación para corfirmar.
>
> Ballot box with check
> Test riscado
>                           (esta última está claro que ser refire á cruz, x 
> ballot,  e non ao trazo)
>
> Mirarei a ver se atopo exemplos na tradución de WhatsApp
>
>
>
>
> O 14 novembro 2014 12:48, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
> escribiu:
> O 14 novembro 2014 09:38, Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es> 
> escribiu:
>> Ola,
>>
>>
>>
>> Estes días que tododiós anda a falar do “double-check” do guasap, sabedes se
>> hai algunha proposta de denominación para o galego minimamente difundida?
>> Estiven buscando nas localizacións de Telegram, pero non atopei nada (se
>> cadra busquei mal...)
>>
>>
>>
>> Para o castelán recomendan “tic” ou “marca”
>> (http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/) e
>> o portugués oscila entre o “duplo check” de Portugal e o “tique duplo” do
>> Brasil.
> Sen ter idea de que vai iso do "double-check" eu diría quizais "dobre
> comprobación".
>
> Só por asegurarnos, estamos a falar de
> https://www.whatsapp.com/faq/en/general/20951546 ?
>
>
> Deica
>
>> Graciñas
>>
>>
>>
>> Xusto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a