Na miña opinión...

Estades a confundir o que é a propia «✓» e o que hai tras ela. Certo que
tras ela hai comprobacións e ou verificacións, máis do que falamos é do que
ve a xente e, teño para min, que o que ve a xente é|son unha|dúas
«marca(s)».

Pensemos nunha conversa entre dous mozos ...
- non viches que ten dúas marcas?
- e iso que quere dicir?
- pois que xa leu a túa mensaxe
...

Por veces, de darlle voltas ao evidente caemos en expresións técnicas de
máis en interfaces que deben ser moi inmediatas.


O 14 novembro 2014 13:51, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

> @Xusto
> Este símbolo xa foi tratado nesta lista no ano 2012 e precisamente xa
> interviñeches ti
>
> ✓
> ☑
>
>
> Temos falado de «marca», «comprobación» pero o máis frecuente segue a ser
> "verificación"
>
> O do castelán de propoñer «tic» non é nin máis nin menos ca un anglicismo,
> xa que é así como se lle chama en inglés británico: tick (check americano).
> Foi ese o resultado da enquisa que fixo a Fundeu onte?
>
> O problema é que marca é demasiado xenérico, hai ducias de marcas e
> marcados.
>
> Normalmente tradúcese ☑ como caixa de verificación aínda que non hai
> realmente unanimidade. No caso de Twitter ademais ten en conta que é
> tradución con votación pola xente
>
> - caixa de verificación
> - caixa de comprobación
> - caixa de selección
> - caixiña
> - caixa de opción
> - caixa de habilitación
>
>
> pero o tema segue a ser como chamarlle ao trazo ✓
>
> O máis probable é que acabe por chamarse dupla verificación. É horrorosa,
> si. Eu prefiriría "validación" facendo un pouco o xogo do signo coa letra
> "v" e aproveitando que non choca con nada xa que adoitamos traducir "valid"
> como "correcto". Ou polo menos algo como "confirmación", "aprobación" ou
> "comprobación".
>
> Exemplos tirados da tradución activa en Twitter:
>
> Please double-check and try again.
> Por favor, cómprobao de novo e téntao outra vez.
>
> Heavy check mark
> Marca de verificación grande
>
> White heavy check mark
> Marca de comprobación grande e branca
>
>                          (Exemplo prototípico de incoherencia, estes dous
> últimos)
>
> We could not verify your credentials. Please double-check and try again.
> Non nos foi posible verificar as túas credenciais. Por favor, revísaas
> outra vez e téntao de novo.
>
> Please check the email address provided.
> Por favor, verifica o teu enderezo de correo electrónico.
>
> Please review this page and click each checkbox to confirm.
> Examina esta páxina e marca cada cadro de verificación para corfirmar.
>
> Ballot box with check
> Test riscado
>                           (esta última está claro que ser refire á cruz, x
> ballot,  e non ao trazo)
>
>
> Mirarei a ver se atopo exemplos na tradución de WhatsApp
>
>
>
>
>
> O 14 novembro 2014 12:48, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> escribiu:
>
> O 14 novembro 2014 09:38, Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>
>> escribiu:
>> > Ola,
>> >
>> >
>> >
>> > Estes días que tododiós anda a falar do “double-check” do guasap,
>> sabedes se
>> > hai algunha proposta de denominación para o galego minimamente
>> difundida?
>> > Estiven buscando nas localizacións de Telegram, pero non atopei nada (se
>> > cadra busquei mal...)
>> >
>> >
>> >
>> > Para o castelán recomendan “tic” ou “marca”
>> > (
>> http://www.fundeu.es/recomendacion/tic-o-marca-dos-alternativas-a-check/)
>> e
>> > o portugués oscila entre o “duplo check” de Portugal e o “tique duplo”
>> do
>> > Brasil.
>>
>> Sen ter idea de que vai iso do "double-check" eu diría quizais "dobre
>> comprobación".
>>
>> Só por asegurarnos, estamos a falar de
>> https://www.whatsapp.com/faq/en/general/20951546 ?
>>
>>
>> Deica
>>
>> > Graciñas
>> >
>> >
>> >
>> > Xusto
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a