O 23 decembro 2015 15:19, Marcos Lans <[email protected]> escribiu: > Vexo que hai xente traducindo que está usando o tratamento persoal Vostede o > outros o informal Ti. Conviría aclarar cal é a opción. Tendo en conta que en > Chuza se usa o informal opino que deberían usalo tamén aquí. > Tamén vexo que algunha persoa está traducindo Topic > Tópico no canto de > Tema. > Like > Mola...En fin.
A ver, culpable eu mesmo. Partín da seguinte premisa que é discutible: o uso máis probable é na comunidade Chuza, é un "foro" de vida "horizontal", informal e suxeito a evolución propia entre a obviamente está o de afinar algúns aspectos da súa tradución para que acaian ben. Que estamos traducindo sen ver, intuíndo, por certo. Optei polo tratamento informal, ti Tópic, pode ser tema, fío, asunto, cuestión, consulta, etc ... entendo que tópico, ademais de ser tan galega como trópico, non debería chamar a atención ao usuario dunha comunidade de opinión ou discusión afeita a agregadores, foros, etc. O gl. Tema, ente nós está asociado ao en. Thema. O de Like = Mola. A alternativa que se me ocorreu espontaneamente ao "Gústame". Cando pensei en Gústame, asocieino a Facebook e deume por escapar, polo non, porque para min "Gústame" é en realidade unha tradución descaradamente inspirada na do castelán. Que decimos, no rexistro informal, cando algo nos "enche o ollo": güai, mola, chachi, ... pois por aí. Polo demais xa o dixen: "Sería conveniente poñerse de acordo tanto para facelo como para o estilo." Pola miña parte, despois de contribuír cun par de centos de cadeas, xa digo que non vou seguir - falta por asumir o compromiso da categoría "cultura libre" por parte de Chuza :-D Bon Nadal! > > On 22/12/15 17:20, Manel Villar wrote: >> >> Saudos, >> >> En Chuza temos a proba o software Discourse, que é un sistema de foros >> moderno. O enderezo é: http://beta.chuza.gal >> >> Aqui está a ligazón de Transifex para a traducción ao galego por se >> queredes colaborar: >> >> https://www.transifex.com/discourse/discourse-org/language/gl/ >> >> Haberá un anuncio público OQue.GAL en breve. >> >> Grazas >> >> -- >> Manel Villar >> Paulsborner Str. 9 >> 10709 Charlottenburg >> Berlin (Deutschland) >> >> Tel: (+49) (0)162 6574604 <tel:%28%2B49%29%20%280%29162%206574604> >> skype: manel.villar >> [email protected] <mailto:[email protected]> >> >> /"Ars longa, vita brevis"/ >> >> >> _______________________________________________ >> proxecto mailing list >> [email protected] >> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ > proxecto mailing list > [email protected] > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto _______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

