O 11 xaneiro 2016 21:52, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> Non sei desde cando, para min desde hoxe; pero xa se pode acceder á
> tradución de android no seu git
>
> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/android-6.0.1_r3/res/
>
> O problema é que a tradución está así esparexida na árbore de
> cartafoles, e ten que haber varios centos de ramificacións con
>
>  values-gl-rES/
>  values-gl-rES-nokeys/
>
> Polo que levo visto, á parte de pequenas diferenzas como a terminación
> -ble, o uso do masculino para "o tablet" e cousas así, é amplamente
> compatible co noso modelo lingüístico.
>
> Alguén se lle ocorre maneira de recollelas nunha memoria TMX?

Supoño que será hora de poñerse co conversor de Android para o
Translate Toolkit. Aínda que quizais haxa xa algún conversor por
algures.


Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a