O 12 xaneiro 2016 23:14, Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me> escribiu: > Ola. > > Acabo de ver o ficheiro dende o mobil. É un ficheiro xml que pode ter algo > que ver co formato xliff. Dentro dos elementos vin xmlns: e algo de xliff > 1.2 > > No seu momento tentei preparar para traducir o proxecto Open Journal System > (OJS), e tamen usaba ficheiros XML. Mandei unha mensaxe a esta lista se non > lembro mal e comentei da existencia dun conversor po4a (o titulo do correo > era Traducion do telegram). > > Cando teña tempo probarei a ver se OmegaT carga eses ficheiros XML de > android. Se fora asi, tamen se poderia tentar xerar a TMX dende OmegaT.
Ola, se les a miña mensaxe anterior xa podes ver que xerei eu o TMX. Aínda así entendo que sería interesante probar co OmegaT xa que o sistema que empreguei eu non é tan simple como me gustaría. O ideal sería ter un conversor no Translate Toolkit. > Un saudo. > > O 11 xaneiro 2016 21:52, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu: >> Non sei desde cando, para min desde hoxe; pero xa se pode acceder á >> tradución de android no seu git >> >> >> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/android-6.0.1_r3/res/ >> >> O problema é que a tradución está así esparexida na árbore de >> cartafoles, e ten que haber varios centos de ramificacións con >> >> values-gl-rES/ >> values-gl-rES-nokeys/ Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses dous directorios. >> Polo que levo visto, á parte de pequenas diferenzas como a terminación >> -ble, o uso do masculino para "o tablet" e cousas así, é amplamente >> compatible co noso modelo lingüístico. >> >> Alguén se lle ocorre maneira de recollelas nunha memoria TMX? > > Supoño que será hora de poñerse co conversor de Android para o > Translate Toolkit. Aínda que quizais haxa xa algún conversor por > algures. Deica _______________________________________________ proxecto mailing list proxecto@trasno.net http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto