Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca nunca...
El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<[email protected]>) escribió: > O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <[email protected]> > escribiu: > > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para > > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha > > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses > > dous directorios. > > > Claro, > > Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases" > senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de > código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun > cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux. > Supoño que tiraches de consola para reunilos > _______________________________________________ > proxecto mailing list > [email protected] > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

