O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
> escribiu:
>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> 
>> escribiu:
>>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
>>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
>>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode
>>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
>>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É
>>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
>>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca
>>> nunca...
>>>
>>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
>>> escribió:
>>>>
>>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>> escribiu:
>>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>>>> > dous directorios.
>>>>
>>>>
>>>> Claro,
>>>>
>>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos
>>
>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>>
>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>>
>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
>> - Creei un virtualenv e instalei
>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
>> android2po)
>> - Lin o README https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
>> - Creei un directorio chamado po
>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
>> gardar os ficheiros PO)
>> -  
>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>
>>
>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>
> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
> ver a ver se dou sacado un TMX.

Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
claro.


Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a