O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> 
> escribiu:
>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode
>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É
>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca
>> nunca...
>>
>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
>> escribió:
>>>
>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>> escribiu:
>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>>> > dous directorios.
>>>
>>>
>>> Claro,
>>>
>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos
>
> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>
> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>
> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
> - Creei un virtualenv e instalei
> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
> android2po)
> - Lin o README https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
> - Creei un directorio chamado po
> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
> gardar os ficheiros PO)
> -  
> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>
>
> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).

Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
ver a ver se dou sacado un TMX.

Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a