Recén chegado ao grupo.

2013-11-18 Conversa Cachaldora

Moi boas a tod@s.

Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno.

Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no 
mundo informático.

Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, 
e tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter 
alguha utilidade.

Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa 
informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. 
Isto é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en 
inglés, para traducir ao galego.

Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda.

Apertas a tod@s.
Trilino.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa Leandro Regueiro
2013/11/18 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Tamén hai que facer unha nova sobre a «Faena»

 http://awesomescreenshot.com/0771z0yoc8

 :-D

Claro que si, e outra media ducia de cousas. Pero por favor non me
emporques o fío con cousas que non veñen a conto.

Algún problema coa terminoloxía?

Deica

 2013/11/17 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 Ola,
 envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
 Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
 termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
 glosario das Trasnadas.

 Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
 máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
 tácitos como recollidos en glosarios anteriores.

 @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
 ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
 facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.

 Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
 asistentes para que fagan o traballo de desbrozamento durante os
 próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
 na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
 aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
 terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
 varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
 poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:

 * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
 * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, 
 ...)
 * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
 window, options, preferences, ...)
 * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
 panel, ...)
 * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
 (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
 Bouzada)

 Agora a lista de terminoloxía discutida:

 * about to
 # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
 # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)

 * account
 # conta (tradución moi asentada)

 * add
 # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: adicionar
 # NON USAR: añadir
 # NON USAR: agregar

 * address (substantivo)
 # enderezo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: dirección
 # NON USAR: direción
 # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous conceptos:
 + Enderezo dun recurso nunha rede.
 + Enderezo dunha posición na memoria.

 * align (verbo)
 # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: alinear

 * “align center”
 # centrar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: aliñar no centro
 # NON USAR: aliñar ao centro
 # NON USAR: aliñar centralmente
 # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
 (mirar arriba)

 * alignment/align (substantivo)
 # aliñamento (DRAG)
 # NON USAR: aliñación

 * allocate
 # asignar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocatar
 # NON USAR: alocar

 * allocation
 # asignación (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocación

 * appearance
 # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: apariencia
 # NON USAR: aspecto

 * array
 # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
 # NON USAR: vector
 # NON USAR: array
 # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
 máis.
 + Mirar
 https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiasegview=markup

 * arrow
 # frecha (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: flecha

 * assign
 # asignar (tradución moi asentada)

 * assignment
 # asignación (tradución moi asentada)

 * attribute
 # atributo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: característica

 * axis
 # eixe (preferida DRAG)
 # NON USAR: eixo

 * background
 # fondo (tradución moi asentada)

 * bitmap
 # mapa de bits (tradución moi asentada)

 * broadband/broad band
 # banda larga (tradución moi asentada)
 # NON USAR: banda ampla
 # NON USAR: banda ancha

 * browse
 # navegar (tradución moi asentada)
  + Só navegar polo web, non o resto de browses.

 * (web) browser
 # navegador (web) (tradución moi asentada)
 + Só o navegador web, non o resto de browsers.

 * button
 # botón (tradución moi asentada)

 * cache (substantivo)
 # caché (tradución moi asentada)

 https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiasegview=markup

 * canvas
 # lenzo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: área de debuxo

 * cell
 # cela (tradución moi asentada)
 # NON USAR: celda

 * center/centre (verbo/substantivo)
 # centro (DRAG, tradución moi asentada)

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa mvillarino
 Algún problema coa terminoloxía?

Tal vez con allocate e de certo con eixo, polo demais, pasado o
apuro do SC 4.12, poreime con isto.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa mvillarino
Esquecíame:

Ofrécese desbrozadora.

2013/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Algún problema coa terminoloxía?

 Tal vez con allocate e de certo con eixo, polo demais, pasado o
 apuro do SC 4.12, poreime con isto.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa Leandro Regueiro
Ola de novo.

Creo que cando enviei a lista de terminoloxía que se discutiu non
aclarei ben algúns puntos.

2013/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2013/11/18 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Tamén hai que facer unha nova sobre a «Faena»

 http://awesomescreenshot.com/0771z0yoc8

 :-D

 Claro que si, e outra media ducia de cousas. Pero por favor non me
 emporques o fío con cousas que non veñen a conto.

 Algún problema coa terminoloxía?

 Deica

 2013/11/17 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 Ola,
 envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
 Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
 termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
 glosario das Trasnadas.

 Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
 máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
 tácitos como recollidos en glosarios anteriores.

 @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
 ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
 facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.

 Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
 asistentes para que fagan o traballo de desbrozamento durante os
 próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
 na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
 aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
 terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
 varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
 poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:

 * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
 * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, 
 ...)
 * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
 window, options, preferences, ...)
 * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
 panel, ...)
 * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
 (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
 Bouzada)

 Agora a lista de terminoloxía discutida:

 * about to
 # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
 # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)

a punto de é perfectamente válido, pero decidiuse escoller a piques
de como preferida para que as traducións sexan o máis consistentes
posibles (como cando se escolleu xanela en detrimento de ventá ou
fiestra). A razón é basicamente que parece ser a máis empregada e
cando se discutiu de feito a ninguén lle acordou citar a punto de
como posible tradución. Puxen a punto de como prohibida, pero non
habería problema en poñela como desaconsellable se alguén ten algún
problema.

 * account
 # conta (tradución moi asentada)

 * add
 # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: adicionar
 # NON USAR: añadir
 # NON USAR: agregar

Cando se discutiu non se entrou a discutir as posibles traducións
empregadas ou a evitar. En todo caso engadir emprégase no 99%, ou
máis, dos casos, e non creo que haxa problema en prohibir empregar
agregar.

 * address (substantivo)
 # enderezo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: dirección
 # NON USAR: direción
 # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous 
 conceptos:
 + Enderezo dun recurso nunha rede.
 + Enderezo dunha posición na memoria.

Non creo que afecte porque creo que a tradución ha ser a mesma, pero
non se nos ocorreu que en realidade isto corresponde a conceptos
diferentes. Igual sería conveniente discutilo agora e aquí mesmo.

 * align (verbo)
 # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: alinear

 * “align center”
 # centrar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: aliñar no centro
 # NON USAR: aliñar ao centro
 # NON USAR: aliñar centralmente
 # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
 (mirar arriba)

Simplemente se nos pasou considerar as outras opcións porque a ninguén
se lle ocorreu. En todo caso dubido que alguén teña problema en usar
só centrar. Se hai alguén con dúbidas por favor que o comente.

 * alignment/align (substantivo)
 # aliñamento (DRAG)
 # NON USAR: aliñación

A razón é que só aliñamento ten a acepción referida a aliñar un
texto, e ademáis e a opción que máis se emprega.

 * allocate
 # asignar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocatar
 # NON USAR: alocar

 * allocation
 # asignación (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocación

 * appearance
 # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: apariencia
 # NON USAR: aspecto

Pasóusenos considerar aspecto, pero non creo que haxa problemas en
poñela como opción prohibida.

 * array
 # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
 # NON USAR: vector
 # NON USAR: array
 # DISCUTIBLE: mirei o 

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa Leandro Regueiro
2013/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Algún problema coa terminoloxía?

 Tal vez con allocate e de certo con eixo, polo demais, pasado o
 apuro do SC 4.12, poreime con isto.

Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos
:) Agardaba que tiveras problemas con prohibir calcar ou algunha
semellante.

Cal é o problema con allocate?

O de eixo é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera
para window. En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da
xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se
hai máis xente descontenta con eixe podemos deixar isto fóra, xa que
a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á
terminoloxía.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu con eixe non teño problema se é a forma recomendada polo DRAG, aínda
que eu tamén son dos que usa eixo.

Sobre premer, os exemplos suxiren premer nun botón para cando hai algo
a premer. Non debería dicirse algo sobre premer un botón? Entendo que é
unha forma válida (
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=premer,
primerio exemplo) pero desaconsellada por nós no caso das traducións.
Conste que a nivel persoal prefiro a opción sen o en, pero dado que o
DRAG non indica que unha forma sexa preferida sobre outra, non vexo
problema en usar o en.

2013/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2013/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com:
  Algún problema coa terminoloxía?
 
  Tal vez con allocate e de certo con eixo, polo demais, pasado o
  apuro do SC 4.12, poreime con isto.

 Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos
 :) Agardaba que tiveras problemas con prohibir calcar ou algunha
 semellante.

 Cal é o problema con allocate?

 O de eixo é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera
 para window. En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da
 xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se
 hai máis xente descontenta con eixe podemos deixar isto fóra, xa que
 a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á
 terminoloxía.

 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Terminolox�a discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa damufo

En 17/11/2013 21:40, Leandro Regueiro escribiu:

Ola,
envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
glosario das Trasnadas.

Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
tácitos como recollidos en glosarios anteriores.

@marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.

Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
asistentes para que fagan o traballo de desbrozamento durante os
próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:

* Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
* Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, ...)
Non entendo a lista encomendada, non tería que ser termos en inglés 
(para facer a proposta correspondente en galego?)

* Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
window, options, preferences, ...)
* Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
panel, ...)
O mesmo, non terían que ser termos en inglés para ver o correspondente 
en galego?

* Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
(basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
Bouzada)
Habería que mirar o de password-clave (de acceso). O dicionario da RAG 
teno moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o 
muden (se é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que 
mudalo nós canto antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo 
menos para isto que está claramente indicado no dicionario RAG.

Agora a lista de terminoloxía discutida:

* about to
 # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
 # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)

* account
 # conta (tradución moi asentada)

* add
 # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: adicionar
 # NON USAR: añadir
 # NON USAR: agregar

* address (substantivo)
 # enderezo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: dirección
 # NON USAR: direción
 # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous conceptos:
 + Enderezo dun recurso nunha rede.
 + Enderezo dunha posición na memoria.

* align (verbo)
 # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: alinear

* align center
 # centrar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: aliñar no centro
 # NON USAR: aliñar ao centro
 # NON USAR: aliñar centralmente
 # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
(mirar arriba)

* alignment/align (substantivo)
 # aliñamento (DRAG)
 # NON USAR: aliñación

* allocate
 # asignar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocatar
 # NON USAR: alocar

* allocation
 # asignación (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocación

* appearance
 # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: apariencia
 # NON USAR: aspecto

* array
 # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
 # NON USAR: vector
 # NON USAR: array
 # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de máis.
 + Mirar
https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiasegview=markup

* arrow
 # frecha (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: flecha

* assign
 # asignar (tradución moi asentada)

* assignment
 # asignación (tradución moi asentada)

* attribute
 # atributo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: característica

* axis
 # eixe (preferida DRAG)
 # NON USAR: eixo

* background
 # fondo (tradución moi asentada)

* bitmap
 # mapa de bits (tradución moi asentada)

* broadband/broad band
 # banda larga (tradución moi asentada)
 # NON USAR: banda ampla
 # NON USAR: banda ancha

* browse
 # navegar (tradución moi asentada)
  + Só navegar polo web, non o resto de browses.

* (web) browser
 # navegador (web) (tradución moi asentada)
 + Só o navegador web, non o resto de browsers.

* button
 # botón (tradución moi asentada)

* cache (substantivo)
 # caché (tradución moi asentada)
 # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de máis.
 + Mirar
https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiasegview=markup

* canvas
 # lenzo (tradución moi 

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-18 Conversa mvillarino
2013/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2013/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Algún problema coa terminoloxía?

 Tal vez con allocate e de certo con eixo, polo demais, pasado o
 apuro do SC 4.12, poreime con isto.

 Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos
 :) Agardaba que tiveras problemas con prohibir calcar ou algunha
 semellante.

Home, tarasco son pero tanto

 Cal é o problema con allocate?

Nalgún caso pode convir usar reservar; estou pensando en disco, non en ram.
Pero en principio vale.

 O de eixo é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera
 para window. En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da
 xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se
 hai máis xente descontenta con eixe podemos deixar isto fóra, xa que
 a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á
 terminoloxía.

Pois o problema que teño eu con eixe é que está en vías de ser un arcaísmo.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

[terminoloxia] stop - pause

2013-11-18 Conversa Antón Méixome
Sería aceptable?

Stop = Parar
Pause = Deter

O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas
accións distintas e que estan en todos os trebellos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [terminoloxia] stop - pause

2013-11-18 Conversa Leandro Regueiro
2013/11/18 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Sería aceptable?

 Stop = Parar
 Pause = Deter

 O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas
 accións distintas e que estan en todos os trebellos

Eu emprego (xa que non hai ningún acordo):

«stop» = «deter»
«pause» = «pausar»

O que máis me sorprende é que se miras
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter
case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na
páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as
acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están
todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo
«parar».

Precisamente ese é o problema.
Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe
técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que
buscala nós especializando as formas por iso  «pausar» non me parece
unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se
usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un
calco do inglés.

Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
que con bastante éxito como «retomar»

Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar

Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de
avance dunha reprodución

Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar

E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución

Abrir - Pechar - Retirar - Engadir
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [terminoloxia] stop - pause

2013-11-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Martes, 19 de Novembro de 2013 00:05:09 Antón Méixome escribiu:
 Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
 que con bastante éxito como «retomar»

Gústame «retomar» para cando se interrompe unha tarefa, por exemplo, pero no 
caso dunha pausa nun vídeo ou son, non sería mellor «continuar»?

Dáme a sensación de que «retomar» implica un pouco que a acción que se expresa 
a continuación a realiza o mesmo que inicia a acción, mentres que ao continuar 
a reprodución, o usuario inicia a acción pero quen reproduce non é o usuario, 
senón a máquina.

É dicir, o que ocorre é: o usuario solicita continuar a reprodución → o 
reprodutor continúa a reprodución. Con «retomar», o que imaxino é: o usuario 
indica que vai continuar a reprodución → o usuario ponse a reproducir (dándolle 
á manivela, por exemplo).