2013/11/18 mvillarino <[email protected]>: >> Algún problema coa terminoloxía? > > Tal vez con "allocate" e de certo con eixo, polo demais, pasado o > apuro do SC 4.12, poreime con isto.
Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos :) Agardaba que tiveras problemas con prohibir "calcar" ou algunha semellante. Cal é o problema con "allocate"? O de "eixo" é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera para "window". En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se hai máis xente descontenta con "eixe" podemos deixar isto fóra, xa que a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á terminoloxía. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

