Ola de novo. Creo que cando enviei a lista de terminoloxía que se discutiu non aclarei ben algúns puntos.
2013/11/18 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2013/11/18 Antón Méixome <[email protected]>: >> Tamén hai que facer unha nova sobre a «Faena» >> >> http://awesomescreenshot.com/0771z0yoc8 >> >> :-D > > Claro que si, e outra media ducia de cousas. Pero por favor non me > emporques o fío con cousas que non veñen a conto. > > Algún problema coa terminoloxía? > > Deica > >> 2013/11/17 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> Ola, >>> envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última >>> Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles >>> termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao >>> glosario das Trasnadas. >>> >>> Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión, >>> máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto >>> tácitos como recollidos en glosarios anteriores. >>> >>> @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha >>> ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para >>> facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology. >>> >>> Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos >>> asistentes para que fagan o traballo de "desbrozamento" durante os >>> próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala >>> na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos >>> aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta >>> terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por >>> varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois >>> poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é: >>> >>> * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...) >>> * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, >>> ...) >>> * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools, >>> window, options, preferences, ...) >>> * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra, >>> panel, ...) >>> * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles >>> (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel >>> Bouzada) >>> >>> >>> Agora a lista de terminoloxía discutida: >>> >>> >>> * about to >>> # a piques de (estilo) (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia) "a punto de" é perfectamente válido, pero decidiuse escoller "a piques de" como preferida para que as traducións sexan o máis consistentes posibles (como cando se escolleu "xanela" en detrimento de "ventá" ou "fiestra"). A razón é basicamente que parece ser a máis empregada e cando se discutiu de feito a ninguén lle acordou citar "a punto de" como posible tradución. Puxen "a punto de" como prohibida, pero non habería problema en poñela como "desaconsellable" se alguén ten algún problema. >>> * account >>> # conta (tradución moi asentada) >>> >>> * add >>> # engadir (DRAG, tradución moi asentada) >>> # NON USAR: adicionar >>> # NON USAR: añadir >>> # NON USAR: agregar Cando se discutiu non se entrou a discutir as posibles traducións empregadas ou a evitar. En todo caso "engadir" emprégase no 99%, ou máis, dos casos, e non creo que haxa problema en prohibir empregar "agregar". >>> * address (substantivo) >>> # enderezo (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: dirección >>> # NON USAR: direción >>> # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous >>> conceptos: >>> + Enderezo dun recurso nunha rede. >>> + Enderezo dunha posición na memoria. Non creo que afecte porque creo que a tradución ha ser a mesma, pero non se nos ocorreu que en realidade isto corresponde a conceptos diferentes. Igual sería conveniente discutilo agora e aquí mesmo. >>> * align (verbo) >>> # aliñar (DRAG, tradución moi asentada) >>> # NON USAR: alinear >>> >>> * “align center” >>> # centrar (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: aliñar no centro >>> # NON USAR: aliñar ao centro >>> # NON USAR: aliñar centralmente >>> # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas >>> (mirar arriba) Simplemente se nos pasou considerar as outras opcións porque a ninguén se lle ocorreu. En todo caso dubido que alguén teña problema en usar só "centrar". Se hai alguén con dúbidas por favor que o comente. >>> * alignment/align (substantivo) >>> # aliñamento (DRAG) >>> # NON USAR: aliñación A razón é que só "aliñamento" ten a acepción referida a aliñar un texto, e ademáis e a opción que máis se emprega. >>> * allocate >>> # asignar (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: alocatar >>> # NON USAR: alocar >>> >>> * allocation >>> # asignación (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: alocación >>> >>> * appearance >>> # aparencia (DRAG, tradución moi asentada) >>> # NON USAR: apariencia >>> # NON USAR: aspecto Pasóusenos considerar "aspecto", pero non creo que haxa problemas en poñela como opción prohibida. >>> * array >>> # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: vector >>> # NON USAR: array >>> # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de >>> máis. >>> + Mirar >>> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup Creo que a pesar de estar na lista das sinxelas esta ten miga. En todo caso se o acordo vale quedará rexistrado. >>> * arrow >>> # frecha (DRAG, tradución moi asentada) >>> # NON USAR: flecha >>> >>> * assign >>> # asignar (tradución moi asentada) >>> >>> * assignment >>> # asignación (tradución moi asentada) >>> >>> * attribute >>> # atributo (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: característica >>> >>> * axis >>> # eixe (preferida DRAG) >>> # NON USAR: eixo A pesar de que todos menos eu crían que "eixo" era a correcta :) >>> * background >>> # fondo (tradución moi asentada) >>> >>> * bitmap >>> # mapa de bits (tradución moi asentada) >>> >>> * broadband/broad band >>> # banda larga (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: banda ampla >>> # NON USAR: banda ancha Isto non estaba no DRAG e envieilles unha mensaxe para ver se poderían considerar a inclusión de "banda larga" na entrada de "banda". Respondéronme que crían que non habería problema, pero o mirarían con máis detemento máis adiante antes de poñelo. Así que a pesar de que esquecemos considerar as outras opcións con máis detemento na nosa discusión, dado que incluso a xente que leva o DRAG cre que a priori é correcto non debería haber problema. >>> * browse >>> # navegar (tradución moi asentada) >>> + Só navegar polo web, non o resto de "browses". >>> >>> * (web) browser >>> # navegador (web) (tradución moi asentada) >>> + Só o navegador web, non o resto de "browsers". >>> >>> * button >>> # botón (tradución moi asentada) >>> >>> * cache (substantivo) >>> # caché (tradución moi asentada) >>> # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de >>> máis. >>> + Mirar >>> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup Só se considerou "caché" como tradución. Non creo que haxa problema, pero quizais alguén quere que se inclúa tamén "memoria caché". >>> * canvas >>> # lenzo (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: área de debuxo Non discutimos "área de debuxo", pero houbo un consenso total en "lenzo", así que non creo que haxa problemas. Como sempre se alguén ten dúbidas ou problemas que o diga. >>> * cell >>> # cela (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: celda >>> >>> * center/centre (verbo/substantivo) >>> # centro (DRAG, tradución moi asentada) >>> # centrar (DRAG, tradución moi asentada) >>> >>> * channel (verbo/substantivo) >>> # canle (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: canal (As acepcións do DRAG refírense a cousas físicas) >>> >>> * click (verbo) >>> # premer (en) (tradución moi asentada) >>> + Exemplo: "premer nun botón" >>> + Empregar "premer" (sen o "en") só cando sexa premer sen >>> indicar en que se debe premer. >>> # NON USAR: calcar >>> # NON USAR: facer click >>> # NON USAR: facer clic >>> # NON USAR: clicar >>> # NON USAR: pulsar >>> # NON USAR: oprimir >>> # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de >>> máis. Aquí pasóusenos totalmente considerar todas as opcións empregadas, como "oprimir", "clicar", "calcar" ou "facer clic". Recollín unha lista do que vin por aí para discutir de novo se é que alguén ten algún problema con só permitir "premer (en)" e prohibir todas as demáis posibilidades. >>> * client/server >>> # cliente (tradución moi asentada) >>> # servidor (tradución moi asentada) >>> >>> * clock >>> # reloxo (DRAG, tradución moi asentada) >>> # NON USAR: reloxio >>> >>> * cursor >>> # cursor (DRAG, tradución moi asentada) >>> >>> * disc/disk >>> # disco (DRAG, tradución moi asentada) >>> >>> * draft >>> # borrador (DRAG) >>> # NON USAR: esbozo >>> # NON USAR: bosquexo A razón de escoller "borrador" é que as outras opcións non admiten a posibilidade de que sexa un traballo xa avanzado e que se pode publicar con cambios menores. Un "esbozo" ou "bosquexo" viría sendo un monigote, e un "borrador" podería ser un monigote, un cadro ao que lle faltan dúas pinceladas ou calquera cousa intermedia. >>> * drag >>> # arrastrar (tradución moi asentada) >>> >>> * drag and drop/drag & drop >>> # arrastrar e soltar (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: arrastrar e deixar >>> >>> * draw >>> # debuxar (DRAG) >>> # NON USAR: dibuxar >>> >>> * drawing >>> # debuxo (DRAG) >>> # NON USAR: dibuxo >>> >>> * drop >>> # soltar (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: deixar >>> >>> * editor >>> # editor (tradución moi asentada) >>> >>> * emoticon >>> # emoticona (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: emoticón >>> # NON USAR: emoticon >>> # NON USAR: cariña >>> # NON USAR: icona de emoción >>> # Discutir "smiley" xunto con isto. Creo que igual antes de pechar "emoticona" habería que discutir tamén "smiley", aínda que non creo que vaia cambiar absolutamente nada. Pero case estou por deixar "smiley" para máis adiante e non discutir moito esta lista. >>> * execute/run >>> # executar (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución moi >>> asentada) >>> # NON USAR: correr >>> # NON USAR: lanzar >>> # NON USAR: iniciar Despois de contactar co DRAG para indicarlles esta inconsistencia entre "executable" e "executar" dixéronme que verían de arranxar isto o antes posible despois de comprobalo. >>> * execution/run(substantivo) >>> # execución (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución >>> moi asentada) >>> >>> * field >>> # campo (DRAG: só referido a base de datos, pero non por exemplo >>> ao campo dun formulario, tradución moi asentada) Aquí preocúpame que non consideramos os posibles diferentes conceptos que pode haber. En todo caso supoño que a tradución para todos eles será "campo". >>> * filesystem/file system >>> # sistema de ficheiros (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: sistema de arquivos >>> >>> * forum >>> # foro (tradución moi asentada) >>> >>> * gateway >>> # pasarela (tradución moi asentada) >>> # NON USAR: gateway >>> # NON USAR: porta de enlace Pasóusenos considerar "porta de enlace", tradución que creo que case nunca se usa. Non creo que vaia haber problema. >>> * help >>> # axuda (DRAG, tradución moi asentada) >>> # axudar (DRAG, tradución moi asentada) >>> >>> >>> >>> Deica >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

