2013/11/18 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2013/11/18 mvillarino <[email protected]>: >>> Algún problema coa terminoloxía? >> >> Tal vez con "allocate" e de certo con eixo, polo demais, pasado o >> apuro do SC 4.12, poreime con isto. > > Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos > :) Agardaba que tiveras problemas con prohibir "calcar" ou algunha > semellante.
Home, tarasco son pero tanto.... > Cal é o problema con "allocate"? Nalgún caso pode convir usar "reservar"; estou pensando en disco, non en ram. Pero en principio vale. > O de "eixo" é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera > para "window". En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da > xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se > hai máis xente descontenta con "eixe" podemos deixar isto fóra, xa que > a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á > terminoloxía. Pois o problema que teño eu con eixe é que está en vías de ser un arcaísmo. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

