Re: logo

2000-07-14 Conversa Xaquin Lores Torres
Ola

Te=F1o o libro de mitoloxia, pero non a man, de todolos xeitos estou=20
dacordo en que =E9 moi dificil debuxar un trasno. O ilustrador do libro=20
optou pola tradici=F3n anglosaxona (home de pequeno tama=F1o, con cara de=
=20
sinvergonza orellas puntiagudas, unha carapucha longa, etc.)=20
Personalmente creo que non =E9 o mais axeitado para os nosos trasnos :-(

A soluci=F3n que se me ocurre =E9 buscar outro ilustrador, mais acorde co=
=20
pa=EDs, ou, quizais mellor, en vez de debuxar un trasno debuxar o resultado=
=20
das suas acci=F3ns, =A1unha trasnada!. (cambiar a orde das teclas a un=20
teclado, por exemplo)
O problema =E9 pensar nunha trasnada que sexa facil de debuxar e adecuada=
=20
para un logo.

Saudos

Xaqu=EDn



   O que se me ocorre =E9 que ... =BFalguen ten por a=ED un libr=
o de mitolox=EDa
   galega? Digo por iso de saber c=F3mo =E9 un Galaicus Trasnus :-)
 =20
  dubido que algu=E9n se puxese a dibuxar un trasnus galaicus que nos
  sirva, por iso dic=EDa o de as=ED que poder=EDa ser un trasno en acci=
=F3n ou
  algo que lembrara un trasno, que en todo caso =E9 m=E1is facil de atop=
ar e
  crear (facede unha analox=EDa con GNOME).
 =20
 Eso de que nos sirva, =BFe logo que requisitos deberia cumprir?. :-?
=20
 =20
  realmente creo que a dificultade est=E1 en atopar iso, porque nese mund=
o
  m=E1xico galaiucus non hai o t=EDpico da vari=F1a m=E1xica das fadas =
de
  Disney, a vasoira das meigas yankees, ...
 =20
 =20
=20
 Non, aqui as meigas e os trasnos van lava-lo cu =F3 leite. Os trasnos
 esconden as cousas, pero a min tampouco se me acorda nada que sexa
 realmente representativo. E ainda que se nos ocurrira, despois haberia
 que debuxalo  (=A1Telita!).=20
=20

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: proxecto LEGAL

1999-10-30 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola


 ben, pois segundo entendín simplemente é meter os ficheiros axeitados
 para linux, é dicir, xa están traducidos por eles e só hai que axeitalos
 para linux. é unha cuestión de traballo mínimo e moi rendible; e sería
 quizais simplemente un interesado (por exemplo Xaquin -hala, fágote
 voluntario forzoso XD-) e xa está.

Por min non hai problema en traballar para ter o Netscape, pero atención:
NON son programador/informático, eu toco de oido a informática ;-)
Mandareilles unha mensaxe ós de Xis.

 e finalmente a cuestión principal daquela mensaxe ... QUEN FAI A LISTA?
 ;PPP

Alguén se ofreceu xa, non?

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: proxecto LEGAL

1999-10-23 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Por min hoxe mesmo.

E de paso decirvos que a CEG (Confederacion de Empresarios de Galicia) 
acaba de iniciar unha campaña para promocionar o soft en galego, creo que 
traduciron os programas de nominas e contabilidade de AS/400, e parece 
que van facer mais cousas.

Xaquin

On Sat, 16 Oct 1999, CrEqUe wrote:

 olá:
 
 weno, decidímonos dunha vez a comezar a facer algo ou non :? por min
 facemos unha lista de correo para poñer en marcha o proxecto, discutir
 se o poñemos en marcha ou non, como, ... pero facelo xa.
 
 por se alguén non se entera de a qué me refiro ... LEGAL: Linux En
 GALego, unirnos baixo unha URL (simplemente cunha web que diga de que
 vai e enlaces aos grupos participantes) os grupos que facemos algo
 relacionado co GNU/Linux en galego.
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: proxecto LEGAL

1999-10-23 Conversa Xaquin Lores Torres


On Tue, 19 Oct 1999, Jacobo Tarrio wrote:

 O Tue 19 Oct 1999 01:27:18 +, CrEqUe escribía:
 
  para ver o que diciades. e ben ... que dicides :? non sei se tedes algún
  problema coa licencia do Netscape (se estades tamén co KDE non creo), se
  vos apetece ...
 
  Home, tanto como problema non, ainda que non facemos KDE, polo de agora. O
 que ocorre é que o Netscape é propietario, e habendo tanto software
 (ceibo|libre) por traducir, mellor facer este antes que o non (ceibo|libre).

Ben, non estou de acordo.

¿Para quen traballamos?
Linux pode ser usado en entornos empresariais/domésticos como servidor ou 
como entorno de usuario final.
Os requisitos que se lle piden son moi distintos en cada caso. MOI distintos.

Os administradores de servidores empresariais saben inglés, prefiren a 
doc. en inglés porque ten menos posibilidades de erros, é mais recente e 
mais abundante. NON necesitan a traduccion.

Quédanos o usuario final. Tomando como usuario final unha persoa que ten 
un pc con acceso internet, que escribe documentos medianos (10, 40 pax.)
e quen ven do entorno Windows.
Este usuario creo que quere:
1.-unha suite como Office
2.-Netscape/Explorer/Opera/etc
3.-xogos

Evidentemente quere esto gratis, fiable (sin pantallas azules), lixeiro, etc.

¿Que concluo de todo esto?
Que se queremos que alguén use o linux en galego temos que conseguir que 
teña algo parecido ó dito.
Podemos ser realistas e asimilar que por agora Mozilla non é a solución e 
que non hai suite GPL, ou podemos negar esta realidade.

En resume, creo que non debemos usar o criterio do tipo de licencia á 
hora de decidir que programas traducir. 

Considero que a existencia de algo como Netscape en galego é crítico para 
o exito do proxecto de traducción.
Nota: por éxito entendo que sexa usado por mais xente que nos mesmos e 
asimilados (estudiantes de informática)

Disgresion: pensade que pasaría se tivesemos traducido gcc, libc, etc., e 
non tivesemos o bash. Que os programadores estarian contentos e os 
usuarios non, e cal é a ratio usuarios/programadores no mundo Windows, e 
no mundo linux?

Saudos

Xaquin

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: proxecto LEGAL

1999-10-23 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

  ¿Para quen traballamos?
 
   Dende logo, non para Netscape :-) Si nos traducimos Netscape, ¿quen
 saca os beneficios? Netscape. Aproveita o noso esforzo gratuito para o seu
 propio beneficio. Vale, tamén serían beneficiados tódolos usuarios que
 quixeran o Netscape en galego, pero en principio eu non estou a favor de
 facerlle o traballo a ninguén.
  En resume, creo que non debemos usar o criterio do tipo de licencia á 
  hora de decidir que programas traducir. 
   Eu sigo dicindo que si; pero como sempre, é unha opinión; e estou
 totalmente disposto a ser convencido si se me dan boas razóns :-)

A razón é que non existe Netscape en galego (existe o Xis)

Cando se presentou o Win98 houbo presión para que saira en galego, pero a 
Xunta reaccionou tarde, mais ben non reaccionou. Este comportamento nace 
do nulo interés da Xunta na normalización do pais, sumado á sua ineptitude.
MS pedialles 40 kilos e eles dixeron en principio que non, e cando dixeron 
que si MS dixo que xa era moi tarde.

O Win2000 vai ir en galego, o explorer tamen, cos cartos de todos, e se 
MS presiona, que o fará, a Xunta pode sacar unha normativa que obrigue ós 
seus organismos a mercar soft so en galego.

Netscape non traduciu ó galego o seu programa, e nono vai traducir porque 
somos pouco importantes para eles. 

Se queremos o Netscape en galego temos que facelo nos. 
Eles gañarán (non creo que moito) pero nos gañaremos moito mais, Linux 
terá un navegador de calidade, comparable ó Explorer en galego, un motivo 
menos para que non se instale nas escolas e na Administración.

A min non me gusta pensar en negativo, pero pensemos que pasaría se non 
houbese unha version en galego de Netscape para unix.

E eu tamen podo cambiar de opinion de se me convence :-))


Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: proxecto LEGAL

1999-10-23 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Vexo que non me fago entender ben ;-)

Eu parto da base de que o que se quere é que moita xente que non usa 
linux por estar en inglés poida usalo en galego (poderian usalo en 
castelan, xa o sei, pero aqui entrariamos en cuestions mais profundas).
Parto da base de que se quere que linux sexa unha opcion para calquer 
persoa á hora de escoller un SO.
Non contemplo a posibilidade de traducir so para min, eu leo en inglés, 
en castelan e portugués, e non teño tempo que perder para que o SO me diga 
non atopo o ficheiro

Eu estou nesto para que outras persoas poidan usar linux en galego, e 
por usar non quero decir programar/adminstrar, senon navegar, escreber 
texto, e xogar.
Escollo linux porque a filosofia que está detras me parece interesante, 
tanto a nivel técnico como organizativo.
Eu creo que é unha posibilidade única poder introducir o galego en linux, 
a estructura aberta permite facelo, cousa que non fai Windows, e que a 
medio prazo podemos ver ordenadores na Xunta, na escolas, nas casas, 
traballando en linux en galego.

Creo que non paga a pena o esforzo de traducir para unhas 1000 persoas, 
que deben ser os usuarios de linux agora en Galicia, si paga para 100.000 
(deben ser mais as instalacións de Windows :-( )


   E que imos ver, eu coñezo MOITA xente que usa Linux, e de todos
 eles, so tres son administradores dalgunha rede que precisa realmente
 administración. E o resto, salvo un par de casos, nin son administradores,
 mais que da sua propia máquina.

Eu tamen coñezo moita xente que usa linux pero ninguen normal:non un/unha 
secretario/a, contable, bancario/a, estudiante de ESO, universitario/a 
non informático, etc.
A maioría usa Windows :-(

Se chegamos a eses usuarios, linux ten posibiliades de medrar en Galicia, 
en caso contrario quedará circunscrito ás facultades de informática, e a 
catro gatos mais. Acabaremos por cansarnos e as traduccións quedarán 
paradas no tempo, como sucede con alguns outros idiomas.
Se conseguimos masa crítica o dia que nos o deixemos haberá outros que 
collan o testigo. É cuestión de números, hai mais xente enrollada en 
100.000 que en 1000.

   1. Netscape xa o andan a traducir.

Pois que alguén me pase a traducción da versión Unix :-)

   2. StarOffice non corre presa, para catro persoas que o usan cinco
  minutos... Úsase bastante mais o pine/mutt/balsa, gnome-panel,
  gmc, e similares...

Eu nunca usei Staroffice, porque nono teño instalado. Pero sei como se 
usa Office en Windows, sei cal é o uso que se lle da a Word, a Access, etc.
Por se che sirve de exemplo, a maioría (digamos 80%) dos proxectos fin de 
carreira da Fac. de Inform. da Univ da Coruña esta feitos con Word, do 
restante 20% a maioría con Latex e alguns con Framemaker e WordPro.
E falamos de informáticos, xente que cando llo comentas din que fuxen de 
Latex coma do demo.

   3. Hai moitas ferramentas GPL que usamos a diario que estan sen
   traducir ainda.

Ti mesmo o dis, ferramentas, seguramente make, lint, m4, cpp, rcs, etc. 
Eu non son informático, e non uso ningunha delas. E coma min a maioría 
dos usuarios de calquer SO.

 a verdade e que para navegar paréceme abondo... De tódolos xeitos un
 navegador web é das cousas nas que menos se fixa un na traducción, porque
 case nunca ten que ler texto do propio navegador.

De acordo, eu case nunca o fago. Pero vendo a outras persoas teñome 
sorprendido moito do uso que fan dos menus de Netscape. É incrible.

   Non hai suite GPL, pero que porcentaxe de xente Linuxeira usa esas
 suites regularmente? e xente que usa o gnome-panel?

De novo, non me gustaria que o movemento linux acabase sendo unha especie 
de secta. Quero que nas escolas, na casa, na Administracion, etc se use 
linux como algo normal, non algo heroico.
Para chegar a eso a comunidade linux ten que poñer os medios, Gates xa se 
encarga do contrario.

   Non é para decidir cales traducir, senon para asignar prioridades.
 De todos modos, eu, personalmente, négome a traducir un programa comercial.
 (comercial non inclúe nin Netscape nin StarOffice, inclue Civilization III
 por exemplo).

De acordo, ainda que sospeito que temos prioridades diferentes :-))

  Nota: por éxito entendo que sexa usado por mais xente que nos mesmos e 
  asimilados (estudiantes de informática)
 
   Que sexa usado o qué? O Netscape? As traduccións?

Linux en galego


  Disgresion: pensade que pasaría se tivesemos traducido gcc, libc, etc., e 
  non tivesemos o bash. Que os programadores estarian contentos e os 
  usuarios non, e cal é a ratio usuarios/programadores no mundo Windows, e 
  no mundo linux?
 
   E logo que lle pasa ó bash? Eu cría que o GNU bash tiña licencia GPL
 :-m Non entendo ese símil... Eu uso o bash seguido, é unha desas cousas
 imprescindibles, pero o Netscape non... E non creo eu que un usuario de
 Linux deses que dis ti teñan o Netscape facendo de intérprete de comandos...
   Por qué che parece tan básico o netscape? Só 

gv

1999-10-23 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Acabo de traducir gv ó galego, ben non todo, faltanme tres ou catro cousas.
Mándovos un ficheiro de recursos X, podedes copialo no .Xdefaults ou 
mellor poñelo en /usr/X11R6/lib/X11/gl_ES/app-defaults/ o nome que ten que 
ter é GV . Si optades por esta última opción debedes poñer LANG=gl_ES
Sempre que usedes Xfree86 :-)

As cousas que faltan acabareinas cando me conteste o autor a un par de 
preguntas. :-)

Estou a recoller información sobre os recursos X, se algún de vos 
controla, decirmo. Cando teña algo definitivo intentarei facer un 
pequeno texto que explique como funcionan.

Xaquin

-- cortar aquí --

!GV galego versión alpha

GV*infoPopup.title: Mensaxes GhostScript 
GV*infoPopup.geometry:  +50+50

!# Dialog Popup

GV*dialogPopup.title:   Diálogo
GV*dialogPopup*message.internalHeight:  2
GV*dialogPopup*message.internalWidth:   8
GV*dialogPopup*defaultDistance: 2

!# Note Popup

GV*notePopup.title: Mensaxe
GV*notePopup*message.internalHeight:6
GV*notePopup*message.internalWidth: 8

!# Confirm Popup

GV*confirmPopup.title:  Confirmación
GV*confirmPopup*Label.internalHeight:   6
GV*confirmPopup*Label.internalWidth:8

!# OptionsSetup Popup

GV*optionfsPopup.title: Opcións de selección de ficheiro
GV*optionfsPopup*defaultDistance:   2
GV*optionfsPopup*Text*leftMargin:   8
GV*optionfsPopup*filters.Margin:8
GV*optionfsPopup*dirs.Margin:   8
GV*optionfsPopup*filters.height:120
GV*optionfsPopup*dirs.height:   120

!# OptionsGS Popup

GV*optiongsPopup.title: Opcións de Ghostscript
GV*optiongsPopup*defaultDistance:   2
GV*optiongsPopup*Text*Margin:   5

!# OptionsGV Popup

GV*optiongvPopup.title: Opcións gv

!# OptionsSetup Popup

GV*optionsetupPopup.title:  Opcións configuración
GV*optionsetupPopup*defaultDistance:2
GV*optionsetupPopup*Text*leftMargin:8
GV*optionsetupPopup*scales.Margin:  8
GV*optionsetupPopup*scalesFrame.forcedWidth:230
GV*optionsetupPopup*mediasFrame.forcedWidth:240
GV*optionsetupPopup*mediasFrame.forcedHeight:   400

!# Panner

GV*pannerFrame.frameType:   sunken
GV*pannerFrame.hSpace:  0
GV*pannerFrame.vSpace:  0

GV*panner.background:   gray65
GV*pannerFrame.shadowWidth: 1
GV*pannerFrame.topShadowPixel:  gray90
GV*pannerFrame.bottomShadowPixel:   gray40
GV*panner.width:50
GV*panner.height:   50

GV*slider.background:   gray78
GV*slider.shadowWidth:  1
GV*slider.topShadowPixel:   gray90
GV*slider.bottomShadowPixel:gray40


!# Miscellaneous

GV*stateButton*menu*leftMargin: 20
GV*orientationButton*menu*leftMargin:   20
GV*pagemediaButton*menu*leftMargin: 20
GV*scaleButton*menu*leftMargin: 20
GV.control.prevPage*internalHeight: 4
GV.control.nextPage*internalHeight: 4
GV*locator*internalHeight:  3
GV.control.Button*internalWidth:0

!
!# Labels
!

GV*cancel.Label:Cancelar
GV*dismiss.Label:   Anular
GV*apply.label: Aplicar
GV*copyright.Label: Copyright
GV*quit.Label:  Sair
GV*fileButton.Label:Ficheiro
GV*open.Label:  Abrir ...
GV*reopen.Label:Reabrir
GV*update.Label:Actualizar
GV*printAllPages.Label: Imprimir documento ...
GV*printMarkedPages.Label:  Imprimir páxinas marcadas ...
GV*saveAllPages.Label:  Grabar documento ...
GV*saveMarkedPages.Label:   Grabar páxinas marcadas ...
GV*stateButton.Label:   Estado
GV*stop.Label:  Parar interprete
GV*dsc.Label:   Respetar a estructura do documento
GV*eof.Label:   Ignorar EOF
GV*antialias.Label: Suavizado
GV*watchFile.Label: Ver ficheiro
GV*showTitle.Label: Amosar título
GV*pixmap.Label:Backing Pixmap
GV*size.Label:  Redimensionamento automático
GV*watch.Label: Ver ficheiro
GV*optionsgv.Label: Opcións gv...
GV*optionsfs.Label: Opcións de selección de ficheiro ...
GV*optionsgs.Label: Opcións de Ghostscript ...
GV*optionssetup.Label:  Opcións de configuración ...
GV*pageButton.Label:Páxina
GV*next.Label:  Seguinte
GV*show.Label:   

Ferramentas

1999-10-09 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Xa por fin teño a miña potato andando e quero empezar a traducir algo.
Pensei que me sería moi util poder ver con facilidade o que xa se fixo en
galego, portugués, e español. A cuestion é como fago para facilmente (non
son informático ;-) ) poder buscar unha palabra ou expresion en todolos pot
dos tres idiomas ou dun idoma so e ter como resultado as mensaxes
orixinarias e as traducidas ó lado.
Non sei se me explico:
Quero traducir a expresion x e busco esa expresion en todolos pot
galegos, teño como resultado as mensaxes orixinais e as traducidas nas que
apareza a expresion, e caso de necesitalo faría o mesmo co resto dos idiomas.

¿vos como facedes?

Xaquin

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Isto � a merda

1999-10-09 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

On Wed, 6 Oct 1999, Jacobo Tarrio wrote:

  Acabo de ver en www.es.gnu.org que hai traduccións da GPL a outros
 idiomas... e vexo que hai unha en galego, sorrío :-) e premo, sospeitando
 que cun 75% de probabilidades iso irá en reintegracionista AKA portugués...
 e xusto (http://members.xoom.com/RamonFlores/GNU/gpl.html).
 
  ¿Facemos nós, para combatela, a nosa propia versión en galego normativo
 da traducción da GPL (é dicir, traducímola dende cero), e enviámola a FSF,
 como galego normativo, dicíndolles que o outro usa unha gramática
 reintegracionista tan cerrada que ainda non se sabe se é portugués ou
 galego? :DD


Eu deixaria a cousa como está. Creo que so ten valor legal a version 
inglesa, e ainda que así non fose, non paga a pena pasar o traballo de 
traducir esa morea de texto.
Por outro lado deberiamos manter unha actitude de tolerancia coa xente 
que usa outra normativa, ainda que o proxecto parte do uso da normativa 
oficial. Parece que a medio prazo vaise a unha normativa de consenso. 
(hai dias Nogueira falou en portugues en Bruselas e Casares dixo que a 
normativa do galego estaba aillando o idioma, e supoño que esto é 
sintomático).

Xaquin

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Netscape?

1999-10-09 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Alguén sabe como se internacionaliza o Netscape de Unix?
Parece que modificar Netscape.ad non chega.


Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


locales + Xwindow

1999-10-09 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Sabedes si Xwindow colle as locales do sistema ou necesita locales propias?
Hai aplicacions X que non usan gettext pero poden internacionalizarse, 
exemplo Xfig, pero non teño claro como.

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re:GNOME_e_est...(lingua)

1999-09-30 Conversa Xaquin Lores Torres
Respecto das dubidas linguísticas: 

   ¿E para qué? ¡Se é un cabeza tola!  Esquécese de min ós dous
 minutos de ter falado comigo. X')))
 
   (Por certo, a ver se alguén pódeme explicar un pouquiño a
 legalidade deses verbos pseudo-compostos co verbo ter) O:)

Exemplos sacados do Manual de linguaxe administrativa:

Correctos:
temos feito a conta (varias veces)
alegrome de ter falado contigo do asunto
xa terá pasado dos noventa
temos feita a conta (xa está rematada)

Incorrectos:
temos publicado onte a resolucion (debería ser publicamos)
poderan concursar aqueles que tiveran pagado (sería pagasen)


   É unha calculadora desas con linguaxe propio, e que che fai a
 comida con un pouco de sorte.  I esta si que está activa. :-)
 
   (Xa que estamos, outra dúbida.  ¿Cando hai que poñer i no lugar
 de e? ¿Algunha vez, nunca?)

Sacado do Dicc. de dúbidas da lingua (galaxia) 

i: a conxunción copulativa é sempre e.(...) Graficamente representaremola 
sempre e, ...

Por certo este dicc. é moi recomendable.

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)

1999-09-30 Conversa Xaquin Lores Torres


On Wed, 29 Sep 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

 O cal é unha incoherencia, pois E era moi bo... é unha cacofonía similar 
 ó feito de en español dicir el agua en vez de la agua, que non e un 
 sustantivo
 masculino, senon que emprega o artigo masculino para evitar a superposición 
 dos
 fonemas, por eso penso que aínda que diga graficamente representarase sempre 
 como e
 debería dicir explicitamente aínda que na fala estea permitido empregar i,
 que supoño que non o di.

Ben, non son filologo, pero a min ensinaronme que en galego o e non fai 
cacofonía. Transcribo toda a entrada:

i,conx.e. A conxuncion copulativa galega é sempre e. Dialectalmente 
existen duas áreas con estas realizacións fonéticas: unha con /E/ aberto 
sempre e outra con /E/ aberto diante de consoante e con semiconsoante /j/ 
diante de vocal distinta de /i/. Ambolos dous tipos de pronuncias son 
válidos pero é totalmente inadmisible a realización como /i/ vocálico en 
todalas posicións propia de algúns neofalantes e de pronuncias esnobistas.
Graficamente representarémola sempre e, mesmo nos casos en que precede as 
vocais anteditas, tal como prescriben as normas académicas. (...sigue con 
detalles).


 Por certo este dicc. é moi recomendable.
 
 
 Supoño que para empregar a regla oficial como un fanático si.

¿Estas decindo que son fanático? 

Aportei este dato porque o tiña a man, e porque o libro en cuestion 
merece consideracion porque non so se dedica a poñer a caldo ós lusistas 
senon que en moitos casos aporta informacion util a todos (incluidos 
estes ultimos).

Agora acabo de consultar o dicc. de Estravís, outra fonte digna de 
respeto, ainda que peque do contrario, e non recolle o i como conxunción 
copulativa.
E de paso mirei tamen o dicc. portugués/español da Porto Ed. e tampouco 
recolle este uso do i.

E sacando algo positivo de todo esto, que tal si alguén, por exemplo eu, 
ou mellor, si varios, se deican a recopilar fontes que poidan ser de 
utilidade, con comentarios que permitan un uso racional (quero decir 
poñer en claro de que pe coxean) :-)

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Mais cousas

1999-09-26 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Acabo de ver unha web que parece moi interesante, chamase Simple End User 
Linux http://www.seul.org
Creo que deberiades mirar o manifesto e o borrador de FAQ, mais que nada 
porque penso moi parecido a eles e así afórrome de decir moitas cousas ;-))

Basicamente queren conseguir que linux sexa unha opcion válida para un 
usuario normal.

Item mais, o seu esquema de organización é interesante, traballan en 
grupos autónomos de forma coordinada. Teñen un dominio seul.org e logo 
cada grupo ten o seu subdominio. (OLLO, non quero decir que esa sexa a 
opcion que me parece mais adecuada para o noso problema :-)) 

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Conferencia de LuCAS

1999-09-23 Conversa Xaquin Lores Torres
Boteille uha ollada a conferencia, é moi interesante.

Seguindo co tema do linux-galego estiven a pensar algunhas cousas.
Espero que sirvan como punto de partida para discutir o proxecto, e facer 
algo tanxible rapidamente. :-)


Aparte de críticas a algún punto determinado gustariame que désedes a 
vosa opinión sobre o conxunto, sobre as posibilidades de reais de facer algo.


1.-Situación actual:

Sobre Galicia.
-poucos galegos: 3.000.000
-poucos ordenadores
-pouca xente conectada
-poboación dispersa, conflicto Coruña/Stgo./Vigo
-atomización de esforzos (moitos pequenos grupos desconectados en 
informática: xis, linux, inf. educ., etc)
-non hai publicacións galegas sobre informática
-conflicto de normativa ortográfica
-non hai apoio das Admons. (soft en castelan, uso de formatos .doc, etc)
-primeiras instalacións de linux de empresas (san luis) e Admons. (Dip. 
coruña)
-windows ven preinstalado, o win2000 terá galego.

Sobre linux.
-pouco amigable comparado con Win
-non preinstalado
-non libros á venda (cada vez mais)
-faltanlle aplicacions de usuario final (Access, corel, fontes, etc)
-non formación
-non soporte en empresas galegas.


2.-Elementos desexables no proxecto

-Ter en conta como destinatario de todo o traballo ó usuario normal, 
non informático.
-Actuar en Internet e fora dela.
-Integrar grupos e sectores distintos: grupos de linux, Admon, escolas, 
traductores, filologos, periodistas, xente de empresa, etc.
-Equilibrio entre complexidade e flexibilidade. Certo grado de liberdade 
apra os integrantes.
-Non limitarse a traducir, crear programas/paquetes necesarios.
-Priorizar traballos, haberá que crear un plan de traballo.


3.-Meta

Un sistema operativo en galego, para o galego, para Galicia. Esto último 
quere decir en Admon, escola, uso particular, etc. partindo da realidade 
galega.


4.-Web linux-galego

Punto de encontro de interesados en linux en Galicia. Non duplicar o 
traballo de outros proxectos (anuncios de novos programas, etc).
Estructura parecida a hispalinux, con grupos dentro que actuan con 
liberdade, de forma coordinada.

Dar:
-últimas versions de traduccións
-paquetes para galeguizar as distribucións
-información para galeguizar unha instalación
-información para comprar, formarse, conseguir soporte, etc. en Galicia
-noticias linux en galicia (serían poucas :-))
-apoio ó traballo dos grupos
--coordinación
--comunicación
--ferramentas
--materiais (dicc.,normas, etc)
--automatizacion (cvs, infslug, etc)


5.-Usuarios

Persoas que queiran:
-ver de que vai linux
-traballar en galego con ordenadores
-información para comprar, instalar, formarse, ter soporte, etc. en Galicia
-galeguizar a sua instalación
-axudar a traducir, coordinar, documentar, crear ferramentas, etc.


6.-Pasos a seguir

-poñernos de acordo en iniciar o proxecto
-definir características básicas (grupos, contidos, etc.)
-buscar apoios en filoloxia, marketing, periodismo, deseño, e sobretodo 
en xestión de proxectos.
-buscar servidor e dominio.
-definir responsabilidades
-crear un plan de traballo comun e outro para cada grupo.


Ben, xa me contaredes como o vedes

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: justify

1999-09-23 Conversa Xaquin Lores Torres

   Cómo estades a traducir Justify ?
   Por exemplo, teño que traducir Left-justify e non sei se é válido
 por Xustificación á esquerda :-?

¿Serviría Aliñar á esquerda ou Aliñar pola esquerda ?

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: GzLiNuX

1999-09-20 Conversa Xaquin Lores Torres
A min pareceme ben, moi ben. Non ten sentido que sexan proxectos 
descoordinados.
Xuntos podemos conseguir sinerxias que doutra forma serían imposibles.
Propoño algo así como www.linux-galego.org, linux-galicia, galinux, etc.

 antes de nada, se alguén lle molesta que estea nesta lista ou tal que o
 diga, e que me propoña outros métodos para comunicármonos.

A min non me molesta, agrádame.

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe