Hola

Xa por fin teño a miña potato andando e quero empezar a traducir algo.
Pensei que me sería moi util poder ver con facilidade o que xa se fixo en
galego, portugués, e español. A cuestion é como fago para "facilmente" (non
son informático ;-) ) poder buscar unha palabra ou expresion en todolos pot
dos tres idiomas ou dun idoma so e ter como resultado as mensaxes
orixinarias e as traducidas ó lado.
Non sei se me explico:
Quero traducir a expresion "xxxxx" e busco esa expresion en todolos pot
galegos, teño como resultado as mensaxes orixinais e as traducidas nas que
apareza a expresion, e caso de necesitalo faría o mesmo co resto dos idiomas.

¿vos como facedes?

Xaquin

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a