Boteille uha ollada a conferencia, é moi interesante.

Seguindo co tema do linux-galego estiven a pensar algunhas cousas.
Espero que sirvan como punto de partida para discutir o proxecto, e facer 
algo tanxible rapidamente. :-)


Aparte de críticas a algún punto determinado gustariame que désedes a 
vosa opinión sobre o conxunto, sobre as posibilidades de reais de facer algo.


1.-Situación actual:

Sobre Galicia.
-poucos galegos: 3.000.000
-poucos ordenadores
-pouca xente conectada
-poboación dispersa, conflicto Coruña/Stgo./Vigo
-atomización de esforzos (moitos pequenos grupos desconectados en 
informática: xis, linux, inf. educ., etc)
-non hai publicacións galegas sobre informática
-conflicto de normativa ortográfica
-non hai apoio das Admons. (soft en castelan, uso de formatos .doc, etc)
-primeiras instalacións de linux de empresas (san luis) e Admons. (Dip. 
coruña)
-windows ven preinstalado, o win2000 terá galego.

Sobre linux.
-pouco amigable comparado con Win
-non preinstalado
-non libros á venda (cada vez mais)
-faltanlle aplicacions de usuario final (Access, corel, fontes, etc)
-non formación
-non soporte en empresas galegas.


2.-Elementos desexables no proxecto

-Ter en conta como destinatario de todo o traballo ó usuario "normal", 
non informático.
-Actuar en Internet e fora dela.
-Integrar grupos e sectores distintos: grupos de linux, Admon, escolas, 
traductores, filologos, periodistas, xente de empresa, etc.
-Equilibrio entre complexidade e flexibilidade. Certo grado de liberdade 
apra os integrantes.
-Non limitarse a traducir, crear programas/paquetes necesarios.
-Priorizar traballos, haberá que crear un plan de traballo.


3.-Meta

Un sistema operativo en galego, para o galego, para Galicia. Esto último 
quere decir en Admon, escola, uso particular, etc. partindo da realidade 
galega.


4.-Web linux-galego

Punto de encontro de interesados en linux en Galicia. Non duplicar o 
traballo de outros proxectos (anuncios de novos programas, etc).
Estructura parecida a hispalinux, con grupos dentro que actuan con 
liberdade, de forma coordinada.

Dar:
-últimas versions de traduccións
-paquetes para galeguizar as distribucións
-información para galeguizar unha instalación
-información para comprar, formarse, conseguir soporte, etc. en Galicia
-noticias linux en galicia (serían poucas :-))
-apoio ó traballo dos grupos
--coordinación
--comunicación
--ferramentas
--materiais (dicc.,normas, etc)
--automatizacion (cvs, infslug, etc)


5.-Usuarios

Persoas que queiran:
-ver de que vai linux
-traballar en galego con ordenadores
-información para comprar, instalar, formarse, ter soporte, etc. en Galicia
-galeguizar a sua instalación
-axudar a traducir, coordinar, documentar, crear ferramentas, etc.


6.-Pasos a seguir

-poñernos de acordo en iniciar o proxecto
-definir características básicas (grupos, contidos, etc.)
-buscar apoios en filoloxia, marketing, periodismo, deseño, e sobretodo 
en xestión de proxectos.
-buscar servidor e dominio.
-definir responsabilidades
-crear un plan de traballo comun e outro para cada grupo.


Ben, xa me contaredes como o vedes

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a