Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-06-16 Conversa Miguel Bouzada
Sobre o tema:

*Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

Despois do falado sobre o caso de «Centro de control de software» e outros
casos que teñen relación coa ferra,menta «apt» buscando alternativas
decateime de que estamos a esquecer unha opción...

Suprimir

segundo Digalego
  *1* * * *v t*  Facer desaparecer algo ou alguén.
*2* * * *v t*  Facer que algo deixe de existir.  *SIN:
*eliminar. aínda
que sexan sinónimos, (IMHO) poden ser útiles para diferenciar ambos casos

Para min a dúbida seria cal das dúas sería a máis acaída

Remove → Suprimir
Delete → Eliminar

ou

Remove → Eliminar
Delete → Suprimir

a ter en consideración: a tecla «Del» nos teclados en «_ES» ven como «Supr»

Ter en conta tamén o esforzo de unificación que pode levar, xa que «remove»
adoita empregarse menos (ou esa é a miña sensación)


2011/6/9 Antón Méixome cert...@certima.net

 Envío o comentario sobre algunhas


 0
 - check
 propostas:
 (vbo)verificar, comprobar, confirmar, revisar, corrixir

 Actualmente a tradución máis habitual é verificar, pero o sentido galego de
 verificar é a indicación de se algo é/non é verdade. Probablemente se
 trate dunha extensión abusiva a partir de caixa de verificación, caixa de
 comprobación, que consiste nunha marca de activar/desactivar unha opción. A
 partir de aí estendeuse a todo o que supoña a elección e ás accións
 relativas á confirmar o estado dunha opción. É un anglicismo con potencial
 expansivo como se pode comprobar en español americano co uso de checar.
 Neste sentido máis xeral, a palabra non marcada sería comprobar

 Outro uso diferente é o relativo aos motores de gramaticais e ortográficos.
 Nese contexto, verificar é claramente un anglicismo innecesario xa que en
 galego común indícase como corrixir. Non hai diferenza entre o
 spell/grammar check, que serán denominados corrección
 ortográfica/gramatical.

 Para evitar os usos abusivos e o anglicismo

 acórdase:

 -  comprobar (cando se trate de facer unha acción): comprobar se o
 ficheiro está en uso
 -  revisar (cando se trate dunha configuración, opción): revisar se as
 maiúsculas están activadas
 -  corrixir (cando se trate de executar unha función): corrixir a
 ortografía dun texto

 -  verificar  conforme os usos xerais

 DRAG
 v.t. 1. Face-las probas precisas para ver se [unha cousa] é verdadeira, ou
 se é cómo debe de ser. A policía verificou a declaración da testemuña. CF.
 confirmar.Hai que verifica-la calidade do ouro. SIN. contrastar.Verificar un
 peso. SIN. comprobar. 2. Examinar [algo] para comprobar que está en perfecto
 estado e que funciona. Verifica-los freos do coche. Verificar un motor. 3.
 Demostrar por medio de argumentos e probas que [unha cousa] é verdade. Esta
 proba verifica que o acusado estaba no lugar do crime. SIN. confirmar. //
 v.p. 4. Ser [unha cousa] ou ocorrer tal como se predixera. As prediccións do
 tempo verificáronse. SIN. cumprirse.

 relacionadas:
 - (checkbox) caixa de verificación  caixa de selección (está tradución non
 foi confirmada na Trasnada, podería optarse tamén por caixa de control ou
 caixa de opción)
 - suma de verificación  suma de comprobación (está tradución si foi
 confirmada na Trasnada)
 - (make sure) verifique  asegúrese de
 - (checking)  comprobación, pero con casos especiais como checking
 sequence  control de secuencia, ou paritiy check  control de paridade, xa
 que aquí o valor conceptual é diferente en inglés.

 =

 - environment

 Computing  an operating system, program, or integrated suite of programs
 that provides all the facilities necessary for a particular application: a
 word-processing environment

 propostas:
 (nome) contorno, entorno, contorna, ambiente

 Nota prescindible:
 É o caso máis complexo que nos podemos atopar pero para a tradución
 informática necesitamos precisión e coherencia e que as propostas neolóxicas
 sexan directas e non choquen cos usos xerais. Desde un punto de vista
 estritamente filolóxico, ambiente ou medio terían sido as solucións
 ideais, adaptando a metáfora ao eido informático, pero encontrámonos con que
 esa palabra xa en inglés presenta múltiples acepcións, e algunhas delas
 teñen equivalentes con outras palabras xa existentes en galego, que tamén
 teñen a súa historia e múltiples acepcións. E ademais xa se produciu unha
 complexa especialización. Temos un problema terminolóxico, non filolóxico.

 + environment, medio ... 
 + environmental, ambiental ... 
 + environmentalism, ecoloxismo ... 
 + environmentalist, ecoloxista ... 

 Por outro lado o valor xeral que intenta transmitir non é exclusivo da
 ciencia informática e xa se asentou hai tempo na lingua no campo das
 ciencias naturais e sociais. O que antes era campo agora é medio natural ou
 

Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-06-08 Conversa Antón Méixome
Envío o comentario sobre algunhas

0
- check
propostas:
(vbo)verificar, comprobar, confirmar, revisar, corrixir

Actualmente a tradución máis habitual é verificar, pero o sentido galego de
verificar é a indicación de se algo é/non é verdade. Probablemente se
trate dunha extensión abusiva a partir de caixa de verificación, caixa de
comprobación, que consiste nunha marca de activar/desactivar unha opción. A
partir de aí estendeuse a todo o que supoña a elección e ás accións
relativas á confirmar o estado dunha opción. É un anglicismo con potencial
expansivo como se pode comprobar en español americano co uso de checar.
Neste sentido máis xeral, a palabra non marcada sería comprobar

Outro uso diferente é o relativo aos motores de gramaticais e ortográficos.
Nese contexto, verificar é claramente un anglicismo innecesario xa que en
galego común indícase como corrixir. Non hai diferenza entre o
spell/grammar check, que serán denominados corrección
ortográfica/gramatical.

Para evitar os usos abusivos e o anglicismo

acórdase:

-  comprobar (cando se trate de facer unha acción): comprobar se o ficheiro
está en uso
-  revisar (cando se trate dunha configuración, opción): revisar se as
maiúsculas están activadas
-  corrixir (cando se trate de executar unha función): corrixir a
ortografía dun texto

-  verificar  conforme os usos xerais

DRAG
v.t. 1. Face-las probas precisas para ver se [unha cousa] é verdadeira, ou
se é cómo debe de ser. A policía verificou a declaración da testemuña. CF.
confirmar.Hai que verifica-la calidade do ouro. SIN. contrastar.Verificar un
peso. SIN. comprobar. 2. Examinar [algo] para comprobar que está en perfecto
estado e que funciona. Verifica-los freos do coche. Verificar un motor. 3.
Demostrar por medio de argumentos e probas que [unha cousa] é verdade. Esta
proba verifica que o acusado estaba no lugar do crime. SIN. confirmar. //
v.p. 4. Ser [unha cousa] ou ocorrer tal como se predixera. As prediccións do
tempo verificáronse. SIN. cumprirse.

relacionadas:
- (checkbox) caixa de verificación  caixa de selección (está tradución non
foi confirmada na Trasnada, podería optarse tamén por caixa de control ou
caixa de opción)
- suma de verificación  suma de comprobación (está tradución si foi
confirmada na Trasnada)
- (make sure) verifique  asegúrese de
- (checking)  comprobación, pero con casos especiais como checking sequence
 control de secuencia, ou paritiy check  control de paridade, xa que aquí
o valor conceptual é diferente en inglés.

=

- environment

Computing  an operating system, program, or integrated suite of programs
that provides all the facilities necessary for a particular application: a
word-processing environment

propostas:
(nome) contorno, entorno, contorna, ambiente

Nota prescindible:
É o caso máis complexo que nos podemos atopar pero para a tradución
informática necesitamos precisión e coherencia e que as propostas neolóxicas
sexan directas e non choquen cos usos xerais. Desde un punto de vista
estritamente filolóxico, ambiente ou medio terían sido as solucións
ideais, adaptando a metáfora ao eido informático, pero encontrámonos con que
esa palabra xa en inglés presenta múltiples acepcións, e algunhas delas
teñen equivalentes con outras palabras xa existentes en galego, que tamén
teñen a súa historia e múltiples acepcións. E ademais xa se produciu unha
complexa especialización. Temos un problema terminolóxico, non filolóxico.

+ environment, medio ... 
+ environmental, ambiental ... 
+ environmentalism, ecoloxismo ... 
+ environmentalist, ecoloxista ... 

Por outro lado o valor xeral que intenta transmitir non é exclusivo da
ciencia informática e xa se asentou hai tempo na lingua no campo das
ciencias naturais e sociais. O que antes era campo agora é medio natural ou
ecosistema, ou o que era o tempo agora tamén é o ambiente. Produciuse pois
unha readaptación dunha longa serie de palabras, a través de múltipes
matices que hoxe están moi cargadas de connotacións que non podemos
esquecer: ámbito e ambiente, veciñanza e medio, etc.

Resultaría moi chocante, confuso, para os falantes falarmos do ambiente dun
aplicativo (hai que estar de bo humor para manexalo?) e se falamos de
configurar o ambiente do escritorio pensariamos antes en decoración de
interiores que en instalar a plataforma java. Por esa razón, os tradutores
informáticos, buscaron desde sempre en galego unha alternativa e optaron
basicamente por dúas solucións: entorno e contorno.

Se o que nos rodea é o contorno, porque *entorno é castelanismo, entón
contorno deberia funcionarnos ben. A cuestión que debatemos é que contorno
presenta problemas porque ten acepcións confusas. Se contrastamos as
definicións da RAG (máis abaixo), vemos que non nos queda ningunha saída
produtiva e a ningún se nos escapa que usar contorno no sentido que
buscamos resulta forzado porque choca co 

Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-06-01 Conversa damufo



En 2011/06/01 12:14, Miguel Bouzada escribiu:



2011/5/30 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com

Pregunta que formulei no debate, se eu fago un «proceso» nun
ficheiro tal que «sudo nano pepito.conf ou # nano pepito.cof»
pensando que teño que «modificar» a opción -g por -G na liña
tropecentos... e chego e xa teo aí o -G, polo que non modifico
nada, o que fixen foi ... modificar ou ediar o ficheiro? e
engadín... neste momento o falso amigo é máis concreto, haberá
que buscar unha solución. Creo que «modificar» implica unha
acción, non unha tarefa, de xeito que : para modificar un
ficheiro tes que «editalo» (buscar mellor expresión para editar)

Pois se o que se fixo foi abrilo, visualizalo/revisalo/comprobalo,
e como xa estaba correcto, pechalo. Eu entendo que non se
modificou o contido. O de editarse depende de se foi publicado.

O dicionario da RAG di:
editar v.t. Publicar e poñer á venda [unha obra escrita]. CF.
publicar.

O estraviz tampouco recolle o uso de editar como modificar
http://www.estraviz.org/editar

O digalego penso que é o único que recollía (digo recollía porque
agora penso que non aberto ao público) editar como modificar,
grazas a ser un falso amigo.


*3* ** /v t/ *INFORM* Preparar os datos para operacións posteriores.

http://www.digalego.com/diccionario/Html/muestra_palabra_utf.php?op=verbuscado=editar 
http://www.digalego.com/diccionario/Html/muestra_palabra_utf.php?op=verbuscado=editar


segundo a RAE

*5. *tr./Inform./Hacer visible en pantalla un archivo.



Vaia! máis argumentos en contra da escolla Edit-Editar. IMHO ningun 
destes se adapta ben ao que se pretende que é modificar o documento en 
cuestion.


No caso da RAG nin sequera dita visualización tería que permitir a 
modificación, aparte de que está a falar de 'archivo', e se é un artigo 
que é un rexistro dunha base de datos?


Eu non vexo nestas definicións, modificar un documento, texto ou 
ficheiro... que é do concepto que estou a falar.


Outros que tamén o teñen claro son os italianos

http://en.it.open-tran.eu/suggest/edit





En 2011/05/30 13:50, Leandro Regueiro escribiu:

2011/5/30 damufodam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com:

Boas:
Grazas a todos os asistentes.
Mágoa non poder ir. Permitídeme uns comentarios (entre liñas).

En 2011/05/30 00:30, Xosé escribiu:

Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas
apremiantes de
refrendar termos que por momentos parecían ansias
galopantes. Leandro quedou
co árduo labor de elaborar todos os acordos e
presentalos. Ademais del,
quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu)
preparamos ben a lista de
termos para discutir que el presentara con días de
antelación. No futuro
faríamos mellor se a levásemos preparada.
Presento aquí as notas que fun tomando para que lle
servan de axuda. Hai
algúns baleiros que espero que axudedes a completar.
Utilicei o texto da
proposta de discusión de Leandro e, para cada termo,
anotei a solución
adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como
as tratadas despois das
20.00, aparecen no fondo.
Xosé

Discusión de terminoloxía
Cuestións de estilo a debater ao comezo

*Terminación en -bel/-ble
+ Decisión: Prefírese -bel/-beis.
+ Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que
esta utilice só a
segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu
momento por Mancomun e
adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e
transmite unha idea de
lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
+ Decisión por unanimidade

*dende/desde
+ Decisión: Só desde; dende é incorrecto
+ Razóns: dende é dialectal e desde é a forma padrón.
+ Decisión por unanimidade

*Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira
letra: «TAB»/«Tab»?
+ Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto.
2) Hai que elaborar
unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG
ditamine cales son os
apropiados.
+ Razóns: Convense en que os nomes das teclas
funcionan como símbolos: non
son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían
levar punto ao final).
Hai dúbidas.
+ Decisión 

Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-06-01 Conversa mvillarino
2011/6/1, Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com:
 El 1 de junio de 2011 13:14, Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com escribió:

 Para retallo

 http://www.digalego.com/diccionario/Html/muestra_palabra_utf.php?op=verbuscado=retallo

 * retallar*
 *1* * * *s* *m* Cada un dos anacos dunha cousa despois de cortala. *2* * *
 *s* *m* Porción que sobra de algo. *SIN: * retrinco.



 Pois visto así xa non me disgusta portaretallos... ó fin e o cabo é un lugar
 onde almacenas cousas despois de cortalas (pode ser texto, imaxes, etc...
 retrincos de cousas).

 Se son o único en discordia, mantemos o consenso sobre portapapeis (a
 metáfora tamén me parece válida), pero non descartaría que nun futuro volva
 a xurdir a discusión de non xustificármola ben.

Eu tamén prefiro portarretallos: hai moito tempo que neses sitios
poden meterse datos que non son textos (son e imaxe),  polo que o de
papel queda un pouco limitado.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa Fran Dieguez
Ola Marce,

queres que che bote unha man?
-- 
Fran Dieguez lis...@mabishu.com

O Lun, 30-05-2011 ás 11:12 +0200, mvillarino escribiu:
 Vaia !
 
 Tentarei, tentarei, se teño algo de tempo, actualizar o pology con
 estes acordos.
 Non prometo nen a) facelo nen b) resultados bons.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa Leandro Regueiro
2011/5/30 Xosé xoseca...@gmail.com:
 Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
 refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro quedou
 co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
 quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
 termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
 faríamos mellor se a levásemos preparada.

Creo que no futuro vai ser mellor que cada un de nós envíe cinco
cousas para discutir e fago eu unha lista. Malo será que así nin
sequera as investiguemos un pouco. Ademais así tocaremos os temas que
máis vos afecten.

En todo caso intentarei meter as discusións importantes que quedaron
desta Trasnada, como «path».

Pasouseme rexistrar algunhas cousas. Creo que foi debido a que mentres
estaba intentando anotar algún acordo a xente seguiu para adiante
discutindo. Haberá que buscar algunha maneira de mellorar isto,
quizais ca reunión levada por dúas persoas, unha para rexistrar os
acordos e outra para guiar a discusión e detela cando se rexistra
algún acordo.

 Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
 algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
 proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
 adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois das
 20.00, aparecen no fondo.
 Xosé

Moitas grazas. Mirei por riba e comentas xustificacións que non lembraba.

 Discusión de terminoloxía
 Cuestións de estilo a debater ao comezo

 *Terminación en -bel/-ble
 + Decisión: Prefírese -bel/-beis.
 + Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
 segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
 adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
 lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
 + Decisión por unanimidade

 *dende/desde
 + Decisión: Só desde; dende é incorrecto
 + Razóns: dende é dialectal e desde é a forma padrón.
 + Decisión por unanimidade

 *Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
 + Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que elaborar
 unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son os
 apropiados.
 + Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: non
 son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao final).
 Hai dúbidas.
 + Decisión por ?

Decidiuse a forma «Tab», «Maiús». Enviarei noutro fío un TBX no que
agrupei as listas de nomes de teclas que atopei en dúas guías de
estilo e que teño en TBX. Podemos empezar a traballar sobre esa base,
pero máis alá de enviarvos ese TBX non me comprometo a máis que co
traballo que xa tiña e o de redactar os acordos da Trasnada xa teño
para varias semanas.



 *Remove, delete, erase, clean
 + Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
   Remove: Retirar
   Delete: Eliminar
   Erase: Borrar
   Clean: Limpar

Eu teño anotado que se fixaba como consenso e que se usaria desde xa.
Se aparecía algún problema avisariase na lista e inmediatamente se
suspendería a implantación deste acordo ata a súa discusión urxente na
próxima Trasnada. Hai que comentar que esta proposta é de Bouzada e
Méixome que a probaron durante algún tempo sen ter atopado problemas.

 * firewall: devasa
 + Decisión: firewall tradúcese como devasa
   cortalumes é un castelanismo; firewall é un anglicismo que hai que
 explicar (polo tanto, ineficaz).
 + Razóns: Os firewall realizan funcións que se describen con esta
 metáfora; en galego, ao termo firewall correspóndelle devasa, que
 carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo é
 moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.

 *password, passphrase
 + Decisión: password tradúcese como contrasinal (substantivo masculino);
 passphrase: frase de paso
 + Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
 palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que indica
 a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
 longa que a primeira. Contrasinal é o termo empregado tradicionalmente na
 tradución de password; frase de paso, aínda que non mantén a relación
 morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.

 *keyword
 + Decisión:
   keyword: palabra clave no contexto de buscas. Unha keyword é unha
 palabra que é relevante nun contexto.
   keyword: palabra chave para accesos. Unha keyword é como un
 contrasinal.
 + Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
 tradución de keyword como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal, ou
 unha clave remiten a un segredo, mentres que chave se refire a algo
 físico, como un ficheiro.


 *update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
 + Decisión:
   update: actualizar, actualización
   upgrade: anovar, 

Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa damufo

Boas:
Grazas a todos os asistentes.
Mágoa non poder ir. Permitídeme uns comentarios (entre liñas).

En 2011/05/30 00:30, Xosé escribiu:
Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de 
refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro 
quedou co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. 
Ademais del, quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) 
preparamos ben a lista de termos para discutir que el presentara con 
días de antelación. No futuro faríamos mellor se a levásemos preparada.
Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. 
Hai algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o 
texto da proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a 
solución adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as 
tratadas despois das 20.00, aparecen no fondo.

Xosé

Discusión de terminoloxía
Cuestións de estilo a debater ao comezo

*Terminación en -bel/-ble
+ Decisión: Prefírese -bel/-beis.
+ Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a 
segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun 
e adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea 
de lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.

+ Decisión por unanimidade

*dende/desde
+ Decisión: Só desde; dende é incorrecto
+ Razóns: dende é dialectal e desde é a forma padrón.
+ Decisión por unanimidade

*Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
+ Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que 
elaborar unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG 
ditamine cales son os apropiados.
+ Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: 
non son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto 
ao final). Hai dúbidas.

+ Decisión por ?

*Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

Vaites! o de Delete-Eliminar (sorpréndeme)



* firewall: devasa
+ Decisión: firewall tradúcese como devasa
  cortalumes é un castelanismo; firewall é un anglicismo que hai 
que explicar (polo tanto, ineficaz).
+ Razóns: Os firewall realizan funcións que se describen con esta 
metáfora; en galego, ao termo firewall correspóndelle devasa, que 
carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O 
termo é moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.


*password, passphrase
+ Decisión: password tradúcese como contrasinal (substantivo 
masculino); passphrase: frase de paso
+ Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas 
palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que 
indica a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que 
pode ser máis longa que a primeira. Contrasinal é o termo empregado 
tradicionalmente na tradución de password; frase de paso, aínda 
que non mantén a relación morfolóxica, transmite perfectamente a 
diferenza entre os dous conceptos.


*keyword
+ Decisión:
  keyword: palabra clave no contexto de buscas. Unha keyword é 
unha palabra que é relevante nun contexto.
  keyword: palabra chave para accesos. Unha keyword é como un 
contrasinal.
+ Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade 
da tradución de keyword como contrasinal. Conveuse en que un 
contrasinal, ou unha clave remiten a un segredo, mentres que chave 
se refire a algo físico, como un ficheiro.



*update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
+ Decisión:
  update: actualizar, actualización
  upgrade: anovar, anovación
  downgrade: reverter, reversión
+ Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras 
posibilidades para downgrade, como retroceder.


*rollback
+ Decisión: rollback: regresión, regresar
+ Razóns: é un termo distinto dos utilizados para 
update/upgrade/downgrade que pode transmitir a idea dun proceso 
incompleto do que se volve.


*commit
+ Decisión: commit: remitir, remisión
+ Razóns: correspondencia perfecta entre os termos

*encrypt/encryption/decrypt/decryption
+ Decisión:
  encrypt: cifrar
  encryption: cifrado
  decrypt: descifrar
  decryption: descifrado
+ Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por 
encriptar, que, literalmente, significa meter nunha cripta.


*username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log 
on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign 
up/register/create account

+ Decisión:
  Concepto crear unha conta que permita un acceso con determinados 
privilexios (sign up, register): crear unha conta
  Concepto Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade (sign 
in/on, log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, 
barallando tal vez: acceder, entrar/saír
+ Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as 
mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode 
entrar, etc.



Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
teño case rematado o glosario cos acordos en formato TBX, pero sen
xustificacións, nin definicións nin traducións prohibidas, o que me
levará algunhas semanas máis poñerlle. Necesitaría que se aclararan as
dúbidas sobre estes puntos que vin nas notas de Xosé antes de
enviarvos o TBX con todos os acordos e que vos poñades a traballar:

* «file = «enviar» quedou fixado?
* «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?
* «file package» = «paquete de ficheiros» era un discusión para fixar
ou era unha destas discusión derivadas?
* «daemon»  chegouse a decidir algo?
* «initialize» = «inicializar» falouse e chegouse a fixar?
* «initialization» = «inicialización» falouse e chegouse a fixar?
* «retry» chegouse a decidir algo?
* «support» = «incluír» de onde sae isto?

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa Miguel Bouzada
Tal e como está nas notas de Xosé non se fixo (nin fai) ningunha relación a
fixar  file→enviar

*file/archive
+ Decisión:
 file: ficheiro
 archive: arquivo, arquivar
* file (verbo), como en file a report: enviar un informe de erro; informar
dun erro -- por decidir*
+ Razóns: A diferenza entre un ficheiro normal (file) e un comprimido
(archive), polo menos aos ollos dun usuario, é clara.

*bug report
+ Decisión: provisorialmente: bug report: informe de erro -- para o futuro,
ver se é erro ou fallo ou falla
+ Razóns: Existen dúbidas sobre se fallo é realmente galego


 «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?  → entendo que SI

«file package» = «paquete de ficheiros» era un discusión para fixar ou era
unha destas discusión derivadas?   → entendo que aínda que foi derivada SI
se fixou

«daemon»  chegouse a decidir algo?  → entendo que NON, na miña opinión
quedou no aire se mantre daemon ou camiñar a servizo, e que agás ANtón naide
se plantexa o termo demo/demoño

«initialize» = «inicializar» falouse e chegouse a fixar?  → entendo que SI

«initialization» = «inicialización» falouse e chegouse a fixar?  → entendo
que SI

«support» = «incluír» de onde sae isto? entendo que xa que support non pode
ter unha tradución máis concreta, agás que nunca é soporte/soportar, pode
que alguén coñexa algún caso en que acaia ben, eu nunca o atopei :-)

2011/5/30 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 Ola,
 teño case rematado o glosario cos acordos en formato TBX, pero sen
 xustificacións, nin definicións nin traducións prohibidas, o que me
 levará algunhas semanas máis poñerlle. Necesitaría que se aclararan as
 dúbidas sobre estes puntos que vin nas notas de Xosé antes de
 enviarvos o TBX con todos os acordos e que vos poñades a traballar:

 * «file = «enviar» quedou fixado?
 * «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?
 * «file package» = «paquete de ficheiros» era un discusión para fixar
 ou era unha destas discusión derivadas?
 * «daemon»  chegouse a decidir algo?
 * «initialize» = «inicializar» falouse e chegouse a fixar?
 * «initialization» = «inicialización» falouse e chegouse a fixar?
 * «retry» chegouse a decidir algo?
 * «support» = «incluír» de onde sae isto?

 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa Miguel Bouzada
Pregunta que formulei no debate, se eu fago un «proceso» nun ficheiro tal
que «sudo nano pepito.conf ou # nano pepito.cof» pensando que teño que
«modificar» a opción -g por -G na liña tropecentos... e chego e xa teo aí o
-G, polo que non modifico nada, o que fixen foi ... modificar ou ediar o
ficheiro? e engadín... neste momento o falso amigo é máis concreto, haberá
que buscar unha solución. Creo que «modificar» implica unha acción, non unha
tarefa, de xeito que : para modificar un ficheiro tes que «editalo» (buscar
mellor expresión para editar)

2011/5/30 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2011/5/30 damufo dam...@gmail.com:
  Boas:
  Grazas a todos os asistentes.
  Mágoa non poder ir. Permitídeme uns comentarios (entre liñas).
 
  En 2011/05/30 00:30, Xosé escribiu:
 
  Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
  refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro
 quedou
  co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
  quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista
 de
  termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
  faríamos mellor se a levásemos preparada.
  Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
  algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
  proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
  adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois
 das
  20.00, aparecen no fondo.
  Xosé
 
  Discusión de terminoloxía
  Cuestións de estilo a debater ao comezo
 
  *Terminación en -bel/-ble
  + Decisión: Prefírese -bel/-beis.
  + Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
  segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
  adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
  lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
  + Decisión por unanimidade
 
  *dende/desde
  + Decisión: Só desde; dende é incorrecto
  + Razóns: dende é dialectal e desde é a forma padrón.
  + Decisión por unanimidade
 
  *Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra:
 «TAB»/«Tab»?
  + Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que
 elaborar
  unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son
 os
  apropiados.
  + Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos:
 non
  son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao
 final).
  Hai dúbidas.
  + Decisión por ?
 
  *Remove, delete, erase, clean
  + Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
   Remove: Retirar
   Delete: Eliminar
   Erase: Borrar
   Clean: Limpar
 
  Vaites! o de Delete-Eliminar (sorpréndeme)

 Non sei por que, é unha tradución bastante común durante os últimos anos.

  * firewall: devasa
  + Decisión: firewall tradúcese como devasa
   cortalumes é un castelanismo; firewall é un anglicismo que hai que
  explicar (polo tanto, ineficaz).
  + Razóns: Os firewall realizan funcións que se describen con esta
  metáfora; en galego, ao termo firewall correspóndelle devasa, que
  carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo
 é
  moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.
 
  *password, passphrase
  + Decisión: password tradúcese como contrasinal (substantivo
  masculino); passphrase: frase de paso
  + Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
  palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que
 indica
  a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser
 máis
  longa que a primeira. Contrasinal é o termo empregado tradicionalmente
 na
  tradución de password; frase de paso, aínda que non mantén a
 relación
  morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous
 conceptos.
 
  *keyword
  + Decisión:
   keyword: palabra clave no contexto de buscas. Unha keyword é unha
  palabra que é relevante nun contexto.
   keyword: palabra chave para accesos. Unha keyword é como un
  contrasinal.
  + Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
  tradución de keyword como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal,
 ou
  unha clave remiten a un segredo, mentres que chave se refire a algo
  físico, como un ficheiro.
 
 
  *update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
  + Decisión:
   update: actualizar, actualización
   upgrade: anovar, anovación
   downgrade: reverter, reversión
  + Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras
  posibilidades para downgrade, como retroceder.
 
  *rollback
  + Decisión: rollback: regresión, regresar
  + Razóns: é un termo distinto dos utilizados para
 update/upgrade/downgrade
  que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.
 
  *commit
  + Decisión: commit: remitir, remisión
  + Razóns: correspondencia perfecta entre os termos
 
  

Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-30 Conversa Antón Méixome
Creo que cómpre lembrar que nalgúns casos non falamos de termos, senón
de preferencias e escollas para procurar un estilo de galego
informático máis transversal.

Pola miña parte, concordo con Xosé en que temos que levar máis
debullados os casos a debate. As présas, creo eu, foron de vermos a
inxente cantidade de entradas básicas que aínda non pasaron polo
proceso de elección. Iso agobia.

Probablemente, as trasnadas deben ser para refrendar/mellorar
solucións probadas ou usadas ou nas que haxa dúbidas sobre o consenso.
Para iso temos todos os días e as ferramentas (lista e glósima). O
tempo que temos para vernos é demasiado precioso como para discutirmos
pausadamente. Case case, só deberiamos presentar os casos xa
discutidos, declarar os argumentos e votar. Desa maneira, mesmo a
participación activa remota nos acordos sería posible.

Vou preparar a descrición dos seguintes casos ao meu xeito, e algunhas
outras precisións para axudar a Leandro (a quen non lle envexo o choio
que fai). Creo que xa quedou claro antes o que si que se acordou e o
que non.

- environnement
- height/width/length
- initialize
- support
- change
- check
- edit
--
- desde
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-29 Conversa Xosé
Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro quedou
co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
faríamos mellor se a levásemos preparada.
Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois das
20.00, aparecen no fondo.
Xosé

Discusión de terminoloxía
Cuestións de estilo a debater ao comezo

*Terminación en -bel/-ble
+ Decisión: Prefírese -bel/-beis.
+ Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
+ Decisión por unanimidade

*dende/desde
+ Decisión: Só desde; dende é incorrecto
+ Razóns: dende é dialectal e desde é a forma padrón.
+ Decisión por unanimidade

*Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
+ Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que elaborar
unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son os
apropiados.
+ Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: non
son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao final).
Hai dúbidas.
+ Decisión por ?

*Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

* firewall: devasa
+ Decisión: firewall tradúcese como devasa
  cortalumes é un castelanismo; firewall é un anglicismo que hai que
explicar (polo tanto, ineficaz).
+ Razóns: Os firewall realizan funcións que se describen con esta
metáfora; en galego, ao termo firewall correspóndelle devasa, que
carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo é
moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.

*password, passphrase
+ Decisión: password tradúcese como contrasinal (substantivo masculino);
passphrase: frase de paso
+ Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que indica
a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
longa que a primeira. Contrasinal é o termo empregado tradicionalmente na
tradución de password; frase de paso, aínda que non mantén a relación
morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.

*keyword
+ Decisión:
  keyword: palabra clave no contexto de buscas. Unha keyword é unha
palabra que é relevante nun contexto.
  keyword: palabra chave para accesos. Unha keyword é como un
contrasinal.
+ Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
tradución de keyword como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal, ou
unha clave remiten a un segredo, mentres que chave se refire a algo
físico, como un ficheiro.


*update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
+ Decisión:
  update: actualizar, actualización
  upgrade: anovar, anovación
  downgrade: reverter, reversión
+ Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras posibilidades
para downgrade, como retroceder.

*rollback
+ Decisión: rollback: regresión, regresar
+ Razóns: é un termo distinto dos utilizados para update/upgrade/downgrade
que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.

*commit
+ Decisión: commit: remitir, remisión
+ Razóns: correspondencia perfecta entre os termos

*encrypt/encryption/decrypt/decryption
+ Decisión:
  encrypt: cifrar
  encryption: cifrado
  decrypt: descifrar
  decryption: descifrado
+ Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por encriptar,
que, literalmente, significa meter nunha cripta.

*username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log
on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign up/register/create
account
+ Decisión:
  Concepto crear unha conta que permita un acceso con determinados
privilexios (sign up, register): crear unha conta
  Concepto Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade (sign in/on,
log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, barallando tal
vez: acceder, entrar/saír
+ Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as
mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode
entrar, etc.

*username/user name/login name/login:
+ Decisión: username: nome de usuario
+ Razóns: Hai que unificar todos estes termos que teñen unha razón histórica
no inglés pero non para nós. Hai que ter en conta no futuro a diferenza
entre nome