[Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Miguel Branco

Actualmente estamos facendo: 

Slider -- barra *deslizante (polo menos en KDE)
   -- control desprazable

umm, a ámbalas dúas véxolles inconvenientes

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Leandro Regueiro
2010/3/1 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:

Esta é a ficha que teño para slider:

barra deslizante -- 18
KDE:  17
XFCE:  1

barra -- 15
KDE:  15

deslizador -- 7
GNOME:  6
KDE:  1

escala -- 2
KDE:  2

control desprazábel -- 2
GNOME:  2

control desprazable -- 2
GNOME:  2

control deslizante -- 2
OpenOffice.org:  2

desprazamento -- 2
GNOME:  1
KDE:  1

desprazador de control -- 1
KDE:  1

desprazador -- 1
KDE:  1

deslizamento -- 1
KDE:  1

(WikiMan, Mancomun, Microsoft)
control desprazábel   X X
control desprazable  X
barra de desprazamento  X
control deslizante  X

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Antón Méixome
A ver, porque creo que isto xa se comentou

- «deslizante» non pode ser porque significa que serve para quitar o
lizo, lazo ou xeo dun camiño

Se iso é que hai en KDE xa podedes ir cambiando a outra cousa

- «desprazable» non sería por usar a regra de -bel/beis  desprazábel

- outras opcións serían : control esvarante, barra de desprazamento,
barra esvarante, barra de ampliación (ás veces), selector de
desprazamento

En Gnome está case sempre «control desprazábel», por se podemos conveniar.

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Fran Dieguez

- outras opcións serían : control esvarante, barra de desprazamento,
barra esvarante, barra de ampliación (ás veces), selector de
desprazamento

En Gnome está case sempre «control desprazábel», por se podemos conveniar.

Confirmo, en GNOME e sobre todo da última uniformización quedou control 
desprazábel.

O de barra de desprazamento eu serveríao para scrollbar.

O de selector de desprazamento non está mal, pero vai depender do contexto

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Miguel Bouzada
2010/3/1 Antón Méixome cert...@certima.net

 A ver, porque creo que isto xa se comentou

 - «deslizante» non pode ser porque significa que serve para quitar o
 lizo, lazo ou xeo dun camiño

 Se iso é que hai en KDE xa podedes ir cambiando a outra cousa

 - «desprazable» non sería por usar a regra de -bel/beis  desprazábel

 - outras opcións serían : control esvarante, barra de desprazamento,
 barra esvarante, barra de ampliación (ás veces), selector de
 desprazamento

Eu estou a empregar barra de desprazamento xa que creo que é a máis
axeitada (mentres non se defina outra cousa)

 En Gnome está case sempre «control desprazábel», por se podemos conveniar.

 2010/3/1 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 
  Actualmente estamos facendo:
 
  Slider -- barra *deslizante (polo menos en KDE)
-- control desprazable
 
  umm, a ámbalas dúas véxolles inconvenientes
 
  --
  To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
 
 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Antón Méixome
2010/3/1 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2010/3/1 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:

 Actualmente estamos facendo:

 Slider -- barra *deslizante (polo menos en KDE)
           -- control desprazable

 umm, a ámbalas dúas véxolles inconvenientes

 Esta é a ficha que teño para slider:

 barra deslizante -- 18
 KDE:  17
 XFCE:  1

 barra -- 15
 KDE:  15

 deslizador -- 7
 GNOME:  6
 KDE:  1

 escala -- 2
 KDE:  2

 control desprazábel -- 2
 GNOME:  2

 control desprazable -- 2
 GNOME:  2

 control deslizante -- 2
 OpenOffice.org:  2

 desprazamento -- 2
 GNOME:  1
 KDE:  1

 desprazador de control -- 1
 KDE:  1

 desprazador -- 1
 KDE:  1

 deslizamento -- 1
 KDE:  1

                                        (WikiMan, Mancomun, Microsoft)
 control desprazábel           X             X
 control desprazable                          X
 barra de desprazamento                  X
 control deslizante                                                  X

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Eses datos contrastan co que hai recollido en corpus.mancomun.org.
Será polo tema de sempre en opentran.eu supoño.

http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl?carpeta=%2Fvar%2Fwww%2FPOS%2Fcontar=15instala=http%3A%2F%2Fcorpus.mancomun.orgtermo=slideridioma=0proxecto=Todosnum_paxina=4inicio=45fin=60

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Leandro Regueiro
 - outras opcións serían : control esvarante, barra de desprazamento,
 barra esvarante, barra de ampliación (ás veces), selector de
 desprazamento

 En Gnome está case sempre «control desprazábel», por se podemos conveniar.

 Confirmo, en GNOME e sobre todo da última uniformización quedou control
 desprazábel.

 O de barra de desprazamento eu serveríao para scrollbar.

Coincido totalmente nisto con Fran.

 O de selector de desprazamento non está mal, pero vai depender do contexto

Só para aclarar, entendo que estamos falando do widget que ten o
recadro de arredor na imaxe que vai no anexo...

Vale Antón, hai unha inconsistencia. Cando teña tempo botareime enriba
do tío do openTran, pero agora el está con outra cousa. Se temos
interese en Trasno poderiamos ter aloxado un dos servidores para
reducir a carga no sitio orixinal de openTran, aínda que a importación
seguiriase facendo no sitio orixinal. Os estonios xa teñen o seu
propio openTran.
attachment: slider.png

Re: [Terminoloxía] Slider

2010-03-01 Conversa Antón Méixome
2010/3/1 Fran Dieguez lis...@mabishu.com:

 - outras opcións serían : control esvarante, barra de desprazamento,
 barra esvarante, barra de ampliación (ás veces), selector de
 desprazamento

 En Gnome está case sempre «control desprazábel», por se podemos conveniar.

 Confirmo, en GNOME e sobre todo da última uniformización quedou control
 desprazábel.

 O de barra de desprazamento eu serveríao para scrollbar.

Certo, certo

scrollbar  barra de desprazamento

 O de selector de desprazamento non está mal, pero vai depender do contexto

De feito a min paréceme máis adecuado o uso de selector que o de
barra para o obxecto pero o de desprazamento non me convence porque
se asocia a movementos de posición nunha área, mentres que un slider
indica un movemento lateral...

eu diría selector corredeiro