>> - outras opcións serían : control esvarante, barra de desprazamento,
>> barra esvarante, barra de ampliación (ás veces), selector de
>> desprazamento
>>
>> En Gnome está case sempre «control desprazábel», por se podemos conveniar.
>
> Confirmo, en GNOME e sobre todo da última uniformización quedou control
> desprazábel.
>
> O de barra de desprazamento eu serveríao para scrollbar.

Coincido totalmente nisto con Fran.

> O de selector de desprazamento non está mal, pero vai depender do contexto

Só para aclarar, entendo que estamos falando do widget que ten o
recadro de arredor na imaxe que vai no anexo...

Vale Antón, hai unha inconsistencia. Cando teña tempo botareime enriba
do tío do openTran, pero agora el está con outra cousa. Se temos
interese en Trasno poderiamos ter aloxado un dos servidores para
reducir a carga no sitio orixinal de openTran, aínda que a importación
seguiriase facendo no sitio orixinal. Os estonios xa teñen o seu
propio openTran.

<<attachment: slider.png>>

Responderlle a