Re: [meta]Re: translation project

2008-04-25 Conversa Leandro Regueiro
Era o que se puxo a cantar??? É que cheguei tarde porque tiña clase.

  Por certo, non vexas coma un marrón o do coordinador, se non hai moita
   xente esixe moi pouco traballo, máis ou menos unha ou dúas mensaxes de
   correo cada ano para mantelo. Se non houbera ninguén máis no proxecto
   ainda sería menos. A ver se me lembro este finde do disclaimer, que
   este finde pasóuseme.

  Non, xa sei que non hai moito que facer, só é que non me gostan moito as
  responsabilidades accidentais ;-) e menos cando aínda estou empezando.

A min tampouco :)

  E sorte coa OpenSuse!

Moitas gracias,
 Leandro Regueiro

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Wed, Apr 23, 2008 at 09:46:23PM +0200, mvillarino wrote:
 Olá,
  Eu véxoo como unha posta en común que ten por obxectivo mellorar a
  xestión dos procesos comunicacionais (e por tanto decisionais) en torno
  a un proxecto colaborativo. E, en tanto que isas dinámicas son similares
  noutros proxectos de localización, as solucións que atoparamos poderían
  resultar útiles tamén nos outros casos.
 
 [...]
 
 Debe ser a hora, e que acabo de terminar a sesión de tradución de
 hoxe, pero sigo sen entender de que estades a falar na outra galla !!!

Creo que para Suso a deformación profesional estalle a distorsionar un 
pouquiño a comunicación.

Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai 
un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP:

1)A alguén se lle ocurre que é unha boa idea montar unha lista para 
traducir Debian, dentro do propio proxecto
2)Se consigue facer esa lista
3)Durante algunhas semanas a xente vai entrando, se fala sobre 
ferramentas para traducir...
4)Entón a xente pregunta quen está facendo tradución de Debian, e sae un 
nome, o de Jacobo Tarrío, un dos fundadores do GPUL e de Trasno, e 
Debian Developer
5)A seguinte pregunta é por que Jacobo non entra na lista de traducción, 
e hai un forward dun correo explicando que el está a traballar no 
instalador, creo, e que non quere compartir o traballo con ninguén. Que 
non ten problema en deixar o traballo para que os demáis o fagan, pero 
que, onde el esté, el traballará so.
6)A continuación se monta un surrealista flame no que se pon a parir á 
única persoa que está a facer algo (e algo importante, por certo) pola 
traducción de Debian ó galego
7)Cando a xente se aburre... non hai mais que ve-las estadísticas: uns 
60 apuntados na lista, e desde abril do ano pasado, creo, non hai mais 
que mensaxes de spam e un recente de Suso falando de facer unha 
xuntanza.

Esto é máis ou menos o que pasou con Debian, quen quera detalles está o 
histórico da lista.

A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas, 
e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi 
pouco soldado. 

Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos 
chorar e máis traducir.

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa mvillarino
O Mércores, 23 de Abril de 2008, Francisco J escribiu:
[...]
 Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai
 un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP:
Ah, vale, asistin a aquela época (e estou, penso, na lista).

 A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas,
 e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi
 pouco soldado.

Tranquilidade no frente, o tempo iranos poñendo a cada un no lugar que nos 
corresponte.
O importante é conseguir que se nos vaia asentando o relevo xeracional e 
porlles fácil o tema de asumir as traducións que estexamos a facer agora, 
mediante o estilo e o dicionario+glosario que se empregue. O demáis podemos 
ir arranxándoo poñendo as mingas enriba da mesa e comparándoas así a ollo.

E xa postos,  ti quen es?
-- 
Best regards
MV

signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Leandro Regueiro
Antes de nada, Tsao é o actual coordinador do equipo de tradución do
Translation Project.

  Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai
  un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP:

Eu penso que a semellanza que hai é que Jacobo estaba nos dous lados.
Non vexo moitas máis semellanzas...

  1)A alguén se lle ocurre que é unha boa idea montar unha lista para
  traducir Debian, dentro do propio proxecto
  2)Se consigue facer esa lista
  3)Durante algunhas semanas a xente vai entrando, se fala sobre
  ferramentas para traducir...
  4)Entón a xente pregunta quen está facendo tradución de Debian, e sae un
  nome, o de Jacobo Tarrío, un dos fundadores do GPUL e de Trasno, e
  Debian Developer
  5)A seguinte pregunta é por que Jacobo non entra na lista de traducción,
  e hai un forward dun correo explicando que el está a traballar no
  instalador, creo, e que non quere compartir o traballo con ninguén. Que
  non ten problema en deixar o traballo para que os demáis o fagan, pero
  que, onde el esté, el traballará so.

Que eu saiba daquela o instalador estábao traducindo outra persoa. Se
queredes busco nos históricos a ver se aparece, pero non teño moitas
ganas de facelo, así que, por favor non me obriguedes :)

  6)A continuación se monta un surrealista flame no que se pon a parir á
  única persoa que está a facer algo (e algo importante, por certo) pola
  traducción de Debian ó galego

Algo típico dos equipos de tradución ó galego nos últimos anos. Non
sei se é unha forma de lamentar a perda dos anteriores tradutores ou
que, pero pasa a miúdo.

  7)Cando a xente se aburre... non hai mais que ve-las estadísticas: uns
  60 apuntados na lista, e desde abril do ano pasado, creo, non hai mais
  que mensaxes de spam e un recente de Suso falando de facer unha
  xuntanza.

É que dende o principio esa lista non ten razón de existir porque non
hai un equipo de tradutores para Debian, lera por aí que Jacobo non
queria que se contaminaran as súas traducións, algo que comparto
sempre que o tradutor traballe e que non bote a patadas a bos
tradutores que lle poden axudar, e polo que sei Jacobo traballa na
medida das súas posibilidades, así que este tema sería discutible.

  Esto é máis ou menos o que pasou con Debian, quen quera detalles está o
  histórico da lista.

  A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas,
  e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi
  pouco soldado.

  Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos
  chorar e máis traducir.

Certo, anda apúntate a algo máis que á tradución do nano :)

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Thu, Apr 24, 2008 at 09:07:23AM +0200, mvillarino wrote:
 Tranquilidade no frente, o tempo iranos poñendo a cada un no lugar que nos 
 corresponte.

Estou de acordo...
 
 E xa postos,  ti quen es?

Comentou xa Leandro que son o novo coordinador do equipo galego do TP. 
Matizar que é algo absolutamente accidental, eu só estaba interesado en 
mante-la traducción do GNU Nano, que é o editor base de Debian, e que ía 
quedar sen a versión ó galego para Etch, por eso o collín eu. Cando fai 
algunhas semanas o coordinador do TP mandou correos a tódolos membros do 
equipo e só eu respondín (tras falar con Tarrío), quedoume o marrón 
para min. No tema das traduccións de software non teño máis historia 
(levo tamén a versión galega da páxina web de GNU España, pero non 
conta para esto).

En definitiva, nesto son aínda un novato. E, teño que dicir que non me 
gusta ter entrado nesta lista por primeira vez e verme envolto nun 
flame, pero considero que as palabras de Suso non foron xustas co meu 
colega, e tiña que responder. En calqueira caso, pido disculpas ó resto 
da xente polo espectáculo.

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Thu, Apr 24, 2008 at 01:35:18PM +0200, Leandro Regueiro wrote:
 Que eu saiba daquela o instalador estábao traducindo outra persoa. Se
 queredes busco nos históricos a ver se aparece, pero non teño moitas
 ganas de facelo, así que, por favor non me obriguedes :)

Ó mellor estaba co instalador Hector Fernández. Non estou seguro, pero 
non importa para o caso.

   Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos
   chorar e máis traducir.
 
 Certo, anda apúntate a algo máis que á tradución do nano :)

Sí, en canto remate coa nova versión, collerei algún dos outros 159 
paquetes abandoados...
(collerei algun que esixa disclaimer, que para os outros conto contigo 
;-))

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/4/24 Francisco J. Tsao Santin t...@enelparaiso.org:
 On Thu, Apr 24, 2008 at 01:35:18PM +0200, Leandro Regueiro wrote:
   Que eu saiba daquela o instalador estábao traducindo outra persoa. Se
   queredes busco nos históricos a ver se aparece, pero non teño moitas
   ganas de facelo, así que, por favor non me obriguedes :)

  Ó mellor estaba co instalador Hector Fernández. Non estou seguro, pero
  non importa para o caso.

Si, era el se mal non lembro. Nunca o coñecin.

 Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos
 chorar e máis traducir.
  
   Certo, anda apúntate a algo máis que á tradución do nano :)

  Sí, en canto remate coa nova versión, collerei algún dos outros 159
  paquetes abandoados...
  (collerei algun que esixa disclaimer, que para os outros conto contigo
  ;-))

Uff, agora estou pilladísimo ca tradución de openSuse, que non vai
chegar a tempo, o TP terá que agardar para o verán (en breves tereime
que poñer a estudar), igual có Battle for Wesnoth e o Inskcape e mailo
Tuxpaint.

Por certo, non vexas coma un marrón o do coordinador, se non hai moita
xente esixe moi pouco traballo, máis ou menos unha ou dúas mensaxes de
correo cada ano para mantelo. Se non houbera ninguén máis no proxecto
ainda sería menos. A ver se me lembro este finde do disclaimer, que
este finde pasóuseme.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Reenviando: [Re: [meta]Re: translation project]

2008-04-24 Conversa suso
Boas, 

Coido que vos resultará interesante iste correo, como membros que sodes
da lista de localización de Debian ao galego.

O seu remitente ven de estrearse como coordenador do Translation Project
[1] montando un flame en Trasno a conta nosa. Vese que o paso dos anos
non impide que siga habendo recén chegados que entran nunha lista montando
un flame, pretendendo sentar cátedra sobre cuestións que descoñecen e xa
de paso insultando á xente coa que van ter que traballar.

En fin. Haberá que ter paciencia e aclararlle ao novo compañeiro o asunto;
e como a fin de contas fun eu quen tomou a iniciativa de crear esta lista,
non vou ter máis remedio que facelo eu. O que teño claro é que non me vou
dar presa en recitarlle o xénese por que ando liado co g11n [2] así que, se
mentras tanto a alguén se lle ocurre algunha solución xenérica para os
recén chegados do futuro, pois agradecerase. Tempo que aforraremos.

Hai unha cousa positiva iso sí: que o TP parece que se está relanzando e
que temos a oportunidade de evitar que volva morrer de inanición outra
vez. 

Saúdos,

[1] http://translationproject.org/
[2] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n

- Forwarded message from Francisco J. Tsao Santin t...@members.fsf.org 
-

From: Francisco J. Tsao Santin t...@members.fsf.org
To: mvillarino mvillar...@gmail.com
Cc: s...@riseup.net, proxecto@trasno.net
Subject: Re: [meta]Re: translation project
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Wed, 23 Apr 2008 23:18:42 +0200
User-Agent: Mutt/1.5.17+20080114 (2008-01-14)

On Wed, Apr 23, 2008 at 09:46:23PM +0200, mvillarino wrote:
 Olá,
  Eu véxoo como unha posta en común que ten por obxectivo mellorar a
  xestión dos procesos comunicacionais (e por tanto decisionais) en torno
  a un proxecto colaborativo. E, en tanto que isas dinámicas son similares
  noutros proxectos de localización, as solucións que atoparamos poderían
  resultar útiles tamén nos outros casos.
 
 [...]
 
 Debe ser a hora, e que acabo de terminar a sesión de tradución de
 hoxe, pero sigo sen entender de que estades a falar na outra galla !!!

Creo que para Suso a deformación profesional estalle a distorsionar un 
pouquiño a comunicación.

Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai 
un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP:

1)A alguén se lle ocurre que é unha boa idea montar unha lista para 
traducir Debian, dentro do propio proxecto
2)Se consigue facer esa lista
3)Durante algunhas semanas a xente vai entrando, se fala sobre 
ferramentas para traducir...
4)Entón a xente pregunta quen está facendo tradución de Debian, e sae un 
nome, o de Jacobo Tarrío, un dos fundadores do GPUL e de Trasno, e 
Debian Developer
5)A seguinte pregunta é por que Jacobo non entra na lista de traducción, 
e hai un forward dun correo explicando que el está a traballar no 
instalador, creo, e que non quere compartir o traballo con ninguén. Que 
non ten problema en deixar o traballo para que os demáis o fagan, pero 
que, onde el esté, el traballará so.
6)A continuación se monta un surrealista flame no que se pon a parir á 
única persoa que está a facer algo (e algo importante, por certo) pola 
traducción de Debian ó galego
7)Cando a xente se aburre... non hai mais que ve-las estadísticas: uns 
60 apuntados na lista, e desde abril do ano pasado, creo, non hai mais 
que mensaxes de spam e un recente de Suso falando de facer unha 
xuntanza.

Esto é máis ou menos o que pasou con Debian, quen quera detalles está o 
histórico da lista.

A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas, 
e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi 
pouco soldado. 

Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos 
chorar e máis traducir.

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

- End forwarded message -

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Thu, Apr 24, 2008 at 09:01:19PM +0200, Leandro Regueiro wrote:
Que eu saiba daquela o instalador estábao traducindo outra persoa. Se
queredes busco nos históricos a ver se aparece, pero non teño moitas
ganas de facelo, así que, por favor non me obriguedes :)
 
   Ó mellor estaba co instalador Hector Fernández. Non estou seguro, pero
   non importa para o caso.
 
 Si, era el se mal non lembro. Nunca o coñecin.

Era o que deu a primeira charla de Gentoo nas Xornadas, estabas alí, 
¿non? :-D
-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-24 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Thu, Apr 24, 2008 at 09:01:19PM +0200, Leandro Regueiro wrote:
 Por certo, non vexas coma un marrón o do coordinador, se non hai moita
 xente esixe moi pouco traballo, máis ou menos unha ou dúas mensaxes de
 correo cada ano para mantelo. Se non houbera ninguén máis no proxecto
 ainda sería menos. A ver se me lembro este finde do disclaimer, que
 este finde pasóuseme.

Non, xa sei que non hai moito que facer, só é que non me gostan moito as 
responsabilidades accidentais ;-) e menos cando aínda estou empezando.

E sorte coa OpenSuse!

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

[meta]Re: translation project

2008-04-23 Conversa mvillarino
O Luns, 21 de Abril de 2008, abríuse un fío de discusión fillo da mensaxe á 
que respondo:

Olá,
a ver, que me perdo, e paréceme que aquí hai moitas cousas que veñen de moi 
atrás.

@Tsao ; @Baleato:
Sería moito perguntar que é iso do can, a defensa do territorio, a carta de  
exención, e demais? A cousa parece vir de tan atrás que eu, que son da  
segunda/terza xerazón, non me entero máis aló de que semella que estades a 
falar acerca da maneira de ser do uberfuhrer de trasno.

-- 
Best regards
MV

signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Re: [meta]Re: translation project

2008-04-23 Conversa suso
mvillarino escrebeu:
 O Luns, 21 de Abril de 2008, abríuse un fío de discusión fillo da mensaxe á 
 que respondo:
 
 Olá,
 a ver, que me perdo, e paréceme que aquí hai moitas cousas que veñen de moi 
 atrás.
 
 @Tsao ; @Baleato:
 Sería moito perguntar que é iso do can, a defensa do territorio, a carta de  
 exención, e demais?

Eu véxoo como unha posta en común que ten por obxectivo mellorar a
xestión dos procesos comunicacionais (e por tanto decisionais) en torno
a un proxecto colaborativo. E, en tanto que isas dinámicas son similares
noutros proxectos de localización, as solucións que atoparamos poderían
resultar útiles tamén nos outros casos.

 A cousa parece vir de tan atrás que eu, que son da  
 segunda/terza xerazón, non me entero máis aló de que semella que estades a 
 falar acerca da maneira de ser do uberfuhrer de trasno.
 
Uhm. Tes razón en que a cousa ven datrás; pero se tamén tiveras razón en
que isto se reduce ao mero cuestionamento dunha persona, entón mellor
paramos eiquí e continuamos a reflexión por separado.

Tal como lle teño comentado a Tsao -creo lembrar que en Culleredo o ano
pasado- un dos principais obstáculos que debemos enfrentar nos procesos
comunicativos que teñen lugar nas distintas comunidades que hai en torno
aos proxectos de soft libre -e non só- atópase na tendencia que temos a
personalizar as problemáticas coas que debemos lidiar. Noutras palabras:
tendemos, non sei por qué, a buscar culpábeis aos que cortarlles a cabeza
en troques de buscar a causa dos problemas e atoparlles unha solución. 

Se non somos capaces de abstraer os problemas máis alá do papel que neles
desempeñamos como individuos, entón estaremos abocados inevitabelmente 
primeiro ao conflicto e despois ao seu enquistamento. De maneira que, se
o que estou a plantexar únicamente se pode enfocar como un cuestionamento
personal, entón nada poderá aportar esta posta en común máis que un vector
de entrada para a discordia e o enfrontamento.

Pola miña parte por tanto, eiquí me planto. Dareille unhas voltas ao
escrito e perguntarei á xente que leva máis tempo ca min nisto. E se a
alguén lle apetece seguir co tema, no que a min respecta mellor en
persona, que os malos entendidos son máis fáciles de resolver.

Grazas Marce pola túa aportación ao sinalar o problema.

Saúde, 