mvillarino escrebeu: > O Luns, 21 de Abril de 2008, abríuse un fío de discusión fillo da mensaxe á > que respondo: > > Olá, > a ver, que me perdo, e paréceme que aquí hai moitas cousas que veñen de moi > atrás. > > @Tsao ; @Baleato: > Sería moito perguntar que é iso do can, a defensa do territorio, a carta de > exención, e demais?
Eu véxoo como unha posta en común que ten por obxectivo mellorar a xestión dos procesos comunicacionais (e por tanto decisionais) en torno a un proxecto colaborativo. E, en tanto que isas dinámicas son similares noutros proxectos de localización, as solucións que atoparamos poderían resultar útiles tamén nos outros casos. > A cousa parece vir de tan atrás que eu, que son da > segunda/terza xerazón, non me entero máis aló de que semella que estades a > falar acerca da maneira de ser do uberfuhrer de trasno. > Uhm. Tes razón en que a cousa ven datrás; pero se tamén tiveras razón en que isto se reduce ao mero cuestionamento dunha persona, entón mellor paramos eiquí e continuamos a reflexión por separado. Tal como lle teño comentado a Tsao -creo lembrar que en Culleredo o ano pasado- un dos principais obstáculos que debemos enfrentar nos procesos comunicativos que teñen lugar nas distintas comunidades que hai en torno aos proxectos de soft libre -e non só- atópase na tendencia que temos a personalizar as problemáticas coas que debemos lidiar. Noutras palabras: tendemos, non sei por qué, a buscar culpábeis aos que cortarlles a cabeza en troques de buscar a causa dos problemas e atoparlles unha solución. Se non somos capaces de abstraer os problemas máis alá do papel que neles desempeñamos como individuos, entón estaremos abocados inevitabelmente primeiro ao conflicto e despois ao seu enquistamento. De maneira que, se o que estou a plantexar únicamente se pode enfocar como un cuestionamento personal, entón nada poderá aportar esta posta en común máis que un vector de entrada para a discordia e o enfrontamento. Pola miña parte por tanto, eiquí me planto. Dareille unhas voltas ao escrito e perguntarei á xente que leva máis tempo ca min nisto. E se a alguén lle apetece seguir co tema, no que a min respecta mellor en persona, que os malos entendidos son máis fáciles de resolver. Grazas Marce pola túa aportación ao sinalar o problema. Saúde, > -- > Best regards > MV

