Antes de nada, Tsao é o actual coordinador do equipo de tradución do
Translation Project.

>  Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai
>  un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP:

Eu penso que a semellanza que hai é que Jacobo estaba nos dous lados.
Non vexo moitas máis semellanzas...

>  1)A alguén se lle ocurre que é unha boa idea montar unha lista para
>  traducir Debian, dentro do propio proxecto
>  2)Se consigue facer esa lista
>  3)Durante algunhas semanas a xente vai entrando, se fala sobre
>  ferramentas para traducir...
>  4)Entón a xente pregunta quen está facendo tradución de Debian, e sae un
>  nome, o de Jacobo Tarrío, un dos fundadores do GPUL e de Trasno, e
>  Debian Developer
>  5)A seguinte pregunta é por que Jacobo non entra na lista de traducción,
>  e hai un forward dun correo explicando que el está a traballar no
>  instalador, creo, e que non quere compartir o traballo con ninguén. Que
>  non ten problema en deixar o traballo para que os demáis o fagan, pero
>  que, onde el esté, el traballará so.

Que eu saiba daquela o instalador estábao traducindo outra persoa. Se
queredes busco nos históricos a ver se aparece, pero non teño moitas
ganas de facelo, así que, por favor non me obriguedes :)

>  6)A continuación se monta un surrealista flame no que se pon a parir á
>  única persoa que está a facer algo (e algo importante, por certo) pola
>  traducción de Debian ó galego

Algo típico dos equipos de tradución ó galego nos últimos anos. Non
sei se é unha forma de lamentar a perda dos anteriores tradutores ou
que, pero pasa a miúdo.

>  7)Cando a xente se aburre... non hai mais que ve-las estadísticas: uns
>  60 apuntados na lista, e desde abril do ano pasado, creo, non hai mais
>  que mensaxes de spam e un recente de Suso falando de facer unha
>  xuntanza.

É que dende o principio esa lista non ten razón de existir porque non
hai un equipo de tradutores para Debian, lera por aí que Jacobo non
queria que se "contaminaran" as súas traducións, algo que comparto
sempre que o tradutor traballe e que non bote a patadas a bos
tradutores que lle poden axudar, e polo que sei Jacobo traballa na
medida das súas posibilidades, así que este tema sería discutible.

>  Esto é máis ou menos o que pasou con Debian, quen quera detalles está o
>  histórico da lista.
>
>  A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas,
>  e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi
>  pouco soldado.
>
>  Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos
>  chorar e máis traducir.

Certo, anda apúntate a algo máis que á tradución do nano :)

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a