On Thu, Apr 24, 2008 at 09:07:23AM +0200, mvillarino wrote: > Tranquilidade no frente, o tempo iranos poñendo a cada un no lugar que nos > corresponte.
Estou de acordo... > > E xa postos, ti quen es? Comentou xa Leandro que son o novo coordinador do equipo galego do TP. Matizar que é algo absolutamente accidental, eu só estaba interesado en mante-la traducción do GNU Nano, que é o editor base de Debian, e que ía quedar sen a versión ó galego para Etch, por eso o collín eu. Cando fai algunhas semanas o coordinador do TP mandou correos a tódolos membros do equipo e só eu respondín (tras falar con Tarrío), quedoume o "marrón" para min. No tema das traduccións de software non teño máis historia (levo tamén a versión galega da páxina web de GNU España, pero non conta para esto). En definitiva, nesto son aínda un novato. E, teño que dicir que non me gusta ter entrado nesta lista por primeira vez e verme envolto nun flame, pero considero que as palabras de Suso non foron xustas co meu colega, e tiña que responder. En calqueira caso, pido disculpas ó resto da xente polo espectáculo. -- Francisco J. Tsao Santín http://tsao.enelparaiso.org 1024D/71CF4D62 42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

