Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
> >> Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de Imaxín,
> >> TagenAta, as de Mancomun, Trasno, 
> >
> > Habería que facer algo co tema da guía de estilo ou manual de
> > localización... polo pronto podiamos ir xuntando as diferentes guías
> > de estilo que se fixeron: Xis, Trasno, Mancomún, SNLUSC...
> 
> Eu ata estaba pensando e aproveitar o traballo anterior meterlle as
> escollas novas e liberalo sen a puñeteira NC o que implicaría redactar
> os textos completamente e tamén as imaxes porque non podemos facer
> redistribución con dita particula.

+127


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Leandro Regueiro
>>> Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de Imaxín,
>>> TagenAta, as de Mancomun, Trasno, 
>>
>> Habería que facer algo co tema da guía de estilo ou manual de
>> localización... polo pronto podiamos ir xuntando as diferentes guías
>> de estilo que se fixeron: Xis, Trasno, Mancomún, SNLUSC...
>
> Eu ata estaba pensando e aproveitar o traballo anterior meterlle as
> escollas novas e liberalo sen a puñeteira NC o que implicaría redactar
> os textos completamente e tamén as imaxes porque non podemos facer
> redistribución con dita particula.

Claro. O problema é a cláusula NC. Pero eu penso que habería que
coller todas as propostas e intentar facer algo que recolla todo o
útil de tódalas fontes, e se falta algo completalo. Por outra parte o
manual de localización de Mancomun é máis que unha guía de estilo e
hai cousas que sobran, ou que se poderían resumir ou contar doutro
xeito, ou incluso que hai que actualizar. Se imos seguir ca conversa
case mellor abrir outro fío.


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1


>> Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de Imaxín,
>> TagenAta, as de Mancomun, Trasno, 
> 
> Habería que facer algo co tema da guía de estilo ou manual de
> localización... polo pronto podiamos ir xuntando as diferentes guías
> de estilo que se fixeron: Xis, Trasno, Mancomún, SNLUSC...

Eu ata estaba pensando e aproveitar o traballo anterior meterlle as
escollas novas e liberalo sen a puñeteira NC o que implicaría redactar
os textos completamente e tamén as imaxes porque non podemos facer
redistribución con dita particula.

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAkr0N4MACgkQmLtmJqKk+bjNcQCggywVgnQLJsBXIUL87HBEyO/I
IrUAn1SU7Qw9Z9J1lWoiexLI9WIS/ei1
=MrtP
-END PGP SIGNATURE-


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Leandro Regueiro
> Engado que no Manual de localización de Mancomun. Páxina 70:
>
> Uso do xerundio ou de estar+a+infinitivo dise
>
> "é opción de estilo escoller entre a perífrase con xerundio ou a construción
> con infinitivo. Porén nas situacións en que se describen procesos que se
> están a realizar debemos manter o xerundio
>
> Printing > Imprimindo
>                 *a imprimir
> Waiting > Agardando
>                 *a agardar
>
> É incorrecto traducir estes xerundios ingleses pola perífrase "a+INF"
> truncada, é dicir, a construción galega non pode aparecer como verbo único
> ou principal na oración;
>
> Xoán está a facer cambios no seu PC > Xoán *a facer cambios no seu PC
>
> Nestes casos, é importante coñecer cal é o contexto
>
> Se é --título de sección --> Impresión de ficheiros
>        --caixa de diálogo --> Imprimindo o ficheiro
>
> https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/554/Manual_localizar_09c.pdf
>
>
> Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de Imaxín,
> TagenAta, as de Mancomun, Trasno, 

Habería que facer algo co tema da guía de estilo ou manual de
localización... polo pronto podiamos ir xuntando as diferentes guías
de estilo que se fixeron: Xis, Trasno, Mancomún, SNLUSC...


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa mvillarino
2009/11/6 Antón Méixome :
> Pois a ver, é bastante delicada a cousa e para reducila a unha
> recomendación simple... hai que atarse os machos

[OT] Que son os machos ?

> Creo que ninguén. A razón, poderíase resumir así
>
> ESTAR+A+INFINITIVO = ESTAR+XERUNDIO porque ambas son perífrases temporais
>
> A+INFINITIVO =! ESTAR + A + INFINITIVO
>
> Pero volvendo ao caso, ese infinitivo non indica tempo nin modo,
> indica aspecto, como o xerundio. É como se fose un substantivo

Vale logo, polo que a min toca, procurarei limitar a utilización de
prep(a)+vb a situacións onde se poda facer explícita a perífrase.


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Antón Méixome
Engado que no Manual de localización de Mancomun. Páxina 70:

Uso do xerundio ou de estar+a+infinitivo dise

"é opción de estilo escoller entre a perífrase con xerundio ou a construción
con infinitivo. Porén nas situacións en que se describen procesos que se
están a realizar debemos manter o xerundio

Printing > Imprimindo
*a imprimir
Waiting > Agardando
*a agardar

É incorrecto traducir estes xerundios ingleses pola perífrase "a+INF"
truncada, é dicir, a construción galega non pode aparecer como verbo único
ou principal na oración;

Xoán está a facer cambios no seu PC > Xoán *a facer cambios no seu PC

Nestes casos, é importante coñecer cal é o contexto

Se é --título de sección --> Impresión de ficheiros
   --caixa de diálogo --> Imprimindo o ficheiro

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/554/Manual_localizar_09c.pdf


Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de *Imaxín,
TagenAta, as de Mancomun, Trasno,* 




2009/11/6 Antón Méixome :
> Pois a ver, é bastante delicada a cousa e para reducila a unha
> recomendación simple... hai que atarse os machos
>
> O traballo está chegando a límites aborrecibles
> . está a chegar a ...
>
> Este uso é totalmente correcto, e sinónimo total. Para que nos
> entendamos, o primeiro diríao calquera dos 75% de falantes de galego
> espontaneamente. O segundo o 25% do Sur, e tamén moitos que toman isto
> como norma "de estilo". Diría eu incluso, que é recomendábel.
>
> Pero...
>
> A Santiago vou, lixeiriño, camiñando
>  ., a camiñar??
> Ou unha de Ferrol
>
> Baixando pola calle rial, un vello chamounos mocas
> porque disque facemos ruído pola calle coas zocas...
>
> Alguén diría "A baixar pola calle..." ?
>
> Creo que ninguén. A razón, poderíase resumir así
>
> ESTAR+A+INFINITIVO = ESTAR+XERUNDIO porque ambas son perífrases temporais
>
> Correcto:
> Estivo cismando no problema todo o día
> Estivo a cismar no problema todo o día
>
> Onde está Xoán ? ... a estudar?
> si, ... a estudar ou a facer que fai.
>
> (enténdese que hai unha elipse de ESTAR)
>
>
> A+INFINITIVO =! ESTAR + A + INFINITIVO
>
> *A instalar a actualización do aplicativo
>
> implica que é unha oración subordinada e só moi forzadamente
> poderíamos interpretalo aquí como un infinitivo "narrativo":
>
> Beber e andar a facer trasnadas é o propio do seu tempo
>
> Pero volvendo ao caso, ese infinitivo non indica tempo nin modo,
> indica aspecto, como o xerundio. É como se fose un substantivo
>
> A instalar x = Instalación de x.
> Só que para darlle ese sentido de acción en curso preferimos usar unha
> forma verbal que nos dea ese matiz. Esa forma verbal ten que ser o
> xerundio e non o infinitivo.
>
> Vese ao computador procesando  = a procesar
>
> Pero o que me parece definitivo é o feito de considerar as frases
> conflitivas en conxunto. Como dixen o infinitivo precedido de
> preposición implica que é unha forma subordinada. Ten que haber un
> principal e nestas frases non o hai.
>
> Imprimindo o traballo = Impresión (en curso) do traballo
> =!  a imprimir o traballo
>
> Esta última parece que lle falten as admiración.  "A choiar!! ou
> cando menos información do tipo "algo/alguén está a ..."
>
> Só en moi poucos casos se pode deixar un infinitivo como único verbo da
frase.
>
> Non fumar
> Marchar?
> Tentar, tentei
> Para volver cedo, paso
>
> Contrástese con este outro exemplo
>
> Tendo eles razón no fundamental, non discuto os detalles
> *A ter eles razon...?  (isto é imposíbel)
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> 2009/11/6 mvillarino :
>> 2009/11/6 Miguel Bouzada :
>>> Estou atopandome cun uso abusivo, e na miña opinión incorrecto da
expresión
>>> "A facer caldo", "A Instalar o aplicativo", "A detectar dispositivo"
>>>
>>> Isto obliga a que hay que supor un "estar" omitido
>>>
>>> "A facer caldo con grelos"
>>>
>>> Onde está María?
>>> ... a facer caldo con grelos
>>>
>>> E o que é pior, isto aparece en aplicativos nos que ao mesmo tempo,
noutras
>>> liñas se pode ler "Facendo caldo con grelos", "Desmontando o
dispositivo"
>>>
>>> A ver se chegamos a un acordo e empregamos o a+infinitivo cando proceda
e
>>> non de xeito sistemático, xa que creo que cando, como norma, se usa
sempre a
>>> maioría das veces non é correcto.
>>
>> Case prefiro que sexa un filólogo ou semellante quen dea a súa opinión.
>> @Méixome: Opinando, que ordeno e mando!
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Antón Méixome
Pois a ver, é bastante delicada a cousa e para reducila a unha
recomendación simple... hai que atarse os machos

O traballo está chegando a límites aborrecibles
 . está a chegar a ...

Este uso é totalmente correcto, e sinónimo total. Para que nos
entendamos, o primeiro diríao calquera dos 75% de falantes de galego
espontaneamente. O segundo o 25% do Sur, e tamén moitos que toman isto
como norma "de estilo". Diría eu incluso, que é recomendábel.

Pero...

A Santiago vou, lixeiriño, camiñando
  ., a camiñar??
Ou unha de Ferrol

Baixando pola calle rial, un vello chamounos mocas
porque disque facemos ruído pola calle coas zocas...

Alguén diría "A baixar pola calle..." ?

Creo que ninguén. A razón, poderíase resumir así

ESTAR+A+INFINITIVO = ESTAR+XERUNDIO porque ambas son perífrases temporais

Correcto:
Estivo cismando no problema todo o día
Estivo a cismar no problema todo o día

Onde está Xoán ? ... a estudar?
si, ... a estudar ou a facer que fai.

(enténdese que hai unha elipse de ESTAR)


A+INFINITIVO =! ESTAR + A + INFINITIVO

*A instalar a actualización do aplicativo

implica que é unha oración subordinada e só moi forzadamente
poderíamos interpretalo aquí como un infinitivo "narrativo":

Beber e andar a facer trasnadas é o propio do seu tempo

Pero volvendo ao caso, ese infinitivo non indica tempo nin modo,
indica aspecto, como o xerundio. É como se fose un substantivo

A instalar x = Instalación de x.
Só que para darlle ese sentido de acción en curso preferimos usar unha
forma verbal que nos dea ese matiz. Esa forma verbal ten que ser o
xerundio e non o infinitivo.

Vese ao computador procesando  = a procesar

Pero o que me parece definitivo é o feito de considerar as frases
conflitivas en conxunto. Como dixen o infinitivo precedido de
preposición implica que é unha forma subordinada. Ten que haber un
principal e nestas frases non o hai.

Imprimindo o traballo = Impresión (en curso) do traballo
=!  a imprimir o traballo

Esta última parece que lle falten as admiración.  "A choiar!! ou
cando menos información do tipo "algo/alguén está a ..."

Só en moi poucos casos se pode deixar un infinitivo como único verbo da frase.

Non fumar
Marchar?
Tentar, tentei
Para volver cedo, paso

Contrástese con este outro exemplo

Tendo eles razón no fundamental, non discuto os detalles
*A ter eles razon...?  (isto é imposíbel)















2009/11/6 mvillarino :
> 2009/11/6 Miguel Bouzada :
>> Estou atopandome cun uso abusivo, e na miña opinión incorrecto da expresión
>> "A facer caldo", "A Instalar o aplicativo", "A detectar dispositivo"
>>
>> Isto obliga a que hay que supor un "estar" omitido
>>
>> "A facer caldo con grelos"
>>
>> Onde está María?
>> ... a facer caldo con grelos
>>
>> E o que é pior, isto aparece en aplicativos nos que ao mesmo tempo, noutras
>> liñas se pode ler "Facendo caldo con grelos", "Desmontando o dispositivo"
>>
>> A ver se chegamos a un acordo e empregamos o a+infinitivo cando proceda e
>> non de xeito sistemático, xa que creo que cando, como norma, se usa sempre a
>> maioría das veces non é correcto.
>
> Case prefiro que sexa un filólogo ou semellante quen dea a súa opinión.
> @Méixome: Opinando, que ordeno e mando!
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa mvillarino
2009/11/6 Miguel Bouzada :
> Estou atopandome cun uso abusivo, e na miña opinión incorrecto da expresión
> "A facer caldo", "A Instalar o aplicativo", "A detectar dispositivo"
>
> Isto obliga a que hay que supor un "estar" omitido
>
> "A facer caldo con grelos"
>
> Onde está María?
> ... a facer caldo con grelos
>
> E o que é pior, isto aparece en aplicativos nos que ao mesmo tempo, noutras
> liñas se pode ler "Facendo caldo con grelos", "Desmontando o dispositivo"
>
> A ver se chegamos a un acordo e empregamos o a+infinitivo cando proceda e
> non de xeito sistemático, xa que creo que cando, como norma, se usa sempre a
> maioría das veces non é correcto.

Case prefiro que sexa un filólogo ou semellante quen dea a súa opinión.
@Méixome: Opinando, que ordeno e mando!


[dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Miguel Bouzada
Estou atopandome cun uso abusivo, e na miña opinión incorrecto da expresión
"A facer caldo", "A Instalar o aplicativo", "A detectar dispositivo"

Isto obliga a que hay que supor un "estar" omitido

"A facer caldo con grelos"

Onde está María?
... a facer caldo con grelos

E o que é pior, isto aparece en aplicativos nos que ao mesmo tempo, noutras
liñas se pode ler "Facendo caldo con grelos", "Desmontando o dispositivo"

A ver se chegamos a un acordo e empregamos o a+infinitivo cando proceda e
non de xeito sistemático, xa que creo que cando, como norma, se usa sempre a
maioría das veces non é correcto.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org