> Engado que no Manual de localización de Mancomun. Páxina 70:
>
> Uso do xerundio ou de estar+a+infinitivo dise
>
> "é opción de estilo escoller entre a perífrase con xerundio ou a construción
> con infinitivo. Porén nas situacións en que se describen procesos que se
> están a realizar debemos manter o xerundio
>
> Printing > Imprimindo
>                 *a imprimir
> Waiting > Agardando
>                 *a agardar
>
> É incorrecto traducir estes xerundios ingleses pola perífrase "a+INF"
> truncada, é dicir, a construción galega non pode aparecer como verbo único
> ou principal na oración;
>
> Xoán está a facer cambios no seu PC > Xoán *a facer cambios no seu PC
>
> Nestes casos, é importante coñecer cal é o contexto
>
> Se é --título de sección --> Impresión de ficheiros
>        --caixa de diálogo --> Imprimindo o ficheiro
>
> https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/554/Manual_localizar_09c.pdf
>
>
> Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de Imaxín,
> TagenAta, as de Mancomun, Trasno, ....

Habería que facer algo co tema da guía de estilo ou manual de
localización... polo pronto podiamos ir xuntando as diferentes guías
de estilo que se fixeron: Xis, Trasno, Mancomún, SNLUSC...

Responderlle a