Pois a ver, é bastante delicada a cousa e para reducila a unha
recomendación simple... hai que atarse os machos

O traballo está chegando a límites aborrecibles
                         ......... está a chegar a ...

Este uso é totalmente correcto, e sinónimo total. Para que nos
entendamos, o primeiro diríao calquera dos 75% de falantes de galego
espontaneamente. O segundo o 25% do Sur, e tamén moitos que toman isto
como norma "de estilo". Diría eu incluso, que é recomendábel.

Pero...

A Santiago vou, lixeiriño, camiñando
                          ............., a camiñar....    ??
Ou unha de Ferrol

Baixando pola calle rial, un vello chamounos mocas
porque disque facemos ruído pola calle coas zocas...

Alguén diría "A baixar pola calle..." ?

Creo que ninguén. A razón, poderíase resumir así

ESTAR+A+INFINITIVO = ESTAR+XERUNDIO porque ambas son perífrases temporais

Correcto:
Estivo cismando no problema todo o día
Estivo a cismar no problema todo o día

Onde está Xoán ? ... a estudar?
si, ... a estudar ou a facer que fai.

(enténdese que hai unha elipse de ESTAR)


A+INFINITIVO =! ESTAR + A + INFINITIVO

*A instalar a actualización do aplicativo

implica que é unha oración subordinada e só moi forzadamente
poderíamos interpretalo aquí como un infinitivo "narrativo":

Beber e andar a facer trasnadas é o propio do seu tempo

Pero volvendo ao caso, ese infinitivo non indica tempo nin modo,
indica aspecto, como o xerundio. É como se fose un substantivo

A instalar x = Instalación de x.
Só que para darlle ese sentido de acción en curso preferimos usar unha
forma verbal que nos dea ese matiz. Esa forma verbal ten que ser o
xerundio e non o infinitivo.

Vese ao computador procesando  = a procesar

Pero o que me parece definitivo é o feito de considerar as frases
conflitivas en conxunto. Como dixen o infinitivo precedido de
preposición implica que é unha forma subordinada. Ten que haber un
principal e nestas frases non o hai.

Imprimindo o traballo = Impresión (en curso) do traballo
=!          a imprimir o traballo

Esta última parece que lle falten as admiración.....  "A choiar!! ou
cando menos información do tipo "algo/alguén está a ..."

Só en moi poucos casos se pode deixar un infinitivo como único verbo da frase.

Non fumar
Marchar?
Tentar, tentei
Para volver cedo, paso

Contrástese con este outro exemplo

Tendo eles razón no fundamental, non discuto os detalles
*A ter eles razon...?  (isto é imposíbel)















2009/11/6 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2009/11/6 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>> Estou atopandome cun uso abusivo, e na miña opinión incorrecto da expresión
>> "A facer caldo", "A Instalar o aplicativo", "A detectar dispositivo"
>>
>> Isto obliga a que hay que supor un "estar" omitido
>>
>> "A facer caldo con grelos"
>>
>> Onde está María?
>> ... a facer caldo con grelos
>>
>> E o que é pior, isto aparece en aplicativos nos que ao mesmo tempo, noutras
>> liñas se pode ler "Facendo caldo con grelos", "Desmontando o dispositivo"
>>
>> A ver se chegamos a un acordo e empregamos o a+infinitivo cando proceda e
>> non de xeito sistemático, xa que creo que cando, como norma, se usa sempre a
>> maioría das veces non é correcto.
>
> Case prefiro que sexa un filólogo ou semellante quen dea a súa opinión.
> @Méixome: Opinando, que ordeno e mando!
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a