Engado que no Manual de localización de Mancomun. Páxina 70:

Uso do xerundio ou de estar+a+infinitivo dise

"é opción de estilo escoller entre a perífrase con xerundio ou a construción
con infinitivo. Porén nas situacións en que se describen procesos que se
están a realizar debemos manter o xerundio

Printing > Imprimindo
                *a imprimir
Waiting > Agardando
                *a agardar

É incorrecto traducir estes xerundios ingleses pola perífrase "a+INF"
truncada, é dicir, a construción galega non pode aparecer como verbo único
ou principal na oración;

Xoán está a facer cambios no seu PC > Xoán *a facer cambios no seu PC

Nestes casos, é importante coñecer cal é o contexto

Se é --título de sección --> Impresión de ficheiros
       --caixa de diálogo --> Imprimindo o ficheiro

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/554/Manual_localizar_09c.pdf


Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de *Imaxín,
TagenAta, as de Mancomun, Trasno,* ....




2009/11/6 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Pois a ver, é bastante delicada a cousa e para reducila a unha
> recomendación simple... hai que atarse os machos
>
> O traballo está chegando a límites aborrecibles
>                         ......... está a chegar a ...
>
> Este uso é totalmente correcto, e sinónimo total. Para que nos
> entendamos, o primeiro diríao calquera dos 75% de falantes de galego
> espontaneamente. O segundo o 25% do Sur, e tamén moitos que toman isto
> como norma "de estilo". Diría eu incluso, que é recomendábel.
>
> Pero...
>
> A Santiago vou, lixeiriño, camiñando
>                          ............., a camiñar....    ??
> Ou unha de Ferrol
>
> Baixando pola calle rial, un vello chamounos mocas
> porque disque facemos ruído pola calle coas zocas...
>
> Alguén diría "A baixar pola calle..." ?
>
> Creo que ninguén. A razón, poderíase resumir así
>
> ESTAR+A+INFINITIVO = ESTAR+XERUNDIO porque ambas son perífrases temporais
>
> Correcto:
> Estivo cismando no problema todo o día
> Estivo a cismar no problema todo o día
>
> Onde está Xoán ? ... a estudar?
> si, ... a estudar ou a facer que fai.
>
> (enténdese que hai unha elipse de ESTAR)
>
>
> A+INFINITIVO =! ESTAR + A + INFINITIVO
>
> *A instalar a actualización do aplicativo
>
> implica que é unha oración subordinada e só moi forzadamente
> poderíamos interpretalo aquí como un infinitivo "narrativo":
>
> Beber e andar a facer trasnadas é o propio do seu tempo
>
> Pero volvendo ao caso, ese infinitivo non indica tempo nin modo,
> indica aspecto, como o xerundio. É como se fose un substantivo
>
> A instalar x = Instalación de x.
> Só que para darlle ese sentido de acción en curso preferimos usar unha
> forma verbal que nos dea ese matiz. Esa forma verbal ten que ser o
> xerundio e non o infinitivo.
>
> Vese ao computador procesando  = a procesar
>
> Pero o que me parece definitivo é o feito de considerar as frases
> conflitivas en conxunto. Como dixen o infinitivo precedido de
> preposición implica que é unha forma subordinada. Ten que haber un
> principal e nestas frases non o hai.
>
> Imprimindo o traballo = Impresión (en curso) do traballo
> =!          a imprimir o traballo
>
> Esta última parece que lle falten as admiración.....  "A choiar!! ou
> cando menos información do tipo "algo/alguén está a ..."
>
> Só en moi poucos casos se pode deixar un infinitivo como único verbo da
frase.
>
> Non fumar
> Marchar?
> Tentar, tentei
> Para volver cedo, paso
>
> Contrástese con este outro exemplo
>
> Tendo eles razón no fundamental, non discuto os detalles
> *A ter eles razon...?  (isto é imposíbel)
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> 2009/11/6 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> 2009/11/6 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>> Estou atopandome cun uso abusivo, e na miña opinión incorrecto da
expresión
>>> "A facer caldo", "A Instalar o aplicativo", "A detectar dispositivo"
>>>
>>> Isto obliga a que hay que supor un "estar" omitido
>>>
>>> "A facer caldo con grelos"
>>>
>>> Onde está María?
>>> ... a facer caldo con grelos
>>>
>>> E o que é pior, isto aparece en aplicativos nos que ao mesmo tempo,
noutras
>>> liñas se pode ler "Facendo caldo con grelos", "Desmontando o
dispositivo"
>>>
>>> A ver se chegamos a un acordo e empregamos o a+infinitivo cando proceda
e
>>> non de xeito sistemático, xa que creo que cando, como norma, se usa
sempre a
>>> maioría das veces non é correcto.
>>
>> Case prefiro que sexa un filólogo ou semellante quen dea a súa opinión.
>> @Méixome: Opinando, que ordeno e mando!
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>

Responderlle a