Re: Sobre o ispell - por alusions

2005-01-31 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Em Quinta 20 Janeiro 2005 15:16, Berto escreveu:
 Em Quinta 20/01/2005 às 14:20, Ramom Flores d'as Seixas dizia...

  Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non
  se pode elaborar un dicionário decente.

 Conta, conta... :-?

Como  a resposta estaba resultando longa de mais, e como cada certo tempo 
recebo algunha pergunta similar, decidin expor as razóns no site do 
dicionário. Quen teña interese pode xa le-las na seguinte páxina:

Dicionário galego en normativa ILG-RAG para correctores ortográficos libres
http://ispell-gl.sourceforge.net/dicionario-ILG-RAG.html

Un saudo
Ramom
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Sobre o ispell - por alusions

2005-01-31 Conversa Berto
Em Segunda 31/01/2005 às 14:16, Ramom Flores d'as Seixas dizia...

  [Dicionário em normativa xunteira]
   Tamén se alguén ten interese  podo explicar as razóns polas cais
   non se pode elaborar un dicionário decente.
  Conta, conta... :-?
 Quen teña interese pode xa le-las na seguinte páxina:

Que boa :) Nunca pensara nisso.

Berto.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Sobre o ispell - por alusions

2005-01-20 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Ola:

  Nalgunhas mensaxes recentes falou-se do dicionário galego para o ispell, e 
polo que vexo existen algunhas dúvidas sobre o seu estado. Asi que vou tratar 
de as esclarecer.

1)  Actualmente existe un dicionário para Ispell en normativa de mínimos. 
Derivado deste existen outros dicionários para Aspell, Myspell, Scalibur e 
Edit Boxes. O Myspell é o corrector ortográfico que usan o mozilla (e 
derivados) e o Openoffice.

2) Que eu saiba non existe dicionário para Ispell/Aspell/Myspell na normativa 
ILG-RAG. Sei que houbo várias tentativas, eu mesmo tentei-no, mais sen éxito.

3) Na miña opinión non é posíbel elaborar un dicionário decente para 
Ispell/Aspell/Myspell na normativa ILG-RAG. Cumpriria modificar axeitadamente 
o código de calquer deses correctores. Há cousa dun par de meses falei disto 
con un rapaz, explicando-lhe os problemas técnicos dos programas actuais. E 
cando o deixei ia considerar a posibilidade de modificar o código do Myspell, 
mais non sei nada del. Se alguén ten interese en axudá-lo, podo por-me en 
contacto con el.

Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non se pode 
elaborar un dicionário decente. 

Un saudo
Ramon
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Sobre o ispell - por alusions

2005-01-20 Conversa Berto
Em Quinta 20/01/2005 às 14:20, Ramom Flores d'as Seixas dizia...

 Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non 
 se pode elaborar un dicionário decente. 

Conta, conta... :-?

Berto.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Anuncio dunha nova version do ispell-gl, a 0.5

2003-01-31 Conversa Damian Fernandez

Hola!!

Ramom Flores d'as Seixas wrote:

Seica houbo, ou polo menos iso dá-se entender no site do trasno 
(http://www.trasno.net/ispell.php).  


 Mais ninguén contestou o mais mínimo. Polo que a min dá-me a impresión de que 
o dito proxecto está, senón morto, hibernando.



Eu estaría disposto a participar nesa iniciativa e dende o GLUG temos 
xente que tamén están moi interesados. Ademais, podemos conseguir o 
apoio da Dirección Xeral de Política Lingüísitca como dixen antes, así 
que agora  sería ideal poder arrincar de novo o proxecto. ¿Que opinades?



--
Damián Fernández Molinos
Administrador de Sistemas   SatLinux
dam...@satlinux.com ICQ:931374

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Anuncio dunha nova version do ispell-gl, a 0.5

2003-01-30 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Ola a tod@s:

Esta mensaxe é para vos anunciar que xa está disponíbel a versión 0.5 
do dicionário de galego (mínimos) para o ispell.  Esta versión inclui 24.000 
palabras raices, recoñecendo en total 515.176 formas.

Páxina do proxecto:
 http://ispell-gl.sourceforge.net

Páxina de descarrega:
http://ispell-gl.sourceforge.net/descarregar.html
http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=30663

Se ben esta versión sae pouco despois que a versión 0.4. O intervalo até a 
próxima versión, a 0.6, vai ser bastante maior. De todos os xeitos tal e como 
está agora o dicionário xa está bastante completo. 

O que espero sacar proximamente é unha nova versión do MySpell (para o 
OpenOffice), e un dicionário para o Aspell (por certo para os usuários de 
debian xa existe un dicionário, o correspondente a versión 0.3).

No anúncio da versión anterior perguntei por o proxecto do dicionário na 
normativa ILG-RAG, mais ninguén respondeu. Ninguén sabe nada?, pero nada de 
nada?

Un saudo
Ramom

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Anuncio dunha nova version do ispell-gl, a 0.5

2003-01-30 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Em Quinta, 30 de Janeiro de 2003 13:00, Damian Fernandez escreveu:
 Ramom Flores d'as Seixas wrote:
  No anúncio da versión anterior perguntei por o proxecto do dicionário na
  normativa ILG-RAG, mais ninguén respondeu. Ninguén sabe nada?, pero nada
  de nada?

 A normativa ILG-RAG é a normativa oficial?
Si. 
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Anuncio dunha nova version do ispell-gl, a 0.5

2003-01-30 Conversa Damian Fernandez

Ramom Flores d'as Seixas wrote:

Em Quinta, 30 de Janeiro de 2003 13:00, Damian Fernandez escreveu:


Ramom Flores d'as Seixas wrote:


No anúncio da versión anterior perguntei por o proxecto do dicionário na
normativa ILG-RAG, mais ninguén respondeu. Ninguén sabe nada?, pero nada
de nada?


A normativa ILG-RAG é a normativa oficial?


Si. 


Ti sabes se existe algún proxecto para a normativa oficial?

--
Damián Fernández Molinos
Administrador de Sistemas   SatLinux
dam...@satlinux.com ICQ:931374

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Anuncio dunha nova version do ispell-gl, a 0.5

2003-01-30 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Em Quinta, 30 de Janeiro de 2003 13:48, Damian Fernandez escreveu:
 Ramom Flores d'as Seixas wrote:
  Em Quinta, 30 de Janeiro de 2003 13:00, Damian Fernandez escreveu:
 Ramom Flores d'as Seixas wrote:
 No anúncio da versión anterior perguntei por o proxecto do dicionário na
 normativa ILG-RAG, mais ninguén respondeu. Ninguén sabe nada?, pero nada
 de nada?
 
 A normativa ILG-RAG é a normativa oficial?
 
  Si.

 Ti sabes se existe algún proxecto para a normativa oficial?

Seica houbo, ou polo menos iso dá-se entender no site do trasno 
(http://www.trasno.net/ispell.php).  

Nunha mensaxe anterior eu perguntei:

 De cando en vez perguntan-me por un dicionário na normativa ILG-RAG, e non 
 sei que lles responder. Na páxina do trasno adicada ao ispell di-se que ha
 vários grupos de persoas traballando, mais a verdade é que xa pasou bastante
 tempo desde que se colgou a dita páxina e non apareceu nada distinto do noso 
 dicionário. Segue a haber alguén a traballar nunha versión ILG-RAG ou 
 deixou-se de lado o proxecto?.

 Mais ninguén contestou o mais mínimo. Polo que a min dá-me a impresión de que 
o dito proxecto está, senón morto, hibernando.

Un saudo
Ramom
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Anuncio nova version do ispell-gl

2003-01-07 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Feliz ano:

Esta mensaxe é para vos anunciar que xa está disponíbel a versión 0.4 
do 
dicionário de galego (mínimos) para o ispell.  Esta versión inclui 15.011 
palabras raices, recoñecendo en total 215.139 formas.

Páxina do proxecto:
 http://ispell-gl.sourceforge.net

Páxina de descarrega:
http://ispell-gl.sourceforge.net/descarregar.html
http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=30663

De cando en vez perguntan-me por un dicionário na normativa ILG-RAG, e non sei 
que lles responder. Na páxina do trasno adicada ao ispell di-se que há vários 
grupos de persoas traballando, mais a verdade é que xa pasou bastante tempo 
desde que se colgou a dita páxina e non apareceu nada distinto do noso 
dicionário. Segue a haber alguén a traballar nunha versión ILG-RAG ou 
deixou-se de lado o proxecto?.

Un saudo
Ramom
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Nova version do ispell-gl

2001-12-14 Conversa Ramon Flores d'as Seixas
Esta mensaxe é para anunciar o lanzamento da versión 0.2 do dicionário galego
(en mínimos) para o ispell.

Esta versión consta de 14541 palabras raices, das que se derivan as 185.981
formas recoñecidas en total.

A páxina do proxecto ten por enderezo:

http://ispell-gl.sourceforge.net

Na páxina de descarregas:

http://ispell-gl.sourceforge.net/descarregar.html

pode-se obter o dicionário en 2 pacotes:

ispell-gl-0.2.tar.gz 
ispell-gl-0.2-2.noarch.rpm 

ademais, para o que teña interese en iniciar-se na elaboración de pacotes rpm,
tamén incluo o pacote fonte do rpm. Xa que é un pacote sinxelo que pode servir
como exemplo. Pode-se baixar de:

http://prdownloads.sourceforge.net/ispell-gl/ispell-gl-0.1-1.src.rpm

Un saudo
Ramón

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Ispell 0.0

2000-03-17 Conversa juan
 ¿Qué é dese que seica quería facer o do Ispell e tal?
Pois seica está algo desconectado (en sentido máis estricto que o
usual), rematando o proxecto fin de carreira.
 Cando comencei con isto tiña que pasar 15 horas semanais lendo o correo
e navegando (e de vez en cando facendo algo de administración na rede da
que era administrador), cunha conexión de 10Mbps ata o mirror de Debian
máis cercano (no cuarto do lado). Pero tiven que deixa-lo chollo e
poñerme a remata-lo proxecto.
Agora estou na miña casa sen modem nin ná, lendo o correo cada
semana (e gracias), e sen forma cómoda de envialo.
De todos xeitos estarei libre antes de Maio (o meu Tutor vai dar
clases a Berkeley e teño que ler antes), presumiblemente a partir de
primeiros de Abril(*), e espero estar mellor comunicado,polo tanto en
condicións depoñer a funcionar o Ispell en galego e de moito máis.
É certo que terei que atopar traballo (como por exemplo nalgunha
sucursal galega dalgunha empresa que se dedique a facer distribucións de
Linux en galego ;-) ) e que despois queren que traballes ¡8 e máis horas
diarias! ;-D pero non creo que me quite demasiado tempo.
Así e todo non é tan cero pataqueiro o do Ispell e outros (pero
case). No tempo que estiven antes de poñerme có proxecto busquei
información sobor do Ispell, de Latex e outros:
Ispell
No sitio do COES non atopei ningún tipo de información de como se
crean diccionarios.
Non atopei esa información en ningún outro sitio pero si que teño as
fontes do Ispell e as fontes de diccionarios, co que penso que podo
adiviñar como facelo.
Latex
Polo que parece está todo feito pero non está ben configurado. (polo
menos na dist. Debian)
No arq, /usr/lib/texmf/tex/generic/babel/galician.ldf falta por
traducir Proof
(por Demostración?)
Eu cambiaría (opinión personal) dategalician para que puxera día
de mes do ano:
\def\dategalician{%
  \def\today{\number\day~de\space\ifcase\month\or
xaneiro\or febreiro\or marzo\or abril\or maio\or xu\~no\or
xullo\or agosto\or setembro\or outubro\or novembro\or
decembro\fi
\space do~\number\year}} %%- cambio nesta liña
Polo visto en Latex ~ é un espacio protexido pero máis abaixo nese
arquivo hai duas liñas que definen ~N - Ñ e ~n - ñ. Se queres poder
poñer un espacio protexido antes dun n comentaas
%\declare@shorthand{galician}{~n}{\textormath{\~n}{\@tilde n}}
%\declare@shorthand{galician}{~N}{\textormath{\~N}{\@tilde N}}
Por último queda o problema do guionado: Polo visto hai alguén de
aquí (Teleco Vigo) que fixo un arquivo chamado gahyph.tex. Hai que
editar /usr/lib/texmf/tex/generic/config/language.dat para que inclua o
guionado galego. Pero isto só non chega. Hai que refacer algúns arquivos
en /var/lib/texmf/web2c (ou /usr/lib/texmf/web2c), os que fan referencia
ó hyphen.cfg. Hai que facer algo así como :
latex arquivo que aparece an 2ª liña
Debería haber algún script que fixera todo isto de xeito automático,
pero se o hai non o din
atopado.
Plan:
Se queredes imprimir os calendaros dos meses e do ano cos nomes en
galego teño un arquivo que vai nesta mensaxe. Tedes que substituir
/usr/lib/plan/plan_cal.ps .
Fortunes:
Mando un arquivo (galicia) con unha serie de refráns que recolleu a
Asociación Cultural O Coto, á cal pertenzo, por medio dos rapaces do
C.E.I.P. Carballal (Vigo) e algún outro que collín da miña familia.
(contén refráns que alguén podería interpretar coma ofensivos).
Os italianos poñen os seus refráns nun directorio it dentro do de
fortunes. De igual xeito nos o poñeríamos en gl pero para que dese
mensaxes galegos non bastaría con chamar fortunes habería que chamar
fortunes gl e se queremos mezclar fortunes gl all.
Despis de copiar o arquivo hai qu facerlle: strfile galicia

Nacho.

(*) Se algún de vós está interesado no proxecto Entorno de desenrolo de
simulacións 3D
cooperativas e en tempo real (ou en coñecerme personalmente) avisádeme
para que vos diga
cando leo.

--
   _ |\___/|
  / \|/| |\|
 (  )_\\_-\_T_/-
  º= /   \

plan_cal.ps
Description: PostScript document
%
-HERBAS DE SAN XOAN-
folla figueira
folla viña
herba luisa
follas nogueira
herba da nosa señora
fento do rio
herba de san Pedro
herba sapa
tormentelo
poexos
hortelan
(loureiro?)
%
Tarde se arrepinte o rato cando está na boca do gato.
%
Sachar en Maio e labrar en San Xoán traballo en van.
%
A chuvia no mes de Abril carga o carro e o carril.
%
Carnavales mollados pascuas enxoitas.
%
O viño no Marzo vai ó cabazo e o Abril ó funil.
%
Chovendo o Domingo antes da misa vai toda a semana de risa.
%
Días de Maio días de amargura, tan pronto amanece como e noite oscura.
%
Miña casiña meu lar quen te arrendou non te supo arrendar.
%
Non hai Sábado sen sol nin Maruxa sen amor.
%
O que come a sardiña ten que cagar a espiña.
%
Non hai bardeiro sen palla.
%
O que na folla se acolla tres veces se molla.
%
Na casa de aquel home o que non traballa non come.
%
Marzo, Marzán, canto dis

ispell

2000-03-03 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
olá:

traslado un comentario da lista de gzlinux: como anda o tema do
diccionario ispell? cero patatero non?


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] - GNU [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: ispell

2000-03-03 Conversa Xosé M . Pérez Sardiña
 olá:

 traslado un comentario da lista de gzlinux: como anda o tema do
 diccionario ispell? cero patatero non?


 aburinho!!


Pois un pouco orfo si. Hai lista de palabras e capacidade para organiza-la
conxugación verbal do galego, con algúns toques enxeñosos. Pero en realidade
non teño ningún linuxeiro que atenda este tema e vai quedar en nada.
Así que de cero pataqueiro nada, hai traballo feito por un lingüista pero
non hai ninguén máis que se espila.

Un saudete.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: ispell

2000-03-03 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Xosé M. Pérez Sardiña wrote:
 
  olá:
 
  traslado un comentario da lista de gzlinux: como anda o tema do
  diccionario ispell? cero patatero non?
 
 Pois un pouco orfo si. Hai lista de palabras e capacidade para organiza-la
 conxugación verbal do galego, con algúns toques enxeñosos. Pero en realidade
 non teño ningún linuxeiro que atenda este tema e vai quedar en nada.
 Así que de cero pataqueiro nada, hai traballo feito por un lingüista pero
 non hai ninguén máis que se espila.

ben .. o de cero patatero/pataqueiro é que quixen facer a proba e
forzar a expresión, como fixo José I el Centrado, e tal como el saiume
o tiro pola culata :DDD

a ver se hai sorte e o que me preguntou por iso se anima a axudar ...
;DDD

 Un saudete.


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] - GNU [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa Xos� M . P�rez Sardi�a

- Original Message -
From: Rubén r...@mundivia.es
To: gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es
Sent: Friday, November 12, 1999 6:45 PM
Subject: Re: LaTeX, ISPELL e outros


 Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:

  traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve
a cabo.

e Rubén escribíanos o 12 de Nov de 1999
 E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
 que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras galegas
que
 se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de
distribuilo
 e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro cando
 engadan moitas...

Ben, son novo nisto e ofrecinlle a miña axuda a Nacho (Juan Ignacio) para
comezar un proxecto de traducción do Linux en galego, pero cómo non, os
galegos non podemos estar quietos e xa había esta pequena familia no allo.
Alégrame moito unirme a vós e axudarvos no que poida dende o Instituto da
Lingua Galega, en concreto sobre a listaxe de palabras para o Ispell, porque
eu xa teño unha feita que contén ó redor de 127.000 palabras (que non está
nada mal para comezar!). O problema é se se pode facer algo máis (ou máis
ben se se debería facer algo máis), entre outras cousas porque son ó redor
de 26.000.000 millóns de formas verbais as que se terían que corrixir en
galego e que moito me temo, non se poden incluír así como así nun ficheiro
(nin en Windows nin en Linux). Ademais creo que tamén habería que mira-la
maneira de incluír ficheiros de axuda que teñan unha relación de
castelanismos e formas incorrectas que remitan a unha forma ou formas
correctas en galego. Isto é só para ir abrindo apetito.

Un saúdo
X.M.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa Xos� M . P�rez Sardi�a
   Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:
  
traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as
leve
  a cabo.
 
  e Rubén escribíanos o 12 de Nov de 1999
   E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
   que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras
galegas
  que
   se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de
  distribuilo
   e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro
cando
   engadan moitas...
 
  Ben, son novo nisto e ofrecinlle a miña axuda a Nacho (Juan Ignacio)
para
  comezar un proxecto de traducción do Linux en galego, pero cómo non, os
  galegos non podemos estar quietos e xa había esta pequena familia no
allo.
  Alégrame moito unirme a vós e axudarvos no que poida dende o Instituto
da
  Lingua Galega, en concreto sobre a listaxe de palabras para o Ispell,
porque
  eu xa teño unha feita que contén ó redor de 127.000 palabras (que non
está
  nada mal para comezar!). O problema é se se pode facer algo máis (ou
máis
  ben se se debería facer algo máis), entre outras cousas porque son ó
redor
  de 26.000.000 millóns de formas verbais as que se terían que corrixir en
  galego e que moito me temo, non se poden incluír así como así nun
ficheiro
  (nin en Windows nin en Linux). Ademais creo que tamén habería que
mira-la
  maneira de incluír ficheiros de axuda que teñan unha relación de
  castelanismos e formas incorrectas que remitan a unha forma ou formas
  correctas en galego. Isto é só para ir abrindo apetito.
 
  Un saúdo
  X.M.

 O Ispell utiliza un diccionario de palabras que non é unha simple serie
 de palabras unha detrás da outra. Se parte dun arquivo de afixos
(prefixos,
 sufixos e ...) e unha lista de palabras nas que se indican os afixos que
poden
 levar (é algo máis ou menos así).
 A tarefa é aprender a sintaxis exacta de eses arquivos e despois
 construilos.
 En canto as posibilidades de correción que da o Ispell penso que se
 reducen a buscar-la palabra no diccionario (incluindo variantes) e suxerir
 palabras parecidas que estén incluidas nel. Dudo que se poidan incluir
axudas
 para evitar castelanismos, a lo menos sen modificar o programa mesmo.
 De todos xeitos hei seguir buscando máis información ó respecto.

Pois ben, tampouco é nada difícil descompoñer ese número de palabras, entre
outras cousas porque seguín un método de formación de xénero, número e
plural por diferentes tipos (camión-camións, neno-nena-nenos-nenas, etc),
sendo moi doada a extracción dos morfemas e a conexión entre lexemas e mais
morfemas ó estaren separadas as formas orixarias en diferentes bases de
datos!!!).
A base de datos de verbos ten unha parte de desinencias, con máis de 200.000
celas de información, e outra de raíces (sobre 8000) coas correspondencias
feitas. Está mellorada con respecto á que se utilizará no que vai se-lo
corrector Galgo, e ten algunha cousella que modifica a estructura
substancialmente.

 PD: ¿É realmente molesta a miña firma?

A min chamoume a atención, pero nada máis, está moi ben feita e non tiven
ningún problema para vela. Moi persoal

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa Juan Ignacio Nogueira
   Por outro lado é seguro que teñades idea de algo que tamén precise
 traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve a 
 cabo.

Lembrei que hai un programiña chamado fortune que che contaba un conto
cada vez que o chamabas. Penso que sería boa idea que tamén soltase algún
refrán ou dito galego, non?.

Naho.
-- 
 |\ /|
 __  | \___/ |   
/  \_|/ \|
   /   \ |  | |  |
  | |   \  ___\ /
  \  ___\\_\_--\_T_/--
   \/ \
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa David Fernandez Vaamonde
On Mon, 15 Nov 1999, Juan Ignacio Nogueira wrote:

   Lembrei que hai un programiña chamado fortune que che contaba un conto
 cada vez que o chamabas. Penso que sería boa idea que tamén soltase algún
 refrán ou dito galego, non?.

Otia, pois eso si que ten boa pinta, o fortune-ga!!! Eu aporto refráns,
ditos, pequenas lendas... o que queirades que algun podo atopar ( ademas
que me gusta moito ... )

Saudos, David.

David Fernandez Vaamonde|   Unruly boys who will not grow up
|must be taken in band 




--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


ISPELL

1999-11-19 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Boas,

Écheme estraño que ninguén falase disto, semella que algúns estaban
a durmir na conferencia de COES no congreso de Hispalinux. };)))

Un dos proxectos do COES é a adaptación do ispell ó castelán, e
polo que dixeron na conferencia, xa levan bastante adiantado.  Comprería
botarlle unha ollada, para ver como teñen estructurado todo, xa que non é
sinxelo, e eles dixeron que nas últimas versións cambiaran (agruparan ou
desagruparan) moitas definicións de desinencias verbais.

A dirección (aínda que agora mesmo non vai), é:

http://www.datsi.fi.upm.es/~coes/

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: ISPELL

1999-11-19 Conversa Xos� M . P�rez Sardi�a

 Un dos proxectos do COES é a adaptación do ispell ó castelán, e
 polo que dixeron na conferencia, xa levan bastante adiantado.  Comprería
 botarlle unha ollada, para ver como teñen estructurado todo, xa que non é
 sinxelo, e eles dixeron que nas últimas versións cambiaran (agruparan ou
 desagruparan) moitas definicións de desinencias verbais.

 A dirección (aínda que agora mesmo non vai), é:


Ben, de acordo, pero temos unha base para comezar a traballar, palabras
flexionadas e verbos modelizados e enlazados con tódalas desinencias
posibles. Creo que para ir empezando é o máis importante. O único que hai
que saber é cómo adaptar toda esa información, tendo en conta as limitacións
do programa ou mesmo as súas vantaxes (porque pode que teña moitísimas máis
cousellas que non teñamos feitas no galego). Debemos aproveitar esta
oportunidade, hai que colle-lo ispell e diseccionalo (cousa que eu non teño
posibilidade de facer).

X.M.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: ISPELL

1999-11-19 Conversa Roberto Suarez Soto
On lun, nov 15, 1999 at 11:32:33 +0100, Jesus Bravo Alvarez wrote:

   Écheme estraño que ninguén falase disto, semella que algúns estaban
 a durmir na conferencia de COES no congreso de Hispalinux. };)))

Si, de certo que algúns pasáronse un cacho longo desa e doutras
conferencias botando unha soneca ;-)

-- 
   Roberto Suarez Soto  ·   If it doesn't work, force it.
   r...@ceu.fi.udc.es   · If it breaks, it needed replacing anyway.
Corgo/Lugo/Galicia/Spain·
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa Roberto Suarez Soto
On lun, nov 15, 1999 at 12:18:00 +0100, Juan Ignacio Nogueira wrote:

 PD: ¿É realmente molesta a miña firma?

Ben, moi molesta moi molesta non é, mais ... eu personalmente
preferiría que fose un pouquichín máis pequena :-)

-- 
   Roberto Suarez Soto  ·   If it doesn't work, force it.
   r...@ceu.fi.udc.es   · If it breaks, it needed replacing anyway.
Corgo/Lugo/Galicia/Spain·
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa Rub�n
 PD: ¿É realmente molesta a miña firma?

Home, non e que moleste a vista. Como din os demais, o problema e
que é un pouco grande de máis... Nunha firma a xente pon xeralmente algo moi
pequeno co que se senta identificado, e ademais é unha arte ben coñecida
facer debuxos con moi poucos caracteres para por nas firmas...

Por exemplo, alternativa bastante mais fea pero de só 3 liñas :-D

  ,-.(\___/)
 / _\__\_ \| |/
(__)_)(_T_)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa Jose Dapena Paz
On Mon, 15 Nov 1999, Juan Ignacio Nogueira wrote:

  Por outro lado é seguro que teñades idea de algo que tamén precise
  traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve a 
  cabo.
 
   Lembrei que hai un programiña chamado fortune que che contaba un conto
 cada vez que o chamabas. Penso que sería boa idea que tamén soltase algún
 refrán ou dito galego, non?.

Isto é realmente sinxelo. Chega con ter unha boa colección de
frases, e indexalas coas ferramentas coas que xa se fan os ficheiros de
datos de fortunes.

O máis complicado sería incluilo na distribución principal de
fortunes, pero tamén se podería facer, creo eu.

Un saludo.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
| http://personales.mundivia.es/jdapena
[GGL developer] | DynDNS: metalicana.ddns.org
| Clave PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-14 Conversa Jacobo Tarrio
O Fri 12 Nov 1999 18:45:06 +0100, Rubén escribía:

 rápidamente a forma de facer unha plantilla (dise así?) de galego. De feito,
~
 patrón
-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-12 Conversa Juan Ignacio Nogueira
Nada, que quero adaptar tanto o LaTeX como o ISPELL ó galego (e
calquera cousa que se tercie). O asunto é que non teño toda a información que
preciso. Sei que hai algúns arquivos que hai que traducir pero sei que hei de
esquecer algo e outras cousas non sei como facelas.

Tamén é certo que buscando heinas atopar, ... pero tamén é certo que
haberá algún de vos que, ou ben o sepa, ou ben me poida decir onde atopalo,
alguén que leve toda a vida con LaTeX por exemplo.

Por outro lado é seguro que teñades idea de algo que tamén precise
traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve a cabo.

Nacho.

-- 
 |\ /|
 __  | \___/ |   
/  \_|/ \|
   /   \ |  | |  |
  | |   \  ___\ /
  \  ___\\_\_--\_T_/--
   \/ \
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-12 Conversa Rub�n
Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:

 traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve a 
 cabo.

A miña primeira suxerencia, e que reduzas un pouquiño esa firma do
gato, porque ademais de ser molesta unha firma tan enorme, facer un gato
ASCII asi de grande non ten ningun mérito :)

Polo tema de latex, pois supoño que se miras os fontes verás
rápidamente a forma de facer unha plantilla (dise así?) de galego. De feito,
os temas de tildes e tal valen perfectamente os que trae a de castelan, o
único sería traducir o de Capítulo, Sección, etc.

E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras galegas que
se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de distribuilo
e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro cando
engadan moitas...
-- 
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ]  [ IRCore developer ]  [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe