Grupo Galego de tradución de Fedora RHLE

2012-04-04 Conversa Fran Dieguez
Ola rapaces,

este mail é simplemente para informarvos que xa está creado o Grupo
Galego de tradución de Fedora de forma oficiosa.

https://fedora.transifex.net/projects/p/fedora/language/gl/

Saúdos
-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Tradución de Fedora

2008-06-06 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/6 Adrián Chaves :
> Iso da asociación fáiseme raro. Non sei, con que Trasno tivese o eco na
> comunidade galega que pode ter Ubuntu-es... (xa sei qu é unha
> comparación un tanto sen sentido). De todos xeitoa, sabe algún de
> equivalentes ao Proxecto pero noutras linguas (sociedades de tradutores
> inglesas, francesas...)?

Levanto a man tamén.

De onde sacaches ti que Fedora estea ó 100%??? Non hai
ningunha distro, ningunha, que estea máis aló do 95%. A que máis se
achega é Mandriva, se mal non lembro, cun 94%. Como de Ubuntu non hai
información fiable non falo dela...

Polo que vin ata agora noutros idiomas normalmente o proxecto é por
programa ou ambiente de escritorio. Os tradutores de SL ó galego
conseguimos xuntarnos todos nun proxecto de proxectos de tradución que
se chama Trasno, o que ten o seu mérito, ainda que cada dous por tres
se atopa a tradutores que van creando proxectos paralelos ós nosos, ou
que crean ou reviven outros e despois non se unen a nós por
descoñecemento ou directamente porque non queren saber nada de nós.

Respecto do de realizar actos nas universidades estou de acordo, ainda
que seguro que a responsabilidade recairá nos trasnegos estudantes,
entre os que estou, e a min nunca me fixo gracia ter que organizar
cousas destas, pero se somos varios seguro que consigo sacar ganas de
onde non as teño. En principio aquí na UDC poderiamos intentar
solicitar apoio dalgún xeito á xente do GPUL, xa que temos a Tsao que
é membro...

Ata logo,
 Leandro Regueiro

> O Ven, 06-06-2008 ás 19:50 +0200, Miguel Branco escribiu:
>> ^,^!! Vaia, aleghrame saber que fédora está traducida ó 100%!!. Cando
>> saiu a sulphur (non?) mirara e non estaba completa.
>>
>> No resto, completamente d'acordo. Trasno non é visible: hai que pensar
>> en 'reconvertelo' para facelo máis explicativo do que é e máis visible
>> na 'web', e isto competelle a quen leva o domino etc, entendo. i.e, na
>> wiki poñer que trasno é un 'grupo de tradutores ó galego de software
>> libre' ou renovar a páxina e facela máis atractiva Tm, Non estaría
>> mal abrir contas/grupos de 'trasno' en redes sociais etc coma
>> facebook, myspaces ou similares e aproveitalas.
>>
>> Logo, montar unha asociación é 'sinxelo' (regul. en LEY ORGÁNICA
>> 1/2002, de 22 de marzo,reguladora del Derecho de Asociación. BOE, e a
>> lei autonómica subsidiaria desta que ten que estar no DOGA); se na
>> asociación non hai cartos os tramites a realizar son mínimos (definir
>> uns estatutos, o presidente da asociación, o tesoureiro e
>> notificaclo). Mais alá diso; eu creo que espontáneamente deberíamos ir
>> plantexando facer charlas en universidades e asociacións de linux...
>> segundo poideramos. Digo nas univ. porque véxoas como unha canteira
>> importante (que levante a man de entre nós o que non estea/pasara por
>> unha facultade na súa vida).
>
> [Levanto a man] :-D
>
>>
>> > Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
>>
>> > visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
>>
>> > xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego
>> de
>>
>> > moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
>>
>> > facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
>>
>> > periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...
>>
>> >
>>
>> > Ata logo,
>>
>> > Leandro Regueiro
>>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Re: Tradución de Fedora

2008-06-06 Conversa Adrián Chaves
Iso da asociación fáiseme raro. Non sei, con que Trasno tivese o eco na
comunidade galega que pode ter Ubuntu-es... (xa sei qu é unha
comparación un tanto sen sentido). De todos xeitoa, sabe algún de
equivalentes ao Proxecto pero noutras linguas (sociedades de tradutores
inglesas, francesas...)?

O Ven, 06-06-2008 ás 19:50 +0200, Miguel Branco escribiu:
> ^,^!! Vaia, aleghrame saber que fédora está traducida ó 100%!!. Cando
> saiu a sulphur (non?) mirara e non estaba completa.
> 
> No resto, completamente d'acordo. Trasno non é visible: hai que pensar
> en 'reconvertelo' para facelo máis explicativo do que é e máis visible
> na 'web', e isto competelle a quen leva o domino etc, entendo. i.e, na
> wiki poñer que trasno é un 'grupo de tradutores ó galego de software
> libre' ou renovar a páxina e facela máis atractiva Tm, Non estaría
> mal abrir contas/grupos de 'trasno' en redes sociais etc coma
> facebook, myspaces ou similares e aproveitalas. 
> 
> Logo, montar unha asociación é 'sinxelo' (regul. en LEY ORGÁNICA
> 1/2002, de 22 de marzo,reguladora del Derecho de Asociación. BOE, e a
> lei autonómica subsidiaria desta que ten que estar no DOGA); se na
> asociación non hai cartos os tramites a realizar son mínimos (definir
> uns estatutos, o presidente da asociación, o tesoureiro e
> notificaclo). Mais alá diso; eu creo que espontáneamente deberíamos ir
> plantexando facer charlas en universidades e asociacións de linux...
> segundo poideramos. Digo nas univ. porque véxoas como unha canteira
> importante (que levante a man de entre nós o que non estea/pasara por
> unha facultade na súa vida).

[Levanto a man] :-D

> 
> > Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
> 
> > visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
> 
> > xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego
> de
> 
> > moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
> 
> > facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
> 
> > periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...
> 
> >
> 
> > Ata logo,
> 
> > Leandro Regueiro
> 

Re: Tradución de Fedora

2008-06-06 Conversa Miguel Branco

^,^!! Vaia, aleghrame saber que fédora está traducida ó 100%!!. Cando saiu 
a sulphur (non?) mirara e non estaba completa.

No resto, completamente d'acordo. Trasno non é visible: hai que pensar en 
'reconvertelo' para facelo máis explicativo do que é e máis visible na 
'web', e isto competelle a quen leva o domino etc, entendo. i.e, na wiki 
poñer que trasno é un 'grupo de tradutores ó galego de software libre' ou 
renovar a páxina e facela máis atractiva Tm, Non estaría mal abrir 
contas/grupos de 'trasno' en redes sociais etc coma facebook, myspaces ou 
similares e aproveitalas. 

 Logo, montar unha asociación é 'sinxelo' (regul. en LEY ORGÁNICA 1/2002, 
de 22 de marzo,reguladora del Derecho de Asociación. BOE, e a lei autonómica 
subsidiaria desta que ten que estar no DOGA); se na asociación non hai cartos 
os tramites a realizar son mínimos (definir uns estatutos, o presidente da 
asociación, o tesoureiro e notificaclo). Mais alá diso; eu creo que 
espontáneamente deberíamos ir plantexando facer charlas en universidades e 
asociacións de linux... segundo poideramos. Digo nas univ. porque véxoas 
como unha canteira importante (que levante a man de entre nós o que non 
estea/pasara por unha facultade na súa vida). 

> Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
> visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
> xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego de
> moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
> facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
> periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...
>
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro

Re: Tradución de Fedora

2008-06-06 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/6 Adrián Chaves :
> O Ven, 06-06-2008 ás 15:52 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>> Ola,
>> remexendo na Internet acabo de ver que outra persoa retomou a
>> tradución de Fedora. Alguén sabía disto? Inviteino a que se incorpore
>> a Trasno. A ver en que da a cousa. Máis información en
>> http://translate.fedoraproject.org/teams/gl
>>
>> Imos ter que pensar en serio no tema da visibilidade de Trasno.
>>
>> Ata logo,
>>Leandro Regueiro
>
> Seguro que foi algún que deixou a familia Debian tras do "pequeno"
> problemiña de seguridade :-)
>
> A que te refires co da visibilidade de Trasno? Facer publicidade,
> propaganda, ou algo así?
>
> Un saúdo!
>Adrián Chaves

Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego de
moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: Tradución de Fedora

2008-06-06 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/6 Leandro Regueiro :
> Ola,
> remexendo na Internet acabo de ver que outra persoa retomou a
> tradución de Fedora. Alguén sabía disto? Inviteino a que se incorpore
> a Trasno. A ver en que da a cousa. Máis información en
> http://translate.fedoraproject.org/teams/gl
>
> Imos ter que pensar en serio no tema da visibilidade de Trasno.
>
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro

Volvendo ó tema, acabo de buscar fedora galego traducir, fedora galego
tradución e incluso fedora galego traducción en google, e vin que a
páxina do proxecto Trasno aparece moi embaixo, e o título da páxina
non parece moi informativo xa que é fedora:inicio [Proxecto Trasno]

Non habería a posibilidade de que o dokuwiki mostrara algo coma
"Tradución ó galego de Fedora"???

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Tradución de Fedora

2008-06-06 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
remexendo na Internet acabo de ver que outra persoa retomou a
tradución de Fedora. Alguén sabía disto? Inviteino a que se incorpore
a Trasno. A ver en que da a cousa. Máis información en
http://translate.fedoraproject.org/teams/gl

Imos ter que pensar en serio no tema da visibilidade de Trasno.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: traduccion de fedora

2006-08-31 Conversa Leandro Regueiro

On 7/21/06, Leandro Regueiro  wrote:

On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez  wrote:
> O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:
>
> >Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
> >resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
> >que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
> >volvelo subir ¿ou non?
>
> Iso é :)  E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado,
> en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.
>
> >Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
> >Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
> >OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.
>
> As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
> plugin para o dokuwiki.  Se poñemos a wiki como páxina principal,
> temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
> por exemplo)
>
> E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
> sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:
>
> http://dkwk.trasno.net/
>
> >Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
> >abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.
>
> Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)
>
> >Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
> >que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
> >pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).
>
> Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
> decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
> moito:
>
> http://www.trasno.net/update/
>
> (Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)

O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle
as cabeceiras e todo.

Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun
ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo
así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP.

Vaise seguir usando Perl para a nova web de Trasno?

Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez  wrote:

O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:

>Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
>resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
>que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
>volvelo subir ¿ou non?

Iso é :)  E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado,
en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.

>Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
>Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
>OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.

As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
plugin para o dokuwiki.  Se poñemos a wiki como páxina principal,
temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
por exemplo)

E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:

http://dkwk.trasno.net/

>Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
>abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.

Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)

>Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
>que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
>pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).

Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
moito:

http://www.trasno.net/update/

(Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)

O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle
as cabeceiras e todo.

Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun
ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo
así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP.

Por certo, o de actualizar contra o ficheiro pot dábame problemas,
pero igual o problema é que non o executaba de forma correcta. Hei
probar para a semana cando volva, que hoxe teño que irme.

Ata logo,
   Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:

>Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
>resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
>que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
>volvelo subir ¿ou non?

Iso é :)  E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado, 
en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.

>Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
>Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
>OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.

As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
plugin para o dokuwiki.  Se poñemos a wiki como páxina principal,
temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
por exemplo)

E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:

http://dkwk.trasno.net/

>Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
>abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.

Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)

>Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
>que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
>pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).

Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
moito:

http://www.trasno.net/update/

(Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez  wrote:

O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía:

>Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
>traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
>Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.

Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros.  O
problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que
me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a
subín).  A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os
ficheiros .po ao recibilos no meu correo.

Si, non enviaches o ficheiro. Agora déixao, decidín comezar a
traducción dende cero. Ese robot podería estar no servidor de Trasno,
¿non? cunha interface web que permita subir os ficheiros ó CVS. Por
exemplo ti vas a esa páxina de Trasno (acceso restrinxido, por
suposto) e subes tres ou catro traduccións, e que o robot se ocupe de
validalas, facer merges se é necesario, etc. e subir os ficheiros.

>ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
>commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
>facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
>avisarán.

Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o
CVS xeral (o de desenvolvemento).  Supoño que terán un mecanismo de
actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero
non cando engade un novo.

Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non
estea no CVS xeral, polo que é como se non existise.  Eu escribiría a
i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que
o engadan eles.

Será mellor que intente contactar con eles, e de paso heilles dicir
que quiten o de "Gallegan". O caso é que nas páxinas de estatísticas
aparecen as novas traduccións, pero mellor asegurarse.

>Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
>que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
>Core logo?

Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :)  Aquí o teño, actualízase
cada día:

http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/

Xa. Veña, ata logo,
   Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía:

>Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
>traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
>Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.

Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros.  O
problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que
me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a
subín).  A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os
ficheiros .po ao recibilos no meu correo.

>ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
>commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
>facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
>avisarán.

Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o
CVS xeral (o de desenvolvemento).  Supoño que terán un mecanismo de
actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero
non cando engade un novo.

Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non
estea no CVS xeral, polo que é como se non existise.  Eu escribiría a
i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que
o engadan eles.

>Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
>que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
>Core logo?

Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :)  Aquí o teño, actualízase
cada día:

http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

> b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
> subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
> merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai
algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un
ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r6 ficheiro.po.r7. O mine é a túa
versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes
que facer un

msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r7 -o ficheiro.po

que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis
que creaches na versión local. Fas un

cvs resolved ficheiro.po

e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o
catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para
resolver conflictos de cvs.

Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
volvelo subir ¿ou non?

E agora que me puxen con Fedora, terei que rematar a miniguía para
parvos. Jesús, moitas gracias por poñer as etiquetas code. Estiven
buscando un xeito de conseguir ese resultado, pero non o atopara.

Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.
Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.

Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).

Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Xabi G. Feal

> a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un
> ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
> commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
> facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
> avisarán.

Non che sei, se cadra hai algún problema cos Makefile.am. O normal é que para 
engadir ficheiros.po non haxa necesidade de facer algo máis que un cvs add && 
cvs commit.

>
> b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
> subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
> merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai 
algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un 
ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r6 ficheiro.po.r7. O mine é a túa 
versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes 
que facer un 

msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r7 -o ficheiro.po

que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis 
que creaches na versión local. Fas un 

cvs resolved ficheiro.po

e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o 
catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para 
resolver conflictos de cvs.

>
> Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
> que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
> Core logo?
>
> Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de
> dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín.
>
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro
>
> On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez  wrote:
> > O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:
> > >CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
> > >(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
> > >meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
> > >para parvos a ver se se anima a traducir alguén.
> >
> > Que problema tes exactamente?  Polo que vexo na wiki, xa
> > documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
> > entre , para que sexa máis lexible).  Puideches finalmente
> > subir os ficheiros?
> >
> > Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
> > coordinador.  Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
> > prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co
> > CVS/SVN. Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas
> > contas para un mesmo grupo de tradución :)
> >
> > --
> > Unha aperta,
> > Jesús Bravo Álvarez
> > ___
> > Trasno mailing list
> > tra...@ceu.fi.udc.es
> > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.
¿Pero que fago cando o teña que facer dende outro ordenador (teño a
clave neste, igual o teño que facer dende Windows)?

Por outra parte as dúbidas que teño agora son:
a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un
ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
avisarán.

b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
Core logo?

Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de
dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín.

Ata logo,
Leandro Regueiro

On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez  wrote:

O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:

>CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
>(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
>meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
>para parvos a ver se se anima a traducir alguén.

Que problema tes exactamente?  Polo que vexo na wiki, xa
documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
entre , para que sexa máis lexible).  Puideches finalmente
subir os ficheiros?

Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
coordinador.  Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co CVS/SVN.
Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas contas
para un mesmo grupo de tradución :)

--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-20 Conversa Jesus Bravo Alvarez

2006-07-20 Conversa Leandro Regueiro

Estiven mirando a páxina sobre Fedora Core que hai en trasno e da
pouca información que da case mete medo poñerse a traducir. Estou
mirando a ver se consigo subir algunha actualización de traducción ó
CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
para parvos a ver se se anima a traducir alguén.

Se alguén sabe como se fai, que mo diga.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

On 7/19/06, Leandro Regueiro  wrote:

Ola a todos.

Estiven pensando en traducir algo de Fedora Core. Estiven mirando un
pouco e non sei manexarme co cvs. Se alguén me pode indicar que é o
que teño que facer agradeceríalle a axuda.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

traduccion de fedora

2006-07-19 Conversa Leandro Regueiro

Ola a todos.

Estiven pensando en traducir algo de Fedora Core. Estiven mirando un
pouco e non sei manexarme co cvs. Se alguén me pode indicar que é o
que teño que facer agradeceríalle a axuda.

Ata logo,
Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

fedora

2004-03-26 Conversa unho

Ola de novo. Son novo, pero oin algo como que Red Hat deaparece e agora ven 
Fedora. ¿Ímo-la traducir tamen? En caso afirmativo metedea na seccion de 
distros. 

http://fedora.redhat.com/projects/translations/ 

http://elvis.redhat.com/cgi-bin/i18n-status 

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno