Ola a todos.

Alegrame que a xente lle parece ben a candidatura de Trasno que nunha
primeira etapa teríame a min como coordinador.

Con respecto ao equipo co que contaría, pois con toda a xente, pero
estou a procura de persoas dentro de Trasno que lle poidan adicar unha
boa cantidade de tempo, principalmente polo grado de confianza de
comezar con xente que un xa coñece. O bo que ten que Trasno colla as
rendas é que ten unha boa cantidade de man de obra que para momentos
moi puntuais se poden por arreo con Mozilla (se consigo que a
planificación do traballo e o reparto non coincida temporalmente cos
outros proxectos nos que traballan).

Vou a intentar ser un coordinador que realmente coordina o traballo.
Sobre todo vaise buscar a transparencia e a información constante do
traballo que se realiza e como. E como ben di Méixome, deixar o camiño
preparado para os futuros coordinadores e a xente que queira levar as
rendas e traballar para ter en galego os produtos de Mozilla.

Agora estou liado, pero o fin de semana seguro que nos vemos moitos
pola XGN e podemos falar con calma, xa que a OSL vai montar un Punto
de Información con outras asociacións para promocionar o Software
Libre e concretamente os estándares abertos xa que o mércores 31
celebrase o DocumentFreedomDay. Aínda que sexa publicidade temos nova
na web da OSL: http://www.usc.es/osl/?q=document-freedom-day-10

Sen máis, un saúdo a todos e a ver se podemos saír o máis pronto
posíbel desta situación de indefinición na que estamos.

Coidarse.

2010/3/26 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> Bravo, Antón :)
> Apertas, Manuel
>
>
> 2010/3/26 Anton Méixome <meixome en certima.net>
>>
>> Keko: 5/5
>> Outros: 0/0
>> Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro, Méixome
>>
>> O seguinte desfogo podédelo obviar.
>>
>> Efectivamente tameń creo que hai que dar saída a esta etapa; a
>> candidatura de Keko é unha boa opción en si mesma.
>> Por outro lado, agradezo a Manuel a súa dispoñibilidade incondicional.
>>
>> Aposto pola transversalidade do traballo de localización.
>> Parécenme superpertinentes os apuntamentos de Manuel sobre a utilidade
>> de integrar os futuros tradutores profesionais
>> en formación así como en ter unha coordinación lingüística en paralelo
>> á de enxeñaría e institucional de Mozilla.
>> En xeral, o tradutor como mediador e non como creador.
>>
>> O seguimento do traballo concreto é preferible facelo na propia lista
>> como di damufo tamén. A función fundamental de
>> coordinación debe ser formar aos seguintes coordinadores. A
>> sustentabilidade, mesmo a rotación. Hai moitos outros aspectos que
>> pode/deben
>> ir por outro lado e creo que todos somos conscientes desa
>> complementariedade de grupos e persoas.
>>
>> Debido ao meu compromiso con openoffice, non podo participar en
>> Mozilla como o fixen noutras circunstancias
>> pero xuntos somos algo, somos útiles e o traballo paga a pena, mentres
>> cada un polo seu lado non é ninguén.
>>
>> Todo se andará se compartimos o estrito respecto polas persoas e o
>> amor polo noso idioma, que son as cousas que nos xuntan aquí.
>>
>> Persoalmente,
>>
>> Antón
>>
>>
>>
>>
>> 2010/3/25 Jesús <xermolinho en gmail.com>:
>> > Coido que se ninguén di nada en contra despois da Semana Sanat Keko
>> > debería asumir a coordinación e tirar para adiante.
>> >
>> > ifrit
>> >
>> > 2010/3/23 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> >>> Eu tan só quero dicir que penso que se non hai opinións en contra da
>> >>> candidatura de Keko, pois xa está, non?
>> >>>
>> >>> Dígoo porque penso que a maioría da xente da lista non vai emitir
>> >>> voto....
>> >>>
>> >>> pero é unha opinión, en calquera caso eu tamén apoio a candidatura de
>> >>> Keko.
>> >>>
>> >>> Penso que o importante é rematar con este debate canto antes, polo que
>> >>> apoio
>> >>> a idea de poňer como data límite até fin de mes.
>> >>
>> >> Se hai que votar para acabar xa ca indecisión esta dunha vez, pois
>> >> voto. Aínda así non considero que o meu teña especial valor dada a
>> >> miña pouca participación na tradución de Mozilla nos últimos cinco
>> >> anos.
>> >>
>> >> Keko: 4/4
>> >> Outros: 0/0
>> >> Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro
>> >> _______________________________________________
>> >> Galician mailing list
>> >> Galician en mozdev.org
>> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >>
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > ====================
>> > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
>> > Visit our blog of fast food of the world:
>> > http://capitulocerdo.blogaliza.org
>> > Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
>> > Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
>> > ====================
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > Galician en mozdev.org
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>>
>>
>>
>> --
>> Leader of openOffice.org GL
>> http://gl.openoffice.org
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a