Ola a todos.

Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que ía en
inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a
facerme cos procedementos.

Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me
activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a
mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en
darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora,
estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a
comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán
para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles
co seu grupo.

Xa recibín algunha queixa con respecto a algunha tradución (de
usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a
tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que
ben valía cun Sentímolo ou Sentímosllo (comentario de lingüistas). Que
non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal
do inglés sexa esa.

De entrada quero saber quen vai a querer traducir no día a día e se
vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos.
Como sabedes hai varios produtos e así eu poder encargarme da parte
técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode
comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente.
Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. É moi
importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.

Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo
abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de
traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial,
que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben
como organizou todo. Imaxínome que repartía o traballo entre a xente
que quería colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el
conseguía unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos
tradutores.

Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando
en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo
completado e que pasos me din que teño que facer.

Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que
compromiso pode asumir.

Un saúdo.

2010/4/13 suso <suso.baleato en gmail.com>:
> Boas,
>
> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes, como
> xa fixen en GNOME e OpenOffice.
>
> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será cousa
> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio
> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
> medida en que poida axudalo.
>
> Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar o
> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non era
> Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou 
> Trasno,
> non lembro cal dos dous era).
>
> É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é 
> individual;
> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e non
> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real Madrid
> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén pretenda
> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra organización.
>
> Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
> Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non vaia
> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que
> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e que
> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización, meterán
> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por que
> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes efectos
> a única organización que existe é a Fundación Mozilla.
>
> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
> correos onde me poñades en copia.
>
> Ánimo pois.
>
> Saúde.
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a