Ola:

Levo tendo seguindo a información da rolda e debo dicir que normalmente 
non participo porque non acabo de comprender ben o funcionamento. Eu son 
tradutora, pero no campo da informática son unha simple afeccionada. Non 
teño inconveniente en axudar no proceso de tradución, pero me perdo un 
pouco no procedemento.
De calquera xeito, aquí estou se fai falta.

Susana


Leandro Regueiro escribió:
> 2010/3/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>   
>> Ola,
>> Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que fostes
>> escribindo.
>> Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por curiosidade,
>> por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)
>> Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e gustaríame
>> facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que unha persoa que
>> se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para 
>> aglutinar
>> esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu podería facer iso,
>> pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar, cuestionar
>> ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou noutra lista, dame
>> un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é necesario facer
>> algo para desbloquear isto.
>> Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e impredecíbel, e 
>> dáme
>> medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me xurdiren
>> proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses vexo que non
>> podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á Fundación
>> Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?
>> Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do número de horas
>> semanais que sería necesario dedicar á coordinación?
>> Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha vez ao ano á
>> reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o coordinador teña a
>> súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso facilita
>> xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do g11n...
>> Aínda concordando co principio do "silencio consensual", gustaríame 
>> escoitar
>> a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están nesta 
>> lista.
>> Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e proxectos 
>> podería
>> servir para "espertar" a participación das persoas que só seguen a rolda de
>> cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.
>> Bon, se cadra non é tan importante este tema...
>> Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da "comunidade"?
>> Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de 
>> produtos
>> de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros proxectos ou
>> non.
>>     
>
> Entendo que se non te ves con tempo suficiente, ou pensas que nun
> momento dado poderías non poder dar a cara, quizais se deba pensar
> noutro sistema de organización e reparto do traballo onde a
> responsabilidade non recaia en só unha persoa, ou ter un sistema de
> relevo rápido (como en Trasno). Pero isto depende de se a
> infrastrutura de Mozilla o permite ou non, ou de se se poden subverter
> as súas normas (como fixemos en openSuse).
>
> Para incentivar á xente a participar, pois non sei que dicir. Quizais
> o primeiro é identificar cales son os problemas ou os atrancos que
> evitan que a xente se involucre. Isto é evidente. Quizais outra cousa
> a mellorar sería evitar andar lanzando a nova de que Firefox está ao
> 100% cada dous por tres xa que a xente di "xa está todo feito e non se
> precisa a miña axuda", polo que quizais sexa útil indicar que se pode
> traducir outras cousas que aínda non están completas, e de cando en
> vez pedir colaboradores para isto ou para aquelo. Outra cousa sería
> non intentar tratar a este proxecto como unha caixa pechada, como se
> non influira, fora influido por, ou precisara dos outros proxectos, xa
> que seguro que hai xente que prefire traducir por exemplo KDE a
> traducir en Mozilla e se as datas se solapan pois escollen KDE (por
> exemplo). A verdade é que pode haber ata unha ducia de factores
> diversos. Todo isto é moi interpretable e estou seguro de que hai
> bastantes persoas que van disentir da miña opinión, o cal é moi
> respectable.
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>   

Responderlle a