> hoxe púxenme á faena e veño con unhas cantas dúbidas.
>
> Unha das tarefas do instalador de debian é configurar as locales. Que non
> soupen como traducir, así que o deixei como 'locale'. Lendo as traducións xa
> feitas vin que en certos contextos se pon como 'configuración local', algo
> que na maioría de estos contextos non parece todo o preciso que debería ser.
> Que opinades?
> Decidín por agora usar 'locale' ( e usalo e feminino, que nas traducións
> existentes tampouco había consenso).

Creo que este é un tema aínda sen pechar. Eu usaría "configuración
rexional" ou "locale".

> Atopei tamén "América do sul". Ó parecer eso é así en portugués, pero non
> atopei 'sul' en ningún diccionario galego. Esto está así por algunha razón?
> podo cambialo por 'sur' sen que ninguén me diga nada?

"América do sur"

> Por último (polo de agora) hai un campo que di: "unusable", con comentario que
> di que está limitado a oito caracteres. Puxen "inusable", inda que non está
> no diccionario. Non se me ocorreu nada mellor.

"inutilizable" por exemplo.

> E pregunta extra, esta técnica: as liñas cos textos anteriores nas cadeas
> marcadas como 'fuzzy' (que empezan por #| msgid "...") deberían ser borradas?

Non sei, pero o que enviou Gonçalo parece aclarar isto.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a