Grazas Leandro! Algún máis que desexa dar a súa opinión antes de que poña as
outras frases?

2010/8/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2010/8/19 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>:
> > Vou comezar polos termos moi tecnicos. Algúns non sei se traducilos ou
> > deixalos como están e outro teño dúbidas:
> >
> > Firewall -> estou a empregar devasa, é correcto? e por certo, de onde ven
> a
> > palabra devasa?
>
> Adiante. Segundo as discusións de terminoloxía que chegaron a algures
> sobre o tema este fora "devasa" o termo elixido. Outra cousa é o que
> aparece nas traducións.
>
> > tos -> Isto ven sendo tipo de servizo. Traduzoo coma tds? ou dexo tos?
>
> Eu poría TOS. Asegúrate ben de que é isto ao que se refire, non vaia ser o
> demo.
>
> > Type of Service -> Tipo de servizo non?
>
> Si.
>
> > iptables -> Supoño que en galego non ten tradución. Deixoo en ingleś
> logo?
>
> É un programa. Non se traduce.
>
> > LAN -> rede de área local? ou rede local?
>
> Se aparece como LAN, podes deixalo como LAN.
>
> > Throughput -> Taxa de transferencia?
>
> En http://en.gl.open-tran.eu/suggest/Throughput vexo que usaron
> "tránsito", aínda que consultando outras fontes parece que se usa iso
> de "taxa de transferencia".
>
> > Timestamping -> Código de tempo? http://es.wikipedia.org/wiki/Timestamp
>
> "marca de tempo" é o máis usado nas traducións e nos glosarios dispoñibles.
>
> > Traceroute -> Deixoo coma esta? Ou podo traducilo por: trazador de rutas,
> > rastrexador de rutas, seguidor de rutas, rastrexador de camiños?
>
> Traceroute é o nome doutro programa.
>
> > IP address -> como se traduce? como enderezo IP ou coma dirección IP?
>
> Enderezo IP. Lembra que é masculino.
>
> > Hits -> peticións, accesos? Exemplo: Filter out sequences of identical
> hits.
>
> Non sei. Esta sempre foi dificil de traducir porque hai outro termo
> moi parecido a este. Aquí aparece como "impacto"
> http://webs.uvigo.es/sli/glinternet/i.htm#impacto pero habería que
> comparalo con outros glosarios e as traducións que se usaron.
>
> > Hit View -> vista de peticións? vista de accesos? lista de peticións? No
> > firestarter a hit view é a columna onde aparece "Hora" "Dirección"
> "Porto"
> > etc..
> >
> > Direction -> Soamente aparece na columna de Hit View. QUe poño, dirección
> ou
> > enderezo?
>
> Enderezo.
>
> > Policy -> política? norma? A verdade e que neste programa en xeral para
> > todas as cadeas queda mellor "normativa", pero ao mellor é un
> castelanismo.
>
> Vexo que nas traducións se usou sobre todo "política" que é o que
> aparece maiormente nos glosarios, pero tamén se traduciu como
> "directiva", "norma", "regra"...
>
> > DCHP leases -> concesións DHCP? arrendamentos DHCP? préstamos DHCP?
>
> Non mirei a que se refire isto, pero busquei "lease" no open-tran:
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/lease e todos os resultados son da
> tradución de openSuse, concretamente dos módulos de DHCP. Alí usouse
> "lease"="asignación" o que non sei se é correcto porque non lembro se
> ese foi un dos módulos que se revisou a conciencia ao traducilo ou se
> foi un dos que se completou sen mirar as traducións anteriores. En
> todo caso "asignación" parece en principio unha boa tradución, xa que
> DHCP o que fai é recibir peticións de ordenadores (en realidade
> interfaces de rede, pero xa me entendedes) e DHCP asígnalles un
> enderezo IP do "pool" de enderezos libres.
>
> > Source Quenching -> Extinción das fontes? Exceso de tráfico? fontes
> > extinguíbeis?
>
> Creo que se refire a isto http://en.wikipedia.org/wiki/ICMP_Source_Quench
>
> Polo que lin nesa páxina é unha mensaxe que envía un encamiñador ou un
> ordenador en caso de que teña os búfers case cheos, para que algún
> ordenador que lle está enviando moitos paquetes "reduza" o tráfico que
> se dirixe a ese encamiñador/ordenador saturado.
>
> > cable modem -> módem de fíos? módem de cable?
>
> Vexo "cable módem" e "módem por cable". Habería que discutilo.
>
> > choices -> escollas? eleccións?
>
> "Escollas" podería valer. Hai que ter en conta que a veces depende do
> contexto. Tamén podería ser "opcións".
>
> > Bueno nada máis de momento, cando teñamos isto listo, poñereivos as
> frases
> > nas que dubido nalgúns termos.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/

Un saúdo!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a