En 2010/10/03 22:17, Antón Méixome escribiu:
2010/10/3 Xosé<xoseca...@gmail.com>:
Hai xa un tempo que teño a idea de facer un folleto dirixido aos centros
educativos (pdf por email) con todo o software educativo dividido por áreas
(lecto-escritura, idiomas, física, música, xeografía,...). Xa comezara cun
borrador hai uns meses pero pensaba retomalo para outubro. Non sabía moi  ben
como distribuílo, pero podería ser unha produción de trasno?

Xosé


O caso é facelo, e que este dispoñible en formato electrónico. A
partir de aí a distribución sería simple.

Si, eu penso que sería bo ter algo xenérico que en calquera momento se poida imprimir e deixar pendurado en tal centro ou lugar interesante para que estea.


O Sábado 02 Outubro 2010 22:06:30 Miguel Branco escribiu:
Ola,

A idea paréceme fabulosa. Agora, a vida real. Non temos, na asociación,
financiamento para pagar tiradas de impresión.

Si, pola contra podemos facer outra cousa, que é, xa que imos facer
cartelería e demais en breve para os cursos etc, aproveitar e encargar os
deseños de trípticos e folletos estándares que sirvan para publicade desta.
Así quen queira pode imprimilos (autofinancialos) e repartilos...

Isto recórdame a que temos que argallar un sistema de doazóns para estas
cousas :)

2010/10/1 Fran Dieguez<lis...@mabishu.com>

Damufo cando tes unha idea caralluda é para darche as grazas durante
anos.

Isto estaría moi moi interesante, incluso isto viríanos moi ben para
buscar axuda na tradución de aplicativos educativos entre os profesores
de Castelán, Galego, Inglés e en xeral calquera. Eu podería enviar
cartas e cartaces pola zona de Caldas de Reis e Vilagarcía. Só preciso
redactar unha carta informativa para os Directores de centro para que
difunda o seu contido entre os seus colegas docentes.

Na OSL temos unha lista de mails de centros educativos de formación
profesional onde poder enviar mails informativos. Aínda que isto é un
pouco perigoso por temas de LOPD e de correo non solicitado.

Saúdos
--
Enviado desde Ubuntu

O Ven, 01-10-2010 ás 17:01 +0200, damufo escribiu:
Boas:
Pregúntome se trasno podería fornecer carteis publicitarios para
pendurar por institutos, universidades....

Dando información do que a asociación fai e que é o que fornece
Poñendo brevemente:
Quen somos
Que facemos

     proxectos que levamos a cabo...

Onde estamos


--
damufo



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a