Eu sempre lembro o que dicía o meu profesor de galego no instituto: Un pronome persoal átono nunca comeza unha frase en galego. Só con iso xa se evitarían a metade dos erros que se cometen, curiosamente por xente que defende que soa "mais galego". Por exemplo Me dixo... Che vou contar... Te atopas ben?
Oio cousas así a diario, e férveme o sangue. Entendo que no medio das frases a veces é mais complicado de buscar unha regra (a veces preceden o verbo, e outras ségueno, podendo cambiar simplemente ao pasar de afirmativa a negativa a frase), e eu, por casualidade, procedo dunha zona onde se soen colocar ben estes pronomes, de modo que me sae con naturalidade, pero daría o que fose por que presuntos defensores da lingua aprenderan esta simple regra :P Que unha cousa é que alguén non concorde porque na súa isoglosa o uso difire, que é aceptable, e outra que por pasarse de listo ande a darlle patadas ao galego, que xa bastante maltreito vai. Recoñézoo, teño un problema co mal uso dos pronomes átonos, tiña que desafogarme XD El 29 de febrero de 2012 13:53, Antón Méixome <[email protected]>escribió: > 2012/2/29 damufo <[email protected]>: > > Boas: > > Eu tampouco son lingüista pero teño moi claro que o da entrevista está > mal > > posto. > > > > Dani, como galegofalante non deberías telo tan claro. O da entrevista está > ben > > Ben se encargan = Ben cho sei, Mal me parece, Tamén te quería > > A explicación é que comezar unha frase cun adverbio non é unha > colocación "normal". Trátase dunha construción modal enfática e como > reforzo o pronome átono tamén se disloca. Sucede cunha boa chea de > adverbios e constitúe unha regra básica do idioma. > > > > > > > > > En 2012/02/28 23:33, kaptan escribiu: > > > >> En 28/02/12 12:51, Leandro Regueiro escribiu: > >>> > >>> A min tamén me soa fatal. Que conste que tamén emprego «encárganse», > >>> pero noutro tipo de frases. > >> > >> Claro, tanto colocalo sempre pegado o verbo ("galeguismo") como > precedendo > >> sempre (castelanismo), está mal, o normal e que vaia pegado, pero hai > >> numerosas excepcións (como a indicada por damufo, que está ben na > >> entrevista) e para iso hai unhas regras ( > >> > https://gl.wikipedia.org/wiki/Colocaci%C3%B3n_do_pronome_%C3%A1tono_en_galego > >> ) > >> > >>> Non sabía eu que fora así. > >>> > >> Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e > homosexual > >> veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade non sei de > onde o > >> sacaron. > >> > >> Deica. > >> _______________________________________________ > >> Proxecto mailing list > >> [email protected] > >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Xabier Villar
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

