>> Non sabía eu que fora así. >> > Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e homosexual > veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade non sei de onde o > sacaron.
Pois creo que do ámbito xurídico. É unha descrición anacrónica e temos todo o dereito a pedir que se cambie porque xa non responde a ningunha realidade salvo a histórica. Hai unha gran diferenza entre o valor das palabras na lingua común e na lingua do dereito. Polo menos, deberíase poñer unha nota no caso de pederasta. E non estaría nada mal incluír algunha apreciación sobre o iso da "relación" porque tamén existe a creación, tráfico e consumo de imaxes relacionadas, que hoxe en día é o delito de "abusos sexuais infantís". Véxase http://buscon.rae.es/draeI/SrvltObtenerHtml?IDLEMA=54555&NEDIC=Si http://es.wikipedia.org/wiki/Abuso_sexual_infantil (Que importante é a Wikipedia hoxe en día!!) A homosexualidade era (aínda o é en moitas partes de mentes do mundo) un delito chamado sodomía e de aí a relación coa pederastia. A sodomía viría a ser o campo xenérico e a pederastia o específico sobre nenos menores (como amancebamento e estupro, máis ou menos cando a vítima é feminina) Consultado un dicionario xurídico encontras isto: Pederastia Inversión sexual masculina que recae sobre ni-ños y adolescentes. En sentido estricto se refie-re a la inversión típica de la apetencia sexual,pero en un sentido amplio se le ha dado el al-cance mezclado de intelectualidad conocido co-mo “amistad socrática”. Erróneamente se aplica esa denominación a toda homosexualidad mas-culina, inclusive entre adultos. Tiene importan-cia jurídica, como toda clase de degeneracio-nes, por su posible repercusión criminológica. Desgraciadamente no dicionario xurídico galego nin sequera está recollida... coma sempre http://dixuri.com/index.php Acordádesvos de que xa hai 2 semanas que o novo dicionario da RAG ía estar en liña..., seguimos esperando!!! _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

