Boas:

Antón e os demais, tedes toda a razón do mundo!!
Acabo de ler novamente o texto e certamente vin un erro onde non o había. :-[
Non sei que carallo andaba a pensar.
O peor de todo foi a miña insistencia.
Vou auto-fustrigarme unha ducia de veces a ver se a próxima leo con máis atención.
Grazas e desculpas polo off-topic.

Por certo, efectivamente, a entrevista é interesante.



En 2012/02/29 13:53, Antón Méixome escribiu:
2012/2/29 damufo<dam...@gmail.com>:
Boas:
Eu tampouco son lingüista pero teño moi claro que o da entrevista está mal
posto.

Dani, como galegofalante non deberías telo tan claro. O da entrevista está ben

Ben se encargan = Ben cho sei, Mal me parece, Tamén te quería

A explicación é que comezar unha frase cun adverbio non é unha
colocación "normal". Trátase dunha construción modal enfática e como
reforzo o pronome átono tamén se disloca. Sucede cunha boa chea de
adverbios e constitúe unha regra básica do idioma.





En 2012/02/28 23:33, kaptan escribiu:

En 28/02/12 12:51, Leandro Regueiro escribiu:
A min tamén me soa fatal. Que conste que tamén emprego «encárganse»,
pero noutro tipo de frases.
Claro, tanto colocalo sempre pegado o verbo ("galeguismo") como precedendo
sempre (castelanismo), está mal, o normal e que vaia pegado, pero hai
numerosas excepcións (como a indicada por damufo, que está ben na
entrevista) e para iso hai unhas regras (
https://gl.wikipedia.org/wiki/Colocaci%C3%B3n_do_pronome_%C3%A1tono_en_galego
)

Non sabía eu que fora así.

Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e homosexual
veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade non sei de onde o
sacaron.

Deica.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a