2012/2/29 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
>
> Antón e os demais, tedes toda a razón do mundo!!
> Acabo de ler novamente o texto e certamente vin un erro onde non o había.
> :-[
> Non sei que carallo andaba a pensar.
> O peor de todo foi a miña insistencia.
> Vou auto-fustrigarme unha ducia de veces a ver se a próxima leo con máis
> atención.
> Grazas e desculpas polo off-topic.
>
> Por certo, efectivamente, a entrevista é interesante.

Unha vez pechada a discusión, insisto eu en que a resposta á última
pregunta é a máis interesante no que concirne ao Proxecto Trasno.

Deica

> En 2012/02/29 13:53, Antón Méixome escribiu:
>
>> 2012/2/29 damufo<dam...@gmail.com>:
>>>
>>> Boas:
>>> Eu tampouco son lingüista pero teño moi claro que o da entrevista está
>>> mal
>>> posto.
>>>
>> Dani, como galegofalante non deberías telo tan claro. O da entrevista está
>> ben
>>
>> Ben se encargan = Ben cho sei, Mal me parece, Tamén te quería
>>
>> A explicación é que comezar unha frase cun adverbio non é unha
>> colocación "normal". Trátase dunha construción modal enfática e como
>> reforzo o pronome átono tamén se disloca. Sucede cunha boa chea de
>> adverbios e constitúe unha regra básica do idioma.
>>
>>
>>
>>
>>
>>> En 2012/02/28 23:33, kaptan escribiu:
>>>
>>>> En 28/02/12 12:51, Leandro Regueiro escribiu:
>>>>>
>>>>> A min tamén me soa fatal. Que conste que tamén emprego «encárganse»,
>>>>> pero noutro tipo de frases.
>>>>
>>>> Claro, tanto colocalo sempre pegado o verbo ("galeguismo") como
>>>> precedendo
>>>> sempre (castelanismo), está mal, o normal e que vaia pegado, pero hai
>>>> numerosas excepcións (como a indicada por damufo, que está ben na
>>>> entrevista) e para iso hai unhas regras (
>>>>
>>>> https://gl.wikipedia.org/wiki/Colocaci%C3%B3n_do_pronome_%C3%A1tono_en_galego
>>>> )
>>>>
>>>>> Non sabía eu que fora así.
>>>>>
>>>> Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e
>>>> homosexual
>>>> veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade non sei de
>>>> onde o
>>>> sacaron.
>>>>
>>>> Deica.
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a