2012/2/29 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> Non sabía eu que fora así.
>>>
>> Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e homosexual
>> veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade non sei de onde o
>> sacaron.
>
> Pois creo que do ámbito xurídico. É unha descrición anacrónica e temos
> todo o dereito a pedir que se cambie porque xa non responde a ningunha
> realidade salvo a histórica. Hai unha gran diferenza entre o valor das
> palabras na lingua común e na lingua do dereito. Polo menos, deberíase
> poñer unha nota no caso de pederasta. E non estaría nada mal incluír
> algunha apreciación sobre o iso da "relación" porque tamén existe a
> creación, tráfico e consumo de imaxes relacionadas, que hoxe en día é
> o delito de "abusos sexuais infantís". Véxase
>
> http://buscon.rae.es/draeI/SrvltObtenerHtml?IDLEMA=54555&NEDIC=Si
> http://es.wikipedia.org/wiki/Abuso_sexual_infantil
>
> (Que importante é a Wikipedia hoxe en día!!)
>
> A homosexualidade era (aínda o é en moitas partes de mentes do mundo)
> un delito chamado sodomía e de aí a relación coa pederastia. A sodomía
> viría a ser o campo xenérico e a pederastia o específico sobre nenos
> menores (como amancebamento e estupro, máis ou menos cando a vítima é
> feminina)
>
> Consultado un dicionario xurídico encontras isto:
>
> Pederastia
> Inversión sexual masculina que recae sobre ni-ños y adolescentes. En
> sentido estricto se refie-re a la inversión típica de la apetencia
> sexual,pero en un sentido amplio se le ha dado el al-cance mezclado de
> intelectualidad conocido co-mo “amistad socrática”. Erróneamente se
> aplica esa denominación a toda homosexualidad mas-culina, inclusive
> entre adultos. Tiene importan-cia jurídica, como toda clase de
> degeneracio-nes, por su posible repercusión criminológica.
>
> Desgraciadamente no dicionario xurídico galego nin sequera está
> recollida... coma sempre
>
> http://dixuri.com/index.php
>
> Acordádesvos de que xa hai 2 semanas que o novo dicionario da RAG ía
> estar en liña..., seguimos esperando!!!

http://codigocero.com/O-novo-dicionario-da-RAG-na-Rede-a

Pois si, pero polo menos agora temos unha confirmación de que lles
parece moi necesario que estea en liña. Xa é cuestión de non saber se
rir ou chorar.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a