2012/4/13 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/4/12 Antón Méixome <[email protected]>: >> Temos un problemiña para "arranxar" a fondo a nova de Trasno. Unha vez >> que se redacta unha nova, as modificacións hainas que facer visando >> código html, non funciona o editor visual. >> Así é moi fácil meter a pata e resulta moi laboriosa calquera >> modificación e arranxo de contido. >> >> Supoño que se trata dalgunha configuración do Drupal pero non encontro >> a maneira de arranxalo. Ademais a nova fíxoa orixinalmente Leandro. A >> ver que opina tamén. > > A min dame igual. > > Respecto dos ficheiros TMX que non funcionan. Acabo de probar a > abrilos co Virtaal 0.70 e o de Inkscape non me da absolutamente ningún > fallo. O último de Mozilla si, pero indica en que liña falla, que é a > última do ficheiro e abrindo co Gedit vin que directamente faltan as > etiquetas de peche do ficheiro, é dicir </body> e </tmx>. Despois de > poñerllas foime. A culpa foi miña por coller o ficheiro que xeraron > outros e subilo sen facer comprobacións. Unha vez corrixido vouno > volver subir e incluílo na lista, na que por certo acabo de incluír a > memoria de LXDE e algunhas de versións anteriores de GNOME. Para os > que queirades facer memorias tedes > http://wiki.trasno.net/GNOME/Memorias_de_Traduci%C3%B3n/Xeraci%C3%B3n > que creo que redactou Fran Diéguez. Respecto de deixar comentadas as > entradas das memorias "defectuosas": polo visto o drupal eliminounas.
Actualicei a lista e ao final volvín meter o TMX de Mozilla e o de Inkscape. Se vos volven dar fallos quítanse de novo. Como xa comentei antes tamén se incluíu un TMX para LXDE e varios máis tanto para a axuda como para a interface de diversas versións de GNOME. Tamén podedes probar estes últimos, aínda que a min mos abriu sen problemas o Virtaal. > Deica > >> Saúdos, >> >> Antón >> >> >> El día 12 de abril de 2012 14:01, Lucia.Morado <[email protected]> escribió: >>> Ordenei en táboas os números das TMX que están agora na páxina de Trasno. >>> Déixovos un pdf por se alguén ten curiosidade. Teño tamén outra folla de >>> cálculo con máis argalladas por se alguén a quere. >>> >>> O interesante deste asunto tamén pode ser ver a media de palabras por cadea >>> que ten cada TMX, iso pódenos dar unha idea da súa posíbel reutilización >>> noutros proxectos. >>> >>> >>> >>> Lucía >>> >>> >>> >>> From: [email protected] [mailto:[email protected]] On >>> Behalf Of Xosé >>> Sent: 11 April 2012 21:39 >>> >>> >>> To: [email protected] >>> Subject: Re: Memorias de tradución >>> >>> >>> >>> Están ordenadas de algunha maneira? Poderíanse pór, por exemplo, as máis >>> recentes máis arriba. Para mellorar a presentación eu poríaas nunha táboa >>> (permite, por exemplo, comparar mellor os tamaños, etc.) ou separaría (cunha >>> liña ou con máis espazo, por exemplo) os grupos, como GNOME, Thunderbird, >>> etc.. Por outra banda, o texto «MT da tradución de» é redundante: abondaría >>> con «MT de». >>> >>> >>> >>> Outra observación: Firefox 3.5 ten maior tamaño pero menos palabras e cadeas >>> que 3.0? >>> >>> >>> Xosé >>> >>> 2012/4/11 Antón Méixome <[email protected]> >>> >>> Incorporei a información de mandou Lucía, do xeito máis sintético que >>> se ocorreu, á páxina porque si que me parece relevante. >>> O que non podo solucionar e o problema para abrir os ficheiros >>> gravemente defectuosos (Inkscape e a última de Mozilla), así que >>> deixeinos "comentados" en código para que non se visen. >>> Quedan agora 20 MT. >>> >>> >>> >>> >>> >>> El día 11 de abril de 2012 21:23, Fran Dieguez <[email protected]> >>> escribió: >>>> traballamos redemo! >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> >>> >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

