On Wed, 1 Sep 1999, Jesus Bravo Alvarez wrote:

>       I este proxecto non me parece precisamente "concreto".  Non é tan

Creo que non entendo o teu concepto de "concreto", entón :-) Pode ser
cuestión de gustos.

> razóns, non sairán do GPUL e non serán apenas coñecidos por persoas alleas.
> Pero a traducción dun sistema operativo ó galego sáese dese marco.  Se é un

Entendo perfectamente o que dis. E desde logo, estou de acordo en que con
máis publicidade (algunha, debería dicir :) seriamos máis a traballar e
rematariamos todo antes.

>       En canto ós recursos, pareceríame moi triste que a UDC só os dése
> para proxectos internos da universidade.  Pódoche poñer un exemplo.

Home, tan triste non sería :-) De todas formas non é o caso, claro.

> nome da lista (á fin a miña mensaxe só falaba disto) non aparece o nome
> "eurielec" máis que no dominio.

Supoño que se tivesemos un dominio gpul.fi.udc.es, por exemplo, non habería
necesidade ningunha de andarlle poñendo a palabriña a tódalas listas :-)

>       ¿E quén ía pensar que non ten nada que ver co GPUL? Se é o GPUL
> quen iniciou o proxecto, e o que o coordina, e o que máis membros aporta

¿Entón qué máis ten que se poña ou non o nome? X-) ;-)

>       Tampouco falei de cambiar de coordinador, ou de servidor

Só faltaba :-) Iasenos molestar o Sr. Jacobo, que aquí é quen manda, xa
:-)) sabes Mira que parece tranquiliño pero como o cabrees... (dígocho eu,
que unha vez lle pedín cartos :'-m :)

>       Como coñézome a mín mesmo, tamén coñezo a moita outra xente.  E o
> que pensaría moita desa xente é: "Mellor non molesto nun proxecto dunha
> asociación á que son alleo"

¿Dis que se fixesemos propaganda abondo para que todo o mundo coñecese da
existencia do proxecto e que tendo de todas formas claro todo o mundo que o
proxecto foi iniciado, coordinado e aloxado por GPUL como dis, a xente iase
botar para atrás porque a lista se chame gpul-*? Pero tío X-)

En fin, que ata agora ninguén tivo problema co nome e sinceramente, non creo
que a xente lle preste ningunha atención a si se chama gpul-traduccion ou
pamela-anderson-rules; o que importa é o que se fala nela e o traballo que
se vai coordinando e deixando feito e iso non o vai cambiar.

>       ¡Faltaría máis! ¿Por qué ía ser malo? :-?  Eu só falaba do dominio,
> do feito de estar en Coruña e non en Vigo.  É simplemente un gusto persoal.

Si, si, xa quedou claro :-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a