Wed, Sep 01, 1999 at 07:50:12PM +0200, Fernando Sanchez escribió:

>:-) Aclaremos: o asunto é que nesta lista se coordina o proxecto de
>traducción de software e documentación de Linux ó galego, que se concretou
>hai uns meses como proxecto do GPUL. Non se trata dunha iniciativa
>pangalaica :-) ou similar, senón dun proxecto concreto que pode incumbir a
>máis ou menos xente e que por suposto está aberto ás colaboracións de todo o
>que queira apuntarse a colaborar.

        Home, está claro que non é unha iniciativa pangalaica, ¿quén tería
que iniciar unha cousa así? ¿Fraga, Cuíña, ou Beiras?  Todos estes
proxectos ten que inicialos e coordinalos alguén.

        I este proxecto non me parece precisamente "concreto".  Non é tan
estraño que se converta nun proxecto "pangalaico", como ti o chamas, ou
mesmo pangaleguista. :-)

>En GPUL levamos a cabo varios proxectos, algúns dos que teñen a súa propia
>lista de correo (que se chaman todas gpul-algunhacousa), como é o caso
>concreto do proxecto de traducción ó galego. As listas están aloxadas nun
>servidor da Universidade da Coruña, no que GPUL ten permiso para poner
>páxinas web, listas de correo e outras cousas. Sendo éste un traballo de
>traducción concreto iniciado neste grupo, no que a meirande parte dos
>colaboradores son membros seus, que coa excepción de que Jacobo non
>quere/sabe usar CVS e non pon á páxina web no mesmo servidor, tódolos demáis
>recursos úsanse como en calquer outro proxecto, non veo por qué ia ninguén

        Non vou desmentir nada disto, claro.  Pero estou seguro que hai
proxectos e proxectos.  Hai algúns que, xa por interese, xa por outras
razóns, non sairán do GPUL e non serán apenas coñecidos por persoas alleas.
Pero a traducción dun sistema operativo ó galego sáese dese marco.  Se é un
proxecto formado cáseque por membros do gpul é porque ten unha publicidade
case nula.  Esa é a principal carencia.  Eu estiven a punto de formar outro
grupo porque non sabía que existía este.

        En canto ós recursos, pareceríame moi triste que a UDC só os dése
para proxectos internos da universidade.  Pódoche poñer un exemplo.

        En Eurielec (asociación da ETSIT-UPM en Madrid) facemos unha
distribución de Linux que é bastante popular.  A distribución chámase
"Eurielec Linux".  ¿Por qué?  Sinxelo, porque os colaboradores son
exclusivamente desa asociación.  E, se teño que ser sinceiro, os
coordinadores non verían ben que se convertise nun proxecto global.

        A maioría dos nosos recursos van destinados á distribución, pero
moitos outros son dedicados "á comunidade" (algunha lista de correo, p.ex)
Nós somo-los coordinadores, nós somo-los que tivemo-la iniciativa, pero no
nome da lista (á fin a miña mensaxe só falaba disto) non aparece o nome
"eurielec" máis que no dominio.

>pensar que isto non tivese que ver con GPUL. Así pois, gpul-traducción é un
>nome bastante adecuado e non hai razón para oculta-las nosas siglas en
>ningunha parte :-)

        ¿E quén ía pensar que non ten nada que ver co GPUL? Se é o GPUL
quen iniciou o proxecto, e o que o coordina, e o que máis membros aporta
(remítome ó da publicidade), iso é imposible.

        Tampouco falei de cambiar de coordinador, ou de servidor
web/cvs/correo, carallo, só dixen de cambia-lo nome da lista. :-DDD

        Como coñézome a mín mesmo, tamén coñezo a moita outra xente.  E o
que pensaría moita desa xente é: "Mellor non molesto nun proxecto dunha
asociación á que son alleo"

>>      O que si que é insubstituible é o domino "ceu.fi.udc.es". ;-)  Que
>> a ninguén se lle ocorra cambialo a uvigo.es. X''DDD
>
>Pois xa tivemos noticias de xente de alí que quería apuntarse tamén :-), e
>non lle veo nada de malo ;-) (aparte dos vigueses estudiantes na UDC que
>participan tamén nesta lista :-))

        ¡Faltaría máis! ¿Por qué ía ser malo? :-?  Eu só falaba do dominio,
do feito de estar en Coruña e non en Vigo.  É simplemente un gusto persoal.
X')))))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a