olá: Xaquin Lores Torres wrote: > > Hola > > Acabo de ver unha web que parece moi interesante, chamase Simple End User > Linux http://www.seul.org > Creo que deberiades mirar o manifesto e o borrador de FAQ, mais que nada > porque penso moi parecido a eles e así afórrome de decir moitas cousas ;-)) > > Basicamente queren conseguir que linux sexa unha opcion válida para un > usuario normal. > > Item mais, o seu esquema de organización é interesante, traballan en > grupos autónomos de forma coordinada. Teñen un dominio seul.org e logo > cada grupo ten o seu subdominio. (OLLO, non quero decir que esa sexa a > opcion que me parece mais adecuada para o noso "problema" :-)) > > Xaquin
ben, pois lin o manifesto e máis cousas (creo que o FAQ ao que te refires non, pero xa me fixen unha idea). non cabe dúbida de que é un proxecto interesante, pero penso que incluso lles "queda un pouco grande" a eles como para facelo nós. non vexo a moitos especialistas en marketing ou xornalismo que se interesen polo galego, aínda menos por linux, así que polas dúas cousas xuntas ... :((((( agora vou comentar o que me parece que deberiamos facer e logo comento algo máis sobre ese proxecto no que pensas. penso que deberiamos facer un "hispalinux" galego, o proxecto dos proxectos de linux en galego. un sitio desde o que poder ver todo o relacionado co linux en galego. desde ahí habería subdominios, enlaces ... a todo o relacionado con isto. un dominio? estaría ben, o problema é andar recollendo os cartos cada ano, buscar os servidores de nomes, ... e por iso creo que é mellor buscar un subdominio deses como o que temos en gzlinux, no que ao chamar ao subdominio gzlinux.dhs.org dhs.org rediríxeo á dirección "real". así teríamos menos problemas, aforraríamos enerxías, problemas, cabreos, ... logo, cada grupo participante tería unha dirección tal como LEGAL.dhs.org/gzlinux (por facer publicidade de gzlinux que non quede XDDDD) que redirixiría á dirección "real". con respecto a ter un dominio e manter unha mesma estructura de webs para todos (a estructuración "normal", por exemplo as dunha universidade con varios campus, unha empresa con varios departamentos moi diferentes entre si, ...): moito menos traballo e problemas (subdominio fronte a dominio), poder engadir e quitar grupos de forma moi sinxela, hai que poñerse dacordo en poucas cousas, os webmasters de cada proxecto van seguir facendo o que lles pete segundo a conveniencia de determinada estructura nas webs para cada grupo, ... en definitiva, tal como propoño eu, tan só habería que facer unhas webs para o proxecto e buscar onde aloxalas, facer iso en dhs.org ou semellante e logo "engadir" os grupos mediante redirección (a razón duns 2 grupos por segundo XDDDD). se entra algún grupo máis, engadir media páxina máis de texto ás webs e punto. e cada grupo que entrara o único que tería que facer é dicir algo así como que participan nese proxecto. en resumo: tan só unir os proxectos baixo unha URL. e para discutir sobre isto (me parece que xa comentara algo), propoño facer unha lista de correo xa agora mesmo inmediatamente de contadiño e que se apunte toda a xente que queira para enterarse e dar a súa opinión. ou tamén coller a un ou varios representantes de cada grupo relacionado con linux en galego. que vos parece :? e con respecto ao que dis sobre o sistema para todos, poderíase facer un proxecto dentro dese proxecto de proxectos que se adicara a iso en concreto. creo que sería mellor facelo así a pouquiños que tentar facer todo de golpe. e tamén facelo pouco a pouco no sentido de comezar polo netamente informático e logo ir introducíndoo ao xornalismo e marketing e demais que dicías. iba a dicir algo máis pero supoño que xa se me entende e como xa falei de máis pois corto ;) aburinho!! CrEqUe <[email protected]> -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mesaxe

