olá meus:

como dicía na mensaxe anterior ía facer eu isto pero agora que te
tomaches a molestia  ... XDDDDDD
graciñas :)

Xaquin Lores Torres wrote:
> 
> Boteille uha ollada a conferencia, é moi interesante.
> 
> Seguindo co tema do linux-galego estiven a pensar algunhas cousas.
> Espero que sirvan como punto de partida para discutir o proxecto, e facer
> algo tanxible rapidamente. :-)
> 
> Aparte de críticas a algún punto determinado gustariame que désedes a
> vosa opinión sobre o conxunto, sobre as posibilidades de reais de facer algo.
> 
> 1.-Situación actual:
> 
> Sobre Galicia.
> -poucos galegos: 3.000.000
> -poucos ordenadores
> -pouca xente conectada
> -poboación dispersa, conflicto Coruña/Stgo./Vigo
> -atomización de esforzos (moitos pequenos grupos desconectados en
> informática: xis, linux, inf. educ., etc)
> -non hai publicacións galegas sobre informática
> -conflicto de normativa ortográfica
> -non hai apoio das Admons. (soft en castelan, uso de formatos .doc, etc)
> -primeiras instalacións de linux de empresas (san luis) e Admons. (Dip.
> coruña)
> -windows ven preinstalado, o win2000 terá galego.

todo correcto
 
> Sobre linux.
> -pouco amigable comparado con Win
> -non preinstalado
> -non libros á venda (cada vez mais)
> -faltanlle aplicacions de usuario final (Access, corel, fontes, etc)
> -non formación
> -non soporte en empresas galegas.

a pesar do que di Rubén linux "parece" moito menos amigable ca win.
simplemente con oir falar de que hai que montar o CDROM a xente bótase
para atrás. e aínda que o GNOME estea moi ben e sexa moi bonito, o
manexo de fontes do servidor de X en canto a aumentar tamaño e tal é moi
penoso. e compilar o kernel é algo que asusta. e cando te metes na
"pantalla negra" éntranche uns calafríos que pa que. e ... pillades non
;?
e digo "parece" porque no fondo xa sabemos cal é máis amigable ...

como tamén dixo Rubén si que comeza a vir preinstalado, pero é algo moi
incipiente. que eu saiba sobre todo vén instalado en servidores, e as
empresas me parece que son Dell e IBM.

e libros si que hai, hai libros a esgalla, e non difíciles de atopar;
ademáis das revistas (igual minto, pero arredor duns 10-20 sobre
linux-unix). e estou falando dunha librería normaliña de lugo, que nin é
especializada, nin a máis grande, nin a máis moderna nin nada; máis ben
achégase ao contrario.
 
> 2.-Elementos desexables no proxecto
> 
> -Ter en conta como destinatario de todo o traballo ó usuario "normal",
> non informático.
> -Actuar en Internet e fora dela.
> -Integrar grupos e sectores distintos: grupos de linux, Admon, escolas,
> traductores, filologos, periodistas, xente de empresa, etc.
> -Equilibrio entre complexidade e flexibilidade. Certo grado de liberdade
> apra os integrantes.
> -Non limitarse a traducir, crear programas/paquetes necesarios.
> -Priorizar traballos, haberá que crear un plan de traballo.

dacordo coa sección "situación actual" o que plantexas nesta é ben
complicado. estou contigo no de que é mellor crear un "hispalinux"
galego, pero non ir máis aló, porque si é certo que é moito traballo e
eu non estou disposto a facelo. non creo que haxa moita xente de
marketing etc. disposta a seguir a filosofía GNU.

dicía Rubén que alguén tiña que ocuparse das webs, das novas ... e que
tal o GLUG :?

creo que é idóneo crear un proxecto común no que cada grupo manteña a
súa estructura e todo iso. porque se por exemplo se fan as webs para
todo o proxecto, as estructuras das webs de cada grupo terán que
cambiar, o que faga as webs do proxecto romperá a cabeza para que todo
cadre, se non se fai así seguramente haberá que cambiar os
estatutos/normas de cada grupo, ... en resumo, ao ser os grupos
existentes moi diferentes entre si e proceder de distintos ámbitos e
tal, é mellor comezar así. logo pódense ir modificando as cousas
paseniñamente e con tempo, porque entre outras cousas, se ao final o
proxecto fracasase tería pouco impacto nos grupos.

por certo, non sei se coñecedes un grupo que tamén hai e no cal estou,
co proxecto linux_gl: mini-distro en galego. se vos interesa preguntade,
non temos webs aínda e a lista de correo está cambiándose. é un proxecto
encadrado no GLUG.
 
> 3.-Meta
> 
> Un sistema operativo en galego, para o galego, para Galicia. Esto último
> quere decir en Admon, escola, uso particular, etc. partindo da realidade
> galega.

"que verde era mi valle!!". si, eso, non perdamos a ilusión ... ;)
 
> 4.-Web linux-galego
> 
> Punto de encontro de interesados en linux en Galicia. Non duplicar o
> traballo de outros proxectos (anuncios de novos programas, etc).
> Estructura parecida a hispalinux, con grupos dentro que actuan con
> liberdade, de forma coordinada.
> 
> Dar:
> -últimas versions de traduccións
> -paquetes para galeguizar as distribucións
> -información para galeguizar unha instalación
> -información para comprar, formarse, conseguir soporte, etc. en Galicia
> -noticias linux en galicia (serían poucas :-))
> -apoio ó traballo dos grupos
> --coordinación
> --comunicación
> --ferramentas
> --materiais (dicc.,normas, etc)
> --automatizacion (cvs, infslug, etc)

- organizar partys ;)

como xa dixen antes, o do GLUG para os temas xerais.
 
> 5.-Usuarios
> 
> Persoas que queiran:
> -ver de que vai linux
> -traballar en galego con ordenadores
> -información para comprar, instalar, formarse, ter soporte, etc. en Galicia
> -galeguizar a sua instalación
> -axudar a traducir, coordinar, documentar, crear ferramentas, etc.

isto é moi amplio pero quizais varias cousas si se poderían facer ...
 
> 6.-Pasos a seguir
> 
> -poñernos de acordo en iniciar o proxecto
> -definir características básicas (grupos, contidos, etc.)
> -buscar apoios en filoloxia, marketing, periodismo, deseño, e sobretodo
> en xestión de proxectos.
> -buscar servidor e dominio.
> -definir responsabilidades
> -crear un plan de traballo comun e outro para cada grupo.

estamos xa poñéndonos dacordo non ;? o que hai que facer é por exemplo
crear unha lista de correo, e convidar a un/varios representante/s de
cada un dos grupos galegos: GPUL-trad+GzLiNuX+GLUG. aparte, non sei se o
resto do GPUL e algún grupo máis que haxa por ahí. logo, creadas unhas
bases tal e como esta mensaxe ou polo menos nesta liña, discutir (
=intercambiar opinións, non darse unhas ostias claro ;) ) e ver o que
sería máis convinte e esas cousas en función do traballo que levaría, as
preferencias de cada grupo ...

servidor e dominio co traballo que dá e tendo uns subdominios tan
bonitos e tan gratis :?
 
> Ben, xa me contaredes como o vedes

iso tentei ;)
 
> Xaquin

 
aburinho!!

CrEqUe  <cre...@futura.interbook.net>


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a