Roberto Suarez Soto escribíanos o 01 de Oct de 1999:

>       Pero pero pero pero ... ¿qué manía ten todo o mundo con iso de facer
> "megaproxectos", e cousas así? :-)

        Eu pregúntome o mesmo.

>       A mín paréceme mal :-) Todo o que supoña esforzos técnicos pouco
> rentables (como o que dis de facer unha lista só para discuti-los aspectos
> burocráticos e propagandísticos da traducción) paréceme ... pois iso, esforzos
> técnicos pouco rentables :-D

        Cousas pequenas feitas por grupos un pouco independentes e xuntadas
nunha soa por terceiros, funcionan (ver Linux), cousas grandes, feitas por
un megagrupo con xerarquias "case sociais?" e cousas similares, non
funcionan (ver Windows).

>       Cando nun proxecto aparece antes unha páxina web, unha lista de correo,
> etc. que o traballo en si, mal asunto :-) Mira o que lles pasou os de Freedows

        Nisto non estou de acordo, para empezar, a lista de correo é moi
importante cando tes un grupo de persoas traballando, porque iso dos mails
multiples é un coñazo (seino ben).

        E a páxina web serve para que se outro grupo vai comezar a facer o
mesmo que estas comezando ti, o pense mellor e se fusionen os dous grupos en
vez de facer traballo doble. Pero serve para isto, cando fas unha páxina web
con xeito, é dicir, non unha páxina web que poña algo coma isto:

        Chupas, chicles, piruletas, camiseeeeeeeetas Freedows
        O megaproxecto mais importante de historia!!! Que cales son os nosos
obxectivos? ah, si, bueno, istoo, claro, imos facer o mellor SO do mundo!
paréceche pouco? 

        Senon mais ben algo coma isto:

        Proxecto GGL
        Obxectivos:
                - manexo de sprites
                - 3D
                [...]
        Desenrolo:
        [...]

        Non é que a páxina de GGL sexa perfecta (de feito o do primeiro xogo
está cascado ;) pero supoño que se ve a diferencia. Algo coma isto SI axuda
(NMO) ó proxecto, porque ofrece información concreta sobre o proxecto, non
chupas, chicles e comentarios estilo Raul.

>       No mundo Linux últimamente fai falla un pouco de humildade, penso eu :-)

        Iso sí que é verdade. Pero bueno, teño que dicir que as persoas que
coñezo deste mundo que mais saben de Linux (NMO), son bastante humildes,
quizais por iso saben tanto, non perden o tempo con tonterías, e non lles
amola preguntar as dudas...

        En fin, iso, SI fai falla páxina web onde eu poida ver as cousas que
xa estan traducidas (e o resto do mundo poida baixalas e probalas) e cales
están libres para coller, SI fai falla lista de correo onda poida preguntar
ós compañeiros dudas na traducción, ou propoñer alternativas ás traduccións
propostas para certas palabras...

        Veña oh, xa estamos facendo un traballo, e un traballo bo e útil,
para qué vos queredes complicar ampliando o proxecto se ainda non rematamos
o que nos propuxemos facer? Non me sexades cus inquedos... E non sei para
que escribo esto, podería aprobeitar este tempo para traducir o gmc :-D

-- 
Visita GPUL <http://ceu.fi.udc.es/GPUL>
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a